De pensamentos

De pensamentos

Onde van os pensamentos cando non pensamos neles? Mais de un me diría ante esta pregunta que non amolara ou que fora coa música a outra parte.
Para a maioría da xente non é doado pensar, sobre todo se o pensamento é de índole metafísico. Sen embargo eu apúntome axiña a calquera cuestión filosófica ou na que haxa que cavilar. Sendo moi pequena, sentábame no berce e quedaba alí moi quietiña, mirando. Eu creo que xa ensaiaba para pensadora.
Pero, onde van os pensamentos se non os estamos pensando?
A min paréceme que non van a ningún lado, quedan aí coma posibilidade, agardando unha próxima vez para saíren a escena, son pensamentos en potencia, dispostos a volver en calquera momento e reclamar o papel principal que lles corresponde, pois o fin e o cabo eles sábense creadores da realidade.
Mellor será aprender a convocalos para que docemente me vaian levando cara o camiño que me espera.
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/