Saída polo Vigo Industrial

Polos camiños de Vigo
Paseo industrial: Museo ANFACO e as industrias da Beiramar
Con Mariña López
Sábado 15 de febreiro
Punto de reunión: Reitorado do Areal
Hora:10:00h

Coa finalidade de promover o coñecemento e sensibilización da paisaxe urbana e industrial de Vigo, o Ateneo organiza unha nova etapa das nosas andainas 'Polos camiños de Vigo'.
Será o  próximo 15 de febreiro as 10:00 horas e consistirá nun recorrido guiado polo descoñecido Museo ANFACO e pola avenida de Beiramar desde a praza da Industria Conserveira ata o barrio de Bouzas.
A nosa guía será Mariña López Rodríguez, Licenciada en Historia, especializada en patrimonio industrial; actualmente desenvolve o seu labor como directora do Museo da conserva de ANFAC

PROCEDEMENTO E PRAZOS DE INSCRICION:

O xoves 6 de Febreiro ás 20:00h activarase o link ao formulario de inscrición:


A inscrición pecharase ao cubrise o cupo máximo de prazas: 50 persoas
O prezo fixado é de 2€ para Socios do Ateneo Atlántico e 5€ para non-socias. O pago realizarase en efectivo ao ingreso no autobús, e adícase exclusivamente ao seu alugamento.


Programa
- 10:00h. saída do bus desde o vello reitorado. Subida ao Campus e visita ao museo
- 12:00h. regreso a Vigo, e comenzo do percorrido dende á Praza da Industria Conserveira de Bouzas
Camiñando pola avenida de Beiramar, falaremos de La Artística (Talleres Alonarti); dos asteleiros de Hijos de J. Barreras, de Cardama e Armada; das fábricas de conservas Cerqueira e do edificio da Conserveira Ribas (hoxe sala Artika). E sobre todo do edificio da Conserveira de Bernardo Alfageme.
- 1400h. remate na Alameda de Bouzas e regreso en bus ata o reitorado

O Museo ANFACO (Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados) sitúase no campus de As Lagoas, da Universidade de Vigo. Trátase da única colección museística de carácter industrial da cidade e fala do nacemento e desenrolo da industria conserveira en Vigo e Galicia. 

Para completar a ollada industrial pasearemos polos lugares onde se atopan parte dos espazos industriais vigueses máis relevantes, dende a Praza da industria conserveira camiñaremos ata Alfageme, pasando pola Artística, Barreras, Cardama, etc., na procura dunha reflexión dos usos e reciclaxes habitacionais destes baleiros edificios; tentaremos dar pé, tamén, a un debate sobre a nosa identidade industrial como cidade, de como grandes edificios amolecen mentres diversas coleccións museísticas permanecen afastadas dos seus contextos.A historia de Vigo non se entende sen as industrias que a debuxaron ao longo do tempo, e  a concienciación sobre a valoración do noso Patrimonio Industrial é un dos alicerces da nosa identidade; a falta de apreciación sobre o "industrial" conduce á desaparición ou degradación dos espazos, dos arquivos, da tecnoloxía e, en última instancia dos procesos produtivos.



Mariña López Rodríguez
Mariña é licenciada en Historia pola USC e Máster en Xestión Cultural polo Instituto Universitario Ortega Y Gasset (Madrid).
Procedente do sector audiovisual e da arte contemporánea, na actualidade é directora do Museo ANFACO da industria conservera, posto desde o que leva doce anos traballando en prol do desenrolo da creación, xestión e divulgación da colección do Museo.
Na actualidade está a colaborar con José Ramón Iglesias Veiga e Xoan Carmona do Instituto de Estudos Vigueses no libro Alfageme unha fábrica con alma.
Algunhas das actividades desenvolvidas arredor do patrimonio industrial son:
  • La colección del Museo ANFACO en el 115 aniversario de la Unión Conservera”, autora de la publicación sobre la colección del museo, 2019.
  • Direción e produción da ficha audiovisual do proxecto Sereas, As mulleres do mar, documental sobre o traballo das antigas traballadoras conserveiras para aa creación dun centro de documentación sobre a historia da pesca e a transformación de produtos do mar en clave de xénero.
  • Xestión para a adquisición e clasificación do arquivo empresarial de conservas Bernardo Alfageme, S.A., 2018.
  • Coordinadora e responsábel dos Plans Proxecta da Consellería de Educación da Xunta de Galicia: Memoria da Industria, Memoria do Mar, sobre patrimonio industrial do mar.
  • Comisaria, deseño do proxecto expositivo, documentación e direción técnica da exposición Vigo, a cidade que xurdiu da industria conserveira,Vigo,  Casa das Artes, Vigo.
  • Ponencias nas diferentes convocatorias das Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro.
  • Organización de la colección museográfica del Museo ANFACO de la Industria Conservera y captación de piezas.
  • Xestión da Fundación, Museo e Arquivo ANFACO.
  • Comisariado e participacoón en diferentes exposicións da Galería Ad Hoc de Vigo.
  • Participación na creación da Fundación de Arte Contemporánea de Manolo Paz en Cambados.
  • Participación na fundación e desenvolvemento do Dvd Club Arte i Ensaio de Vigo.

A continuación deixamos uns enlaces que poder resultar de especial interese para documentarnos sobre a saída en concreto, e sobre o Vigo Industrial en xeral:

Sereas, as traballadoras do mar (Vídeo)


Proxecto Vigo Industrial

NONCOMMON - Patrimonio Industrial

Visita ás ruínas de Alfageme (Vídeo)

Proxecto fotográfico Memoria Industrial en Galicia, de Jose Chas
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/