Uxía. Manel Monteagudo. Relato

UXÍA

No ano 2006, esta mociña chamada Uxía, tendo quince anos, cría estar namorada dun mozo moito maior que ela, el chamábase Antón, tiña vinte e catro anos, aínda que el sabía que estar con Uxía era un erro, o seu corazón lle dicía que en ela había atopado o amor, o cal cría que ela cambiaría a súa vida para sempre, de feito o fixo, pero non da maneira que el se imaxinaba.
Coñecéronse un día chuvioso, ían sos camiñando cada un por o seu lado, pero o destino uniu os seus camiños dunha maneira moi inesperada. El camiñando sen rumbo, ese día había perdido un familiar moi querido, ía chorando penosamente e ela coa súa inocencia parouse fronte a el e lle tendeu a súa man convidándoo a camiñar na súa compañía, el aceptou e sen razón algunha abrazouna, o amor que atopábase no ar os había unido, sentiron unha maxia que nunca habían sentido, o bichoco do amor lles había picado.
A partir dese encontro non se volveron ver, pero un día o destino os volveu a unir, Uxía atopouno na escola, ao parecer este home había entrado a traballar alí de profesor de historia, ela sorprendida ao velo saudouno, Antón sorprendeuse ao vela, pero agradoulle ese reencontro. Dende ese momento a vida de ambos os dous comezou a cambiar, crían estar namorados, pero había algo desa relación que non era correcto, e iso era, que el estaba casado e vivía coa súa muller. A Uxía non lle gustaba nada compartir a Antón con outra, pero o amor puido máis. Un día Antón lle propón a ela que se vexan fóra da escola, pídelle que late á escola para poder levala a súa casa, xa que pola mañá a súa muller non se atopaba nela. Uxía acepta o seu convite e vai a casa, neste lugar perde a virxindade, toda a súa inocencia estábase indo, ela inda estaba medrando.
Despois dese acto que cometeu Antón deixou de falarlle, chorando penosamente buscou consolo nas súas amigas, estas non saben como axudala posto que endexamais pasaron polo que pasou Uxía.
O susto agora era maior, Uxía tiña un atraso na regra, a súa vida estaba cambiando porque unha nova vida estaba medrando dentro do seu corpo. O día que confirmouse o seu embarazo foi correndo a contarlle a Antón que ía ter un fillo, pero el a recibir a noticia foise sen dicirlle nin unha palabra. Uxía afogada en pranto lles conta aos seus pais todo o que está pasando, eles anoxados e decepcionados dos seus actos, deciden que o mellor ía ser que se fóra, que abandone a súa casa, porque eles non querían saber nada coa noticia que lles había contado.
Ela sen lugar a onde ir, decide pedir axuda aos seus tíos, eles a recibiron con moito agarimo e lle deron todo o seu apoio. Todo o embarazo pasouno moi mal, tivo perdidas que poñían en perigo a súa vida e a do seu bebé, que mesmo sen nacer ela amaba apaixonadamente.
Chegou o día en que ía dar a luz, Antón apareceu despois de nove meses e lle pide “por favor” que non lle diga a ninguén que este bebé é seu, porque non quería que a súa muller se decatase que estivo con outra, e moito menos que ía ter un fillo. Prometeu estar presente no momento do parto, pero as súas palabras soaban tan cínicas que xa se atopaba ausente de alí. Uxía tivo o seu bebé, ansiosa por velo, o xefe de xinecoloxía comunícalle que o seu bebé foi roubado, ela desesperada chama a Antón, este non contesta nin aparece, o cal fai que teña unha certa desconfianza de que foi el o que se levou o seu fillo.
Cando saíu do hospital o primeiro que fixo foi ir na procura de Antón, el había desaparecido, na casa onde vivía non había ninguén. Non tiña onde buscalo, así que denunciou a desaparición de Breixo López Costas, o seu pequeno bebé que incluso non puidera ter nos seus brazos.
