Que liberación!

Que liberación !

De hoxe en oito días chegará a primavera...
O Goberno anuncia que hai que quedar na casa. Por primeira vez en 15 anos os
meus pais mais eu miramos coma pampos para as dúas candeas de números
que mamá reutiliza en cada aniversario, e non dicimos ren. Apágoas sen pedir
desexo algún; xa que non podo celebralo cos amigos, tanto me ten... Chamamos
aos avós e brindamos con eles e coa miña irmá por Skype que, confinada coma
todos, teletraballa na capital.
Paso a tarde colgado do Spotify, observando pola ventá do meu cuarto o patio
interior, ao que nunca lle prestei un segundo do meu tempo. O veciño tende a
roupa coa torpeza dun inexperto aprendiz, e as pombas arrólanse nun agocho
do tellado.
Meu pai pasa as horas mortas xogando ao xadrez e a miña nai canta unha
canción dos setenta. Pregúntolle, e logo mamá?, véxote contenta... Hai que
buscarlle o lado bo as crises, fillo; e sabes que che digo? Que eu xa lle atopei
ese lado, e estou encantada. Dende a miña mocidade non volvera ter ocasión de
andar as 24 horas do día coas tetas soltas.
Non sabes, meu rei, que liberación!
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/