Unha e outra vez

Unha e outra vez

—Doutor, teño un soño recorrente.
—Explíquemo se é tan amable.
—Pero xa sabe, é o de sempre.
—Non sei de que me fala.
—Xa sabe, si. Chego aquí, sento e cóntollo unha e outra vez. É frustrante que nunca o lembre.
—Vostede nunca me contou nada.
—Xa, xa. Sabía que me diría iso.
—Explíquese, por favor.
—Agora vai pasar o de sempre. Intentarei convencelo de que non estou tolo, que esta clínica só existe na miña cabeza e que vostede é algún tipo de retorcida proxección de cando intentei entrar en Medicina. E xa. Logo diso, volverei espertar na miña cama e terei que enfrontarme a outro día ata caer rendido de novo e volver aquí.
—E por que cre que volve tódalas noites á miña consulta?
—Nin idea. Supoño que me gusta a compañía e ter alguén con que falar, doutor. Impórtalle que sigamos, por favor?
—Naturalmente.

/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/