A súa busca comezou a ser a razón do seu existir, ese fillo que había tido cambiara totalmente a súa vida, pero agora o non telo era aínda máis desesperante, cos seus dezaseis anos, emprende unha viaxe do que non volverá ata atopar a ese pequeno ser que saíu das súas entrañas e que tanto cambiou a súa vida, pero sen el, ela non ten razón de vivila.
Antón, era o responsable da desaparición de Breixo, el foi quen o roubou para dalo en adopción a unha familia que vivía no sur de España, todo ocorrera nunha cidade do noroeste do mesmo país, a razón do seu actuar foi que tiña medo que a súa muller e toda a súa familia se decatase que estivo cunha moza moito máis nova que el, e moito máis medo lle daba, que se soubese que tiveran un fillo.
Igualmente a súa covardía era o que o facía sentirse tan mal, despois de abandonar o seu propio fillo a anguria o estaba consumindo, esa desesperación por agocharse o fixo caer nunha depresión que só el entendía, pero a súa familia aínda non comprendía o porqué se quixo mudar con tanta rapidez, el atopábase no sur, pretendía que Uxía nunca o atopase, porque presentía que ela xa se había dado conta que el fóra o responsable da desaparición de Breixo.
Uxía, non paraba de buscalo, pero sendo menor era moi difícil que as autoridades a escoitaran, os seus tíos como non eran os seus titores legalmente tampouco a podían axudar, así que non lle quedou outra opción que ir na procura da axuda dos seus pais, despois de tantos meses sen establecer contacto o medo que nacía en Uxía era indescritible, ela tiña medo que non a quixeran axudar, pero iso non pasou, todo o contrario, eles mostráronse dispostos a axudala, e lle pediron perdón por habela botado daquel xeito da casa cando lles dixo que estaba embarazada.
Os pais de Uxía contrataron unha avogada amiga para poder dar co paradoiro de Antón, xa que case non había dubidas que el o levara.
O tempo pasaba, Breixo medraba xunto a unha familia que non era a súa, mentres a súa verdadeira familia buscábao sen descanso.
En cambio Antón, pensaba que era o correcto, sen deterse a razoar que non era así, o mellor lugar para Breixo era estar xunto a súa nai Uxía, que pola súa culpa estaba sufrindo a ausencia do seu pequeno fillo.
Pasaban as horas, pasaban os días, pasaban os meses, os anos, e seguían sen ter noticias de Breixo, a pesar de todo Uxía non perdía as esperanzas de que algún día ía atopar o seu fillo. Chegou o día do reencontro con Antón, el foi capturado pola policía nun establecemento comercial do sur e foi trasladado a Madrid. Alí reencontrouse con Uxía, ela sentía aínda aprecio cara el, ata o momento que el confesou que había sido o responsable de todo, a partir dese intre Uxía borrou todo sentimento que podía sentir dentro do seu corazón.
A pesar que Antón confesou a verdade, non sabía onde estaba Breixo, porque cando o deixou non se preocupou por pescudar a onde o levaban, el o deixou, e non soubo máis del. Uxía cada vez se sentía peor, por iso pediu falar con el a soas para preguntarlle por qué lle arrincou do seu carón o seu fillo, por qué regalou o seu propio fillo, ela preguntábase iso tódolos días, tivo a oportunidade de preguntarllo, pero el só dicía que por medo.
A xustiza non puido facer nada en contra del, porque por máis que confesara, queiran ou non, tiña dereitos porque era o pai e non o poden xulgar por elo. O que si fixeron foi metelo na cárcere con fianza por haberlles mentido; pero a súa fianza foi pagada e el quedou en liberdade. Uxía despois destas noticias estaba indignada, non podía crer que despois do que fixo estivera tan tranquilo como se nada ocorrera.
