Amosando publicacións coa etiqueta VaiVioleta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VaiVioleta. Amosar todas as publicacións

Escravas do século XXI

AS ESCRAVAS DO SÉCULO XXI
Conversan:
Silvia Pérez Freire
Mª Xosé Porteiro
Mércores 9 de marzo 19h
Casa Galega da Cultura

 Dentro da semana para conmemorar o 8 de marzo, Día da Muller, o Ateneo Atlántico propón un interesante conversa entre María Xosé Porteiro e Silvia Pérez Freire.

O tema, o que avanza o título da actividade, a trata de seres humanos, case todas mulleres, para usalas na prostitución.

Cada ano, arrededor de tres millóns de persoas, máis do 80% mulleres e nenas, son vítimas de trata con fines de explotación sexual e laboral.
Así, a prostitución colócase como tercer negocio clandestino máis lucrativo do mundo, só por detrás do tráfico de armas e de drogas.

A actividade terá o formato dunha conversa entre Silvia Pérez Freire e María Xosé porteiro, e será o mércores 9 de marzo, ás 19 horas, na Casa Galega da cultura.

As relatoras

María Xosé Porteiro García (Madrid, 1952), é unha xornalista, política e escritora galega de narrativa e ensaio. Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo.
Como xornalista traballou en La Voz de Vigo, no xornal El Pueblo Gallego e en Radio Popular de Vigo. Publica en La Voz de Galicia, El País e Tiempo. Foi xefa do Departamento de Prensa do Concello de Vigo.
Concelleira polo PSdeG en Vigo, foi tenente de alcalde e primeira concelleira de igualdade, deputada no Parlamento de Galicia e no Congreso dos Deputados, Delegada da Xunta de Galicia na Arxentina, Membro das Asembleas Parlamentarias do Consello de Europa.
Na actualidade é adxunta á Valedora do Pobo galego.É socia fundadora do Ateneo Atlántico e colaboradora do Centro de Documentación de Recursos Feministas de Vigo.
Entre a súa produción literaria cómpre destacar Covardes (2001, Ir Indo), Sándalo (2019, Galaxia, ou Buscando a Clara (colección Historias para coñecermos Vigo, 2019, Elvira).

Silvia Pérez Freire é Doutora en Socioloxía especializada en Violencia de Xénero desde hai 18 anos. Desde o ano 2007 imparte docencia na Universidade de Vigo e traballa como consultora científica. Pertence á Rede Iberoamericana sobre Imaxinarios e Representacións, á Rede Académica Internacional de estudos de Prostitución e Pornografía e é co-fundadora da Rede Galega contra a trata sexual, unha plataforma formada por 10 ONGs que dedican os seus esforzos ao traballo con vítimas de trata sexual.
Participou activamente en numerosos estudos e entre os que dirixiu atópanse: “Análise e diagnóstico da situación das mulleres vítimas de violencia de xénero cun trastorno  adictivo activo” (2017-2018) financiado pola Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia) ou “Diagnóstico do hábitat e da convivencia igualitaria na cidade de Ourense” (Concello de Ourense, 2019). Publicou 11 libros e unha vintena de artigos académicos vinculados á violencia de xénero. Entre os máis relevantes: o “Informe Estudo  exploratorio de trata de persoas en Galicia” (Xunta de Galicia, 2013) e a tese “ Victimización de trata sexual: imaxinarios e  invisibilización” (Ministerio de Presidencia, 2019), ambas de descarga gratuíta na internet.

A violencia que habita na sexualidade

A violencia que habita na sexualidade

Mercedes Oliveira
Priscila Retamozo

Presentan:
Luisa Abad
Amada Traba

Martes 30 de novembro
19 horas. Casa Galega da Cultura

Con motivo do Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller, o Ateneo Atlántico organiza a actividade A violencia que habita na sexualidade, na que Chis Oliveira e Priscila Retamozo falarán sobre pornografía, prostitución, cultura da violación..., e, en xeral, das diferentes formas en que se exerce violencia contra as mulleres.
O acto terá lugar o vindeiro 30 de novembro, martes, ás 19 horas, na Casa Galega da Cultura.
Será presentado por Amada Traba e Luisa Abad

