Servidumes do sexo forte

Servidumes do sexo forte


Doutora, teño un soño recorrente.
Un auténtico pesadelo.
Noite tras noite.
Ás veces, tres sesións por noite.
Normalmente soño a toda cor pero os pesadelos veñen en gris, sempre, sen excepción, coma se fosen do xénero negro.
Cada día, a iso das cinco cando me levanto ao baño. Xa sabe, doutora, servidumes do sexo masculino cando pasamos dunha certa idade. Algunha noite, moito máis cedo. Onte sen ir máis lonxe espertei a iso das doce e dezasete embebido en suor, alterado, nervioso, cun absurdo desasosego. Claro que ceara os restos da fabada do mediodía e se cadra eran elas as que estaban a escribir o guión das miñas fantasías. No meu soño véxome a min mesmo enviando cartas, ducias, centos, miles de cartas, en cada unha vai un anaquiño de min mesmo, sinto como vou perdendo unha a unha todas as partes do corpo, hoxe o nariz, onte o dedo maimiño da man esquerda, antonte un ril.
E soño que o meu soño desaparece o día que o microrrelato que vai dentro dunha das cartas resulta ser o gañador do concurso.
Doutora, non podería facer algo por min?
Non podería entrar no blog do Ateneo e darme o seu voto?
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/