Como proposta final de tempada traemos unha película que, como un dos seus directores dí “É como un diario do peche, pero tamén é un diario anti-confinamento.”
DIÁRIOS DE OTSOGA
De Maureen Fazendeiro e Miguel Gomes
Luns 13 de xuño, 19.45 horas
Multicines Norte
Esta idea de punto e á parte é a que queremos recoller nesta sesión, aproveitando para facer unha reflexión dos cambios que nos trouxo o confinamento no ámbito do cinema. A recente nova de que os Cines Norte van reducir os días de exhibición de venres a luns fai que se acendan as alarmas de todos os amantes do cinema desta cidade.
Convidámosche a unirche á conversa o vindeiro luns 13 de xuño ás 19:45h nos Cines Norte coa película “Diários de Otsoga”.
A PELÍCULA: DIÁRIOS DE OTSOGA
Argumento
Crista, Carloto e João están a construír un aireado invernadoiro para bolboretas no xardín. Os tres comparten rutinas do fogar, día tras día… E non son os únicos.
“Todo comezou co desexo de facer algo compartido; cando a xente estaba a filmar cun teléfono na súa casa. Todo o mundo estaba a facer iso, así que pensamos: "Isto está ben, é comprensible e ten como resultado boas películas". Pero queriamos facer outra cousa: unha película de confinamento, pero xuntos, filmada en celuloide en lugar de en dixital. Máis tarde comprendémolo, cando nos fomos a esta casa e fixemos as probas PCR. O que realmente queriamos era vivir e facer unha película xuntos, como unha reacción a esta idea do confinamento. [...] É como un diario do peche, pero tamén é un diario anti-confinamento.” Miguel Gomes, un dos co-directores nunha entrevista sobre o filme.
Os Directores
Maureen Fazendeiro (1989) é unha cineasta e guionista francesa afincada en Lisboa. Estudou literatura, arte e cinema na Universidade Denis Diderot de París e traballou na editorial Independencia. As súas películas Motu Maeva (2014) e Sol Negro (2019) foron seleccionadas en festivais internacionais de cinema como FID Marsella, Toronto, Mar do Prata, Viennale, Valdivia, DocLisboa, Vila do Conde, Turín, Xixón... e proxectáronse en cinematecas, museos e feiras de arte ( MoMa, Biennale dei Veneza, Aichi Triennale, FIAC París...). Traballa co medio cinematográfico e é membro de L'Abominable, un laboratorio dirixido por artistas con sede en París. A súa colaboración con Miguel Gomes comezou en 2014 cando traballou como directora de casting para a rodaxe en Francia de As Mil e Uma Noites. Despois colaborou como guionista nos seu seguinte proxecto, Selvajaria.
Miguel Gomes naceu en Lisboa, Portugal en 1972. É director, guionista, crítico de cinema e publicou numerosos artigos de teoría cinematográfica. Estudou na Escola Superior de Teatro e Cinema - IPL da súa cidade natal. A súa primeira longametraxe, A cara que mereces (2004), é unha comedia que se desenvolve nunha especie de conto sobrenatural. O seu segundo longo, Aquel Querido Mes de Agosto (2008), é un película sobre amores contrariados entra unha cantante e o seu primo. Tabú (2012), un drama sobre unha muller retirada e gravada en Mozambique, mostrar a capacidade do colonialismo de adormentar o pobo e a violencia da descolonización. Gomes recentemente presenta As Mil e Unha Noites (2015: Volume 01, O Inquieto; Volume 02, O Abatido; Volume 03, O Encantado), unha triloxía de máis de seis horas de duración rodada en terras musulmás e gregas, que mestura a maxia oriental, a crise económica e a historia de Portugal. A película foi estreada este ano no Festival de Cannes e é o filme co que Portugal compite aos recoñecidos premios Óscar.
Ficha Técnica
Dirección, Maureen Fazendeiro, Miguel Gomes
Guión, Maureen
Fazendeiro, Miguel Gomes, Mariana Ricardo
Fotografía, Mário Castanheira
Edición, Pedro Filipe Marques
Son e Música, Arturo B. Fress
Produción, O Som e a Fúria, Uma Pedra no Sapato
Duración, 102
minutos
Ano de produción, 2021
Máis sobre a película:
Entrevista en Cineuropa
Entrevista no Film at Lincoln Center
Entre vista no Notebook Mubi
Entrevista en Film Comment