O 25 de novembro

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa Resolución 50/134 de 17 de decembro de 1999.
Celébrase cada 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas para lograr a súa erradicación.
A primeira convocatoria foi promovida polo Movemento Feminista Latinoamericano en 1981; a data do 25 de novembro lembra o día de 1960 en que foron asesinadas as tres irmás Mirabal por orde expresa do dictador o Chivo Trujillo na República Dominicana.
Foi a propia República Dominicana a que en 1999, e co apoio de 80 países, fixo a proposta á ONU para que o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller pasase a formar parte do seu calendario de conmemoracións.

Violencia contra a muller

Na mencionada resolución, a ONU define ás claras de que estamos a falar cando utilizamos as palabras violencia contra a muller: «de todo acto de violencia baseado na pertenza ao sexo feminino que teña, ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para a muller, así como as ameazas con tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se producen na vida pública como na vida privada».

Priscila Retamozo

Politóloga, Máster en Igualdade de Xénero na UMA. Coordinadora do proxecto coeducativo Comando Igualdade. Estancia en 2018 na Secretaría Técnica contra a violencia de xénero en ONU mulleres-Ecuador. Experiencia no desenvolvemento de proxectos educativos con enfoque de xénero. Coautora, xunto a Chis Oliveira, do libro "Comando Igualdade: a A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas!". Centra a súa actividade profesional na sensibilización e formación en igualdade de profesorado, alumnado e familias.

Mercedes Oliveira

É catedrática de Filosofía e doutórase no 97 cunha tese en educación afectivo-sexual.
Foi profesora en diferentes Mestrados de Xénero (das universidades de Vigo, A Coruña e Córdoba), así como presidenta da ONG de Dereitos Sexuais Federación de Planificación Familiar de España (1998-2003).
É membra fundadora de Enxergo e Nexos de Didáctica da Filosofía, (grupo de referencia en Galicia na elaboración de libros de texto, materíais curriculares e na formación do profesorado).
Hai 10 anos montou o Comando Igualdade, grupo de máis de 100 estudantes de Instituto e universidade que levan a cabo intervencións en espazos educativos e sociais para promover relacións igualitarias. Premios.-Educación y Sociedad, Premio Irene, Viguesa Distinguida, “Madre de la Coeducación” CLAVICO 2020, o de Mulleres en Acción e o Premio Ernestina Otero.
Libros publicados. É autora dunha trintena de libros entre os que destacan: “Ám@me” (Galaxia) e “Amarte. Pensar el amor en el siglo XXI” (La Catarata).
É autora de numerosos artigos en revistas especializadas, libros de texto e materiais didácticos de Filosofía, Ética, Antropoloxía e Cidadanía. A autoría do último deles, “Comando Igualdade. A Mocidade facendo a revolución feminista nas aulas”, é compartida coa outra invitada de hoxe, Priscila Retamozo.

Felicitámosvos. Felicitámonos

O pasado 4 de maio foi a entrega dos Premios pola Igualdade Ernestina Otero das dúas últimas convocatorias. Os premios, concedidos anualmente polo Consello Municipal da Muller (Concellería de Igualdade) do Concello de Vigo, lembran á pedagoga redondelá que, por méritos propios, soubo facerse un oco nun tempo e nun espazo reservado aos homes: Ernestina Otero Sestelo (1890-1956).
As premiadas foron as socias do Ateneo María Xosé Porteiro (2020) e Chis Oliveira (2021).
Parabéns, amigas!

Precarización da vida en tempos de Covid

Precarización da vida en tempos de Covid
Todo cambia, para que todo siga igual?

Silvia Pérez Freire conversa con Amada Traba
Martes 16 de marzo, 19 horas
Online a través de Zoom

Con motivo da semana do 8M, o Ateneo Atlántico está a pór no centro da reflexión a especial repercusión que está a ter a crise do Covid no mundo da muller.

A semana pasada presentamos o vídeo co noso manifesto feminista de 2021, vídeo que xira, precisamente, arredor deste tema. Pódese ver premendo na imaxe.

