Coronavirus. Manel Monteagudo. Poema

CORONAVIRUS

Sufrimento que agocha a quimera
por non atracar en porto real.
Ás veces parece que a curva frea,
pero finalmente gana o espertar,
desvelarse nun mundo novo
sen rúas, sen bares nin bicos no portal,
só armaduras con escudo antivirus.

Así son estes días,
un frío e cru espertar,
xeo claro entre as tebras
deste encerro vital,
un desfile desconcertado
por o sendeiro desta nova realidade.

Chegará por fin ese día
en que respirar e soñar
non será un simple soño,
senón a nosa realidade.

Cando chegue por fin ese día,
lánzame unha sinal.
Abre a porta da casa,
cerra o corredor virtual,
volve a bicarme no parque,
o mundo de novo a transitar,
desinféctame a alma
con aquilo que non te atrevías a contar,
lembra que é o realmente importante
para non deixar nunca de soñar.

Manel Monteagudo.
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/