Unha mañá, Uxía estaba saíndo da súa casa cando se decata que Antón está agardando por ela para dicirlle o moi arrepentido que se atopaba e que quería axudala a atopar a Breixo, porque en definitiva tamén era o seu fillo. Uxía aceptou a axuda, inda que non o perdoa, e acláralle que unha vez que o atopen el non ía ter o dereito de parte dela para ver a Breixo. Antón acepta as súas condicións porque non sinte a necesidade de velo, porque nunca quixo ter ese fillo, e menos agora que o seu matrimonio se había destruído a causa de todo o que pasara, a súa muller decatouse e non puido perdoalo, el sente que a vida non ten senso xa, pero quere reconstruíla, mesmo que se sente culpable por haber roubado o bebé e habelo dado en adopción sen a autorización da nai, e sente que iso non o vai deixar durmir en paz, por iso tomou a decisión de axudar a Uxía a atopar a ese meniño que xa ten tres anos.
A procura é cada vez máis profunda, Uxía está con máis esperanzas que nunca, ela está convencida que vai atopar o seu fillo.
Uxía e Antón sentáronse un día e falaron claramente, ela lle confesou que estivo moi namorada del, asemade de dicirlle que non comprendía por qué fixo cousa semellante, el en cambio lle confesou que sentiu algo forte por ela pero que non era máis que algo pasaxeiro, tamén lle dixo que despois de haber feito o amor con ela entendeu que esa relación era algo imposible, algo que non estaba ben, por iso decidiu rematala, pero que ese fillo arruinou todo; ela en cambio lle dixo que Breixo había cambiado a súa vida, pero para ben, porque o amaba como nunca ía volver amar, e lle recriminou que pola súa culpa ela non o tiña, e que sentía un baleiro inmenso. Antón rompeuse e comezou a chorar como endexamais fixera na súa vida, o seu arrepentimento Uxía o sentía pero iso non era suficiente para perdoalo.
Unha chamada telefónica impacta a Uxía, ao parecer o seu fillo había sido sacado do país e á avogada lle explicou que agora era case imposible de atopalo, e máis imposible era, xa que Breixo foi adoptado ilegalmente, o que quería dicir que non había rexistros de quen o adoptou e moito menos a onde o levaron. Uxía sentiuse devastada, esa noticia abafouna, ó pensar que nunca volvería a ver o seu pequeno fillo a fixo odiar moito máis a Antón. Este sentiuse moi culpable e non se puido perdoar, tivo tres intentos de suicidio, ata que un día o logrou, deixou unha carta explicando cada un dos seus sentimentos:
“Uxía, sei que esta carta é en van porque ti nunca me vas a perdoar o que che fixen, de feito, nin eu logro perdoarme, por iso fago o que fago, fun moi estúpido pensar que ese fillo arruinoume a vida. Non me vou a cansar de pedirte perdón, incluso que sei que nunca o vou a ter, eu cho sigo pedindo, perdón.
Aínda que non me cres che quixen moito, e tiven moito medo a pensar que a miña vida cambiaría con ese fillo que non buscamos, eu admito que sempre soñei con ter un fillo, pero non así, e menos contigo, porque eras unha nena, mellor dito, es unha nena aínda para min, unha nena nai, iso é o que máis me doe que che arruinei a vida, ti non tiñas a culpa de nada, eu che incitei a que fixeras o que fixestes, a que te xogaras a vida por min, pero eu como te darás conta non valía nin valo mágoa algunha.
Perdóame por todo, pídote perdón por haberche roubado a adolescencia, a vida e ao noso fillo, non me canso de dicirche que me perdoes, inda che sigo querendo mesmo que non me creas, deséxoche unha vida chea de felicidade e oxalá logres atopar a Breixo.
Moitos bicos. Perdóame. Antón”.
