Dona Fina

Dona Fina


-De hoxe en oito dias chegará a primavera, e ainda non me trouxeche as canas que che pedín... Quero ter todo listo para cando poidamos plantar as xudías ...
A miña avoa non deixaba de darme ordes, e eu só quería mirar as menxases dos meus compañeiros, pois ainda non tiña claro se suspenderan as clases ou non..
-Deixe ao rapaz, Dona Fina...-berroulle a viciña dende o outro lado do muro...- Mire...non lle parece que está vostede moi colorada?...
-Muller, é que levo toda a mañá na horta, preparando os semilleiros, pois se non fose por min, esta xentiña nova non sabería facer nada ...
Achegueime a ela. Estaba a ferver. Respiraba con moita dificultade, pero ainda así, era tan teimuda aquela muller, que ata o sanitario da ambulancia botouse a rir cando ela lle dixo que non ía a ningures mentras eu non fose a buscar o que me mandara...
O tempo parouse. Faltábame algo. Faltábame ela. Non podía durmir e non sabía qué día era.
Non atopaba nada que me entretivese...
O teléfono da casa, trouxo a primavera un mes despois...
Na porta do hospital, Dona Fina levantou a mascarilla moi seria...” neno, e as canas?”
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/