Vídeo 8M 2021

Nesta mesma liña, o martes 16 de marzo, Silvia Pérez Freire conversará con Amada Traba arredor de Precarización da vida en tempos de Covid, Todo cambia, para que todo siga igual?

Masculinadades disidentes

Por que é tan difícil que os homes cambien?
Masculinidades disidentes
Con Jorge García Martín
Presenta Luisa Abad
Martes 26 de maio, 18 horas
Canle de Youtube do Ateneo


Parece evidente que nos últimos anos as mulleres agrupadas conquistaron unha serie de dereitos que fan que a sociedade sexa máis igualitaria, pero que pasa cos homes? Cantas maneiras diferentes hai de ser home? Que gañan coa igualdade? Como se des-aprenden as masculinidades tóxicas e camiñamos cara outros modelos que axuden a construír unha sociedade mellor?
Para falar deste tema teremos, o próximo martes día 26 no Ateneo Atlántico, ao profesor de Socioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, Jorge García Marín, autor do libro “Papá, por que non pintas as unllas de cores?
Martes 26 de maio de 2020, 18 horas, nas redes sociais do Ateneo Atlántico.
A conexión pode ser, ben a través da Canle de Youtube (ENLACE), ou ben desde o blog do Ateneo (ateneoatlantico.gal).

Jorge García Marín
É profesor na Facultade de Ciencias da Educación, departamento de Ciencia Política e Socioloxía, área de Socioloxía, na Universidade de Compostela. Entre outras, relacionadas coa socioloxía da educación, imparte a materia Socioloxía dos roles de xénero.
Especialista en temas relacionados coa publicidade e os roles a través da publicidade, é autor dos libros Novas masculinidades. O feminismo a (de)construir o homem, Através Editora,  2018, ou Papá por que non pintas as unllas de cores? Educando (construíndo) masculinidades disidentes, Galaxia 2019.
Entre os seus campos de investigación, e a demais das problemáticas arredor do xénero, figuran temas como a Posmodernidad e identidades conxeladas ou os Graffitis

Concepción Arenal. Vida, pensamento e acción

Concepción Arenal. Vida, pensamento e acción
Con Celia Pereira Porto e Mª Xosé Porteiro
Venres 6 de marzo, 19.30 horas
Casa Galega da Cultura
O Ateneo Atlántico quere sumarse á celebración do aniversario do nacemento, hai douscentos anos, da ilustre pensadora cuxo panteón está nun cemiterio da nosa cidade.
Concepción Arenal tivo unha longa vida dedicada a mellorar as condicións de vida das mulleres e as persoas máis necesitadas.
Nesta primeira sesión destacaremos a súa figura e o seu legado, quedando para outono, e en colaboración co Consello da Cultura Galega, unha nova actividade que afonde na personalidade de Concepción Arenal.

Celia Pereira Porto
Doutora en Dereito (2000). Premio Extraordinario de Licenciatura (1994). Investigadora e docente da Universidade da Coruña até o 2005. Dende esa data exerce como avogada laboralista. Autora de diversas publicacións sobre a igualdade de xénero desde unha perspectiva xurídica, así como de diversos traballos sobre Concepción Arenal e Clara Campoamor. Membro do Padroado da Fundación Praza Pública, Secretaria da Fundación Vicente Risco e membro da sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega.

María Xosé Porteiro
Xornalista. Foi a primeira Concelleira de Igualdade do Concello de Vigo, foi deputada. Nestes momentos é Vice-valedora do pobo da Xunta de Galicia. María Xosé Porteiro é socia fundadora do Ateneo Atlántico .

