Microrelato gañador. Nones Araujo

CERTAME LITERARIO EXERIA
MODALIDADE MICRORRELATO
Gañadora

NONES ARAÚJO
Dúas mozas

 

Mural Confidencias. Lula Goce

 

Acórdaste Elisa, cando nos rematou de pintar Lula e nos pareceu tan especial este lugar?
Era do noso gusto ver o ceo aberto sobre unha casa pequena, no camiño do mercado, preto dun colexio e nunha barriada chea de vida que, por chamarse Florida, deunos por pensar que tería xardíns con flores a moreas.

Pois si, Marcela. Acórdame ese día. Estabamos de estrea e felices. Nós, que non tiñamos mais cunha foto, a da nosa voda, tirada á présa nun escenario hostil!. Grazas a Lula, que nos pintou bisbando segredos nun retrato singular, xa nunca estaremos soas, nin agochadas, nin fóra de contexto.

Elisa e Marcela, musgando os ollos, pensan que este día non será coma aqueloutro no que Lula lles regalara tan boas vibracións, que este se achegará baleiro de xente, coa terraza do bar veciño pechada por decreto, onde a adolescente dos cascos xa non esperará polos amigos, nin as mestras xubiladas citaranse para tomar o vermú, nin a nai que lle dá a papa de froitas ao bebé esperará pola filla que sae do conservatorio.

As dúas mozas saben de certo que agora todos serán estraños que só falarán cos ollos.

/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/