Quizais ou talvez?

Quizais ou talvez?


¿Onde van os pensamentos cando non pensamos neles? Fíxenme hoxe esa pregunta, de primeiras non tiña resposta, quedeime pensando, chegoume a noite, nese momento de confidencias, pensei...
A moitos deles lles digo adeus. Cando non se poden cambiar e mellor deixalos marchar.
Outros... teñen un recanto especial no meu corazón, eses son coma as estrelas, cando elas queren saen, unhas dan unha luz fermosa e outras teñen ese fogo intenso dos sentimentos apaixonados .
Temos un universo de posibilidades no noso interior, con constelacións, planetas e meteoritos.
Podemos padecelos, xestionalos ou destruílos. O que teño seguro é que todo pensamento meu e meu. Podo compartilos ou telos pechados, como o maior segredo, como o maior tesouro.
E o universo é infinito.
¿Que podo ser?... ¿Que quero ser? “IMAXINA”
Podo soñar neles, podo voar, cumprir o desexo que so o xenio da lámpada me daría...
Cando chegou o dia, os pensamentos... ¿Onde foran? Deixeinos no planeta Xúpiter, deixeinos en Marte... pero quedeime con un, deixei ese pensamento puro neste planeta chamado terra, no que ti estás. Ti es o meu pensamento e os meus pensamentos están sempre xunto a ti.
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/