Lendo a María Xosé Queizán



 Lendo a Maria Xosé Queizán
Con Xina Vega, Marga do Val e Carlos L. Bernárdez
Venres, 29 de Novembro · 20:00h
Espacio Cubo · r/ Doutor Cadaval 17 (baixo)
Este vindeiro venres 29 de novembro pecharemos o ciclo que, desde febreiro, vimos adicando a María Xosé Queizán con motivo do seu oitenta aniversario. Se nunha primeira sesión (Con saias e a galope) a propia MX Queizán conversaba con Inma L. Silva sobre a vida e a memoria, na segunda falabamos da súa labor como Feminista destemida, e na terceira faciamos unha lembranza do seu papel na revista feminista de título"A festa da palabra silenciada"

Para rematar o ciclo, neste último acto imos falar de María Xosé Queizán e o seu labor literario.
O acto que pecha o ciclo leva por título Lendo a María Xosé Queizán (María Xosé Queizán como literata) e terá lugar no Espazo Cubo (Doutor Cadaval 17, baixo), o venres 29 de novembro ás 20 horas. Nel contaremos con Xina Vega, que exporá a obra narrativa, Marga do Val centrarase na súa vertente poética, e Xosé Carlos L. Bernárdez, ademais de presentar e moderar o acto, dará a súa versión de M.X. Queizán como ensaísta.
  • Rexina Vega, doutora en Filoloxía románica, é profesora universitaria e investigadora. É escritora, basicamente narrativa e ensaio, e acadou o Premio Xerais de 2007 coa súa obra Cardume. Ten actuado como crítica literaria e colaboradora en Praza.gal, A nosa terra, Grial...
  • Marga do Val (Marga Romero), é licenciada en Filoloxía hispánica e Galego-portuguesa. Escritora (ensaio, poesía, narrativa), tradutora, crítica literaria e mesmo actriz. É colaboradora de publicacións como Festa da palabra, Grial ou A nosa terra. En 2011 foi distinguida co premio da Asociación de escritores en lingua galega.
  • Xosé Carlos López Bernárdez, Licenciado en Xeografía e Historia (sección de Historia da Arte), profesor de Lingua e Literatura Galegas e ensaísta literario e artístico. Ten publicado numerosos ensaios tanto no eido da literatura galega como no das artes. Ten destacado como conferenciante e como Comisario de numerosas exposicións, algunhas delas de gran transcendencia no mundo artístico galego.
O acto terá lugar no Espazo Cubo (Doutor Cadaval 17, baixo), ás 20 horas.
Entrada libre ata completar aforo (45 persoas)

A Festa da Palabra Silenciada: 30 anos de feminismo

A Festa da Palabra Silenciada
con Paula Mariño, Camino Noia e Mónica Bar. Presenta Ana Gandón
Martes, 19 novembro · 19:30h
Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios · r/García Barbón 5

Como terceiro acto da homenaxe que o Ateneo Atlántico está a dedicar a María Xosé Queizán, o vindeiro Martes 19, ás 19.30 horas, poderemos asistir ao acto A festa da palabra silenciada, no que Paula Mariño, Camino Noia e Mónica Bar, presentadas por Ana Gandón, falaran desta revista mítica dentro do feminismo.

Fundada en 1983 por Feministas Independentes Galegas para sacar da escuridade a escrita feminina e as teorías feministas vixentes naquel momento, foi, primeiro coordinada e despois dirixida, por María Xosé Queizán.
Disque esta participación de María Xosé Queizán na Festa da Palabra, e á marxe de toda a súa produción literaria e ensaística, é suficiente en si mesma para a súa entrada pola porta máis grande na Historia da cultura galega.

Entrada libre ata completar aforo (50 persoas)

Feminismo e novas formas do político

Feminismo e novas formas do político
Con Cristina Moreiras, University of Michigan
Presenta M. Forcadela, Universidade de Vigo
Casa Galega da Cultura · Praza da Princesa /sn
Martes, 23 de Abril · 19:30h

A charla a cargo de Cristina Moreiras, catedrática de literatura, cine e estudios de xénero na Universidade de Michigan, é un intento de ofrecer unha reflexion sobre o movemento feminista no noso presente, baseado na pregunta ¿é o feminismo, hoxe en dia, unha práctica política? Se isto é así, ¿qué o converte nun movemento político e, máis específicamente, nun movemento político de esquerdas? Nun momento no que apenas hai militancia política e ainda menos militancia feminista, ou a que existe parecenos lonxe de toda razón política, ¿ónde situamos a eficacia política e a ética do feminismo?