Uxía non paraba de ler esa carta que tanto a impactaba, aínda que ela o odiaba, algo no seu interior dicía que a pesar de todo o perdoaba, pero aínda non lograba dicilo en voz alta porque perdoar a persoa que che roubou o que máis amas é moi difícil de aceptar, pero ela sentiu que verdadeiramente arrepentiuse por iso se suicidou, pero tamén o vía como un covarde por quitarse a vida así, e as ganas de perdoalo se ían cada vez que o pensaba desa maneira.
Ela resignouse a non atopar o seu fillo, mesmo que no seu interior unha gotiña de esperanza quedaba.
Comezou a rearmar a súa vida, os anos pasaban, logrou formar unha familia, esa familia que tanto desexaba. Foi mamá por segunda vez, e ese fillo encheulle parte do baleiro que sentía por perder o seu pequeno bebé anos atrás, tivo unha nena a que chamou Circe. Esta filla que tivo co seu marido Marcos, encheu a súa vida.
Incluso que xa pasaran quince anos da desaparición de Breixo, a investigación inda seguía, porén case ninguén tiña coñecemento dilo. Unha noite chaman a casa de Uxía e lle dan a noticia que atoparon a Breixo, ela abraiada abrazou o seu marido e lle deu a noticia, el cheo de felicidade a levou ao lugar do encontro. Cando chegaron, atopáronse cun adolescente chamado Manuel, Uxía o abrazaba e non podía crer que ao fin o habían atopado, ao parecer Breixo vivía nunha familia de moito diñeiro e non lle faltaba de nada, moito menos cariño. Como era de pensar, Breixo non cría moito o que lle dicían e pedían a gritos que se quería ir coa súa familia, para el Uxía non era súa nai e lle pedía perdón, pero dicía que el non tiña a culpa que os houbesen separado, el era soamente un bebé que foi roubado das mans da súa nai e foi dado en adopción a outra familia, e aínda que a Uxía lle doia, Breixo é o seu fillo de sangue pero non do corazón, para el, ela é unha completa descoñecida.
Uxía choraba a mares e dicía: Por qué me pasa isto? Por qué che arrincaron dos meus brazos? Breixo fixo algo que a calmou, deulle unha forte aperta e lle dixo que a pesar de todo el a ía seguir vendo, pero que non pretendera que a chamase mamá porque el xa tiña unha mamá, e aínda que doia esa é a verdade.
Uxía logrou atopar o seu fillo, pero lamentablemente o bebé que perdeu medrou, e lle dou a entender que a quere seguir vendo pero que para el nunca vai ser a súa nai, isto a Uxía lle doeu moito, pero logrou saír adiante coa forza que lle daba a súa pequena filla de tres anos, ela si a chamaba mamá, e iso a Uxía a enchía de felicidade.
A vida lle deu golpes, pero un día soubo recompensala, aínda que sufriu moito tamén tivo moitas oportunidades de rir, incluíndo que o destino lle xogou unha mala pasada tamén soubo encher eses espazos baleiros que levaba no seu interior. Cando cometes erros, os erros che volven en contra, Uxía cometeu un erro moi grande, que foi namorarse dun home prohibido, este home chamado Antón arruinou parte da súa vida pola covardía que o rodeaba, pola maldade que tivo ao arrincar a un bebé recen nacido das mans da súa nai.
E aínda que Uxía nunca o perdoou, tampouco entendeu as razóns dos seus actos, ese bebé que lle cambiou a vida a fundiu nun profundo dor ao perdelo, que ata o día que morra levará no seu corazón; a pesar de que agora ten razóns para vivir, esa dor non a deixa durmir, oxalá algún día Uxía poida saír desa profunda dor que lle causou ese home que tanto a magoou, ela é forte e vai a poder saír, a forza que ela ten ninguén a logrará sentir, ela é unha verdadeira loitadora, loitou contra o mundo cando estaba na súa contra, e logrou ganar batallas que ninguén sería capaz, por iso e moito máis Uxía ten que durmir en paz.


Autor: Manel Monteagudo

/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/