Desescalada desenfrenada

Desesescalada desenfrenada

Doutor, teño un soño recorrente.... Vou á cama cunha frase taladrando na cachola... “ la nueva normalidad”, e dou voltas e voltas , ata que consigo dormir, e entón aparece el, ese que leva dous meses acoplado ao sofá, que nin se ducha porque pensa que como non se move , non cheira..., e vai e me dí que por qué me quito os pelos do bigote , se con mascarilla ninguén me mira... Entón xa farta decido confesar:
- -Pois mira meu, se quito o bigote e arranxo a zona selvática que teño entre as pernas, non é para ir a tomar un café nunha terraciña contigo, non, non o fago por eso. É que agora que estamos “desescalando”, penso que debo prepararme para poder ir por fín con ese que me prometeu quitarme as calores e as cores... Si, un rapaz novo, xa ves, parece que ainda levanto alguna paixón...e ademáis a coroa de santiña apreta demasiado, non está de moda, e qué queres...preciso dunha experiencia máis que relixiosa ...
E vaia, quedo tan relaxada , doutor, que ata ronco...
Doutor, cré vostede que ese soño tan certero vai a ser a miña nova normalidade?
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/