Esta palestra trata de presentar algunhas respostas e moitas preguntas ao redor deste e outros temas de importancia vital para acadar unha sociedade igualitaria nun mundo que todavía categoriza a diferencia, e a diferencia sexual, como algo negativo e, en consecuencia, como algo que está suxeito a unha persistente discriminación.

Cristina Moreiras-Menor (Vigo, 1959) é catedrática de literatura, cine e estudios de xénero na Universidade de Michigan (Ann Arbor), onde tamén ten sido directora do Departamento de linguas e literaturas románicas entre os anos 2010 e 2018. Publica extensamente sobre a literatura galega dos séculos XIX e XX (destacando os seus traballos sobre Rosalía de Castro, e Xosé Luis Méndez Ferrín) e sobre literatura, cine e fotografía dos séculos XX e XXI. É autora de dous libros, Cultura herida: Literatura y cine en la España democrática (Libertarias, 2002) e La estela del tiempo: historicidad e imagen en el cine español contemporáneo (Editorial Iberoamericana Vervuert, 2011).

Manuel Forcadela é Historiador da literatura, poeta, e novelista. Profesor de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Colaborador en diversas revistas e xornais. Da súa ampla produción cumpre destacar: O varredor en outono (Sotelo Blanco, 1988); A harpa e a terra (Ed. Xerais, 1988); Fóra de xogo (Edicións do Cumio, 1993); Morte do fadista (Espiral Maior, 2000); Dama Saudade e o cabaleiro Sombra (Frank @ Timme, 2012)

Entrada libre ata completar aforo.

Feminista destemida: Maria Xosé Queizán

Maria Xosé Queizán: Feminista destemida
Casa da Cultura Galega · Praza da Princesa /sn
Luns 11 de Marzo · 19:30h
Con Rosa Cobo, Carme Adán e Mónica Bar
Presenta Chis Oliveira


O Ateneo Atlántico celebra o 8 marzo, e o fai cun novo acto dentro da homenaxe a María Xosé Queizán que lle queremos facer ao londo de 2019 polo seu 80 aniversario.

O acto é unha conversa e analise do pensamento de María Xosé Queizán, a súa obra e a súa relevancia dentro do Movemento Feminista en Galicia. Interverán:

Presentará o acto en nome do Ateneo Atlántico, Chis Oliveira, filósofa coordenadora do Comando Igualdade e co-autora de “Ám@me”.

Entrada libre ata completar aforo (60 persóas)

A Festa da Palabra - Con saias e a galope




Unha conversa entre Maria Xosé Queizán e Inma López Silva
Presenta Xina Vega
Casa Galega da Cultura· Praza da Princesa /sn
Venres 22 de Febreiro · 19:30h



O Ateneo Atlántico convida ás autoras Maria Xose Queizan e Inma López Silva a manter unha conversa sobre a vida e a memoria co gallo da recente publicacións dos seus libros de caracter autobiográfico: "Vivir a galope" (Xeráis, 2018)  e "Chámame señora pero trátame coma a un señor" (Galaxia, 2018). Tratarase dunha conversa libre entre dúas mulleres de xeracións distintas que fan unha mirada ao seu pasado persoal para falar do presente.

Presenta e modera o acto a tamén novelista Xina Vega

Inma López Silva é autora, entre outros, dos libros "Concubinas" (Premio Xerais 2002), "Memorias de cidades sen luz" (Premio Blanco Amor 2007) ou "New York, New York". "Chamame señora pero trátame coma a un señor" é unha memoria persoal do machismo na cultura. Maria Xosé Queizán, periodista, ensaista e poeta, destacada activista dos movementos feministas en Galicia, foi Premio da Cultura Galega de Letras en 2016. Entre as súas numerosas obras, atopamos a biografía de "Emilia Pardo Bazán" o recopilatorio da súa obra poetica "Non o abras coma unha flor" ou a novela "Amor de Tango". Xina Vega é profesora, crítica teatral e traductora, e tamén autora da novela "Cardume" (Premio Xerais 2007)

Iso que chamamos amor...



