Últimos días do verán

Últimos días do verán

“Onde van os pensamentos cando non pensamos neles?” Escoita un intre a letra desa canción. A radio prendida mentres fai o prato preferido da filla.
Qué cousas teñen estos compositores e poetas. Cun rápido xesto da man espanta esa idea da cabeza. Mais e ben sabido que, basta que non queiras, para que se aferren e non marchen.
Espera que o atopen rico porque non lembra as cantidades exactas da receita orixinal. Ten unha libreta vermella, de tapas duras, agasaio da súa irmá Ada. Sente magoa e non se decide a estreala. É tan fermosa.
Lembrando de novo aqueles tempos, e as ausencias. Se poidera lanzar lonxe o pasado e vivir de cheo o agora.
Olores ca reconfortan. Remexe os cubos de xeo no café. E se fai polos de sabores? Fresas para os pensamentos doces. Limón cos máis amargos. Basta xa de guerras que non acontecerán. Basta xa de loitar contra o inevitable, a inxustiza, os medos. Levaos ó fondo do arcón conxelador. Seica serán o remate ideal para o xantar. Son unha familia de larpeiros.



/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/