Iso que chamamos amor.. que vén sendo?
Unha conversa sobre o Amor entre Amada Traba, Chis Oliveira e Iolanda Zúñiga
Martes 12 Febreiro · 19:30h
Casa do Libro · Vigo


Co gallo da publicación dos seus libros "Ám@me"  e "Noites de safari. Manual sobre amantes desorientados", xúntamos na Casa do Libro de Vigo ás súas autoras, Amada Traba, Chis Oliveira e Iolanda Zúñiga, para que conversen sobre o Amor e como se pode definir nos nosos días. Na súa charla queren provocar o asistente, con sentido do humor, á reflexión e suscitando debate.


Chís Oliveira é catedrática de Filosofía, experta en Educación Sexual, e autora de numerosos libros sobre o tema coma “Eros: Materiais para pensar o amor”. Amada Traba é profesora de Socioloxía da Educación na Universidade de Vigo e autora de numerosos artigos sobre as políticas de igualdade. Xuntas co-escribiron recentemente "Ám@me" (Galaxia, 2018). Iolanda Zúñiga foi gañadora do premio Xerais de novela en 2010 coa súa novela "Periferia", e acaba de publicar recentemenete o libro "Natura".

Presentará polo Ateneo Atlántico, Ana Fresco

Entrada libre ata completar aforo

As Mulleres africanas en Europa



Conferencia

por Remei Sipi Mayo 
Martes 27 de Novembro, 19:30h
Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios


Este martes 27 de Novembro as 19:30h, na Biblioteca da EMAO o Ateneo Atlántico quere convidarvos á conferencia "As mulleres africanas en Europa".

Orixinaria de Guinea, máis residente en España dende os seus estudios universitarios, Remei Sipi Mayo leva desenrolado unha intensa labor no noso pais polas causas das mulleres africanas. Conferenciante, directora de teatro, membro de moi diversas redes e plataformas a prol da muller, das minorías étnicas e dos emigrantes, foi tamén directora da revista E'Waiso ata o ano 2008, editora especializada en textos africanos e é tamén autora por sí mesma. O seu libro máis recente é "Mujeres africanas: Más allá del tópico de la jovialidad" (Wanafrica Ed. 2018)

Remei Sipi gusta de explícarnos a situación humana con fluidez e sencillez. A súa palabra convértese nunha narración, lírica, suave, coma un conto.

Presentará o acto o profesor de Filosofía, Luis Escudero.


noite de curtametraxes contra a trata sexual

En colaboración coa Rede galega contra a trata sexual
Noite de curtametraxes
Mércores 17 de outubro de 2018
Multicines Norte, Vigo

Organizada pola Rede Galega contra a trata sexual, e no marco da VII Xornada da Rede galega contra a trata, que se celebrará ao longo de todo o día 18 de outubro no museo MARCO de Vigo, o Ateneo Atlántico colabora na organización e difusión dunha noite de documentais sobre a trata sexual que se celebrará nos multicines Norte este mércores 17 de outubro a partir das 20 horas.
A entrada será gratuíta.

Segundo o tema das xornadas Por unhas novas masculinidades fóra do mercado sexual, e como continuación dalgúns dos aspectos xa tratados polo Ateneo Atlántico (ciclo do cinemAteneo Vai Violeta, proxección da película Alanis), propoñemos tres pezas documentais e de ficción que abordan o tema da trata sexual nos nosos días e nos nosos entornos.


As curtametraxes que poderemos ver son:

La Mujer Invisible (2017)
Noemí Chantada
Documental / 15’
http://somosislandia.com/lamujerinvisible/
Sinopse: Vive nun pequeno piso na cidade de Vigo e o seu discorrer non sería diferente ao de calquera chica da súa idade de non ser pola tristeza que enmarca o seu rostro. Porque ao chegar a tarde mudase de pel: cambia de roupa, cambia de nome, e cambia. E así pode encarar unha noite máis.

Miente (2008)
Isabel de Ocampo
Ficción / 14’
Goya á Mellor curtametraxe de ficción
Sinopse: Doina querelle facer un regalo de aniversario á sua irmá, pero é dificil conseguilo.

Blessy (2018)
Sílvia Cepero, Carme Gomila y Susana González con Mujeres Valientes 
Documental / 22’
https://www.facebook.com/BlessyDocumental/
Sinopse: Blessy é unha muller de 35 anos que ten vivido unha situación de trata de persoas. O documental explica a súa vida, e como esta podería ser a doutras moitas mulleres. 
Unha creación colectiva construída por catro mulleres superviventes de trata en colaboración con tres realizadoras.

Presentan o acto Daniel Bóveda e Anabel Mariño.

Para máis información sobre a VII Xornada da Rede galega contra a trata: https://bit.ly/2QTt9Mh
A inscrición para as xornadas é gratuíta.
A asistencia á noite de curtametraxes tamén é gratuíta e non precisa inscrición previa.


cinemAteneo: Wanda

cinemAteneo
Vai Violeta
Wanda
Mércores 13 de xuño
Multicines Norte

O próximo mércores 13 de xuño, e dentro do ciclo Vai Violeta, o Ateneo ofrece a proxección do filme Wanda, de Barbara Loden, como é habitual, nos Multicines Norte de Vigo.
Intervirán no coloquio Amada Traba e Mercedes Oliveira, profesoras universitarias e incansábeis traballadoras nas relacións entre o xénero e a educación.

O filme está escrito, dirixido e protagonizado por Barbara Loden (esposa de Elia Kazan), narra a historia de Wanda: incapaz de atopar o seu sitio na vida (nin no traballo, nin cos seus fillos, nin no seu matrimonio cun mineiro), emprende unha fúxida sen rumbo onde a compañía dos diversos homes que atopa no camiño marcará o seu destino tráxico.
Wanda, que non se chegou a estrear comercialmente en España a pesares de ser premiada co Premio da Crítica na 31 edición do Festival de Venecia, é unha película mítica e contra-corrente, que denuncia a angustia dunha muller que busca o seu lugar nun mundo de homes. Rodada en 16mm, con cámara en man, e sempre en localizacións naturais, o realismo de Wanda aturde pola mensaxe de desesperanza da súa protagonista.

O prezo será o habitual, 3€ para socias e 4 para non socios.

Ficha técnica
Título original: Wanda (VOS)
Ano: 1970
Duración: 101 min.
País: Estados Unidos
Dirección: Barbara Loden
Guión: Barbara Loden
Fotografía: Nicholas T. Proferes
Reparto Barbara Loden, Michael Higgins, Dorothy Shupenes, Peter Shupenes
Produtora: Foundation for Filmakers / Bardene International
Sinopse: na zona obreira dos suburbios de Pennsylvania, Wanda Goronski, unha mujer con problemas, abandona a su familia e acaba inmersa nun mundo de perdición. (Filmaffinity)

cinemAteneo: Alanis

cinemAteneo
Alanis (Arxentina, 2017)

23 de maio, Multicines Norte

Continuando co ciclo Vai Violeta, adicado a amosar diversas perspectivas da realidade da muller, e de novo en colaboración cos Multicines Norte, CinemAteneo propón Alanis, película da directora arxentina Anahi Bernerí. A película achéganos ao día a día da súa protagonista (Sofía Gala) como nai e prostituta, e faino con crueza, sen prexuizos previos, para amosar máis que para denunciar e revelar así unha realidade non sempre visible.

Ao finalizar a película realizaremos un coloquio moderado por Silvia Pérez Freire.

Data: mércores, 23 de Maio
Lugar: Multicines Norte
Hora: 19:40 horas

Ficha Técnica:
ALANIS
Arxentina (2017)
82 minutos
V.O.E.
Dirección: Anahi Bernerí
Guión: Anahí Berneri, Javier Van De Couter
Intérpretes: Sofia Gala, Dante Della Paolera, Santiago Pedrero, Dana Basso, Silvina Sabater

Doida Não e Não!

Presentación do Libro
Doida não e não!
de Manuela Gonzaga


O Ateneo Atlántico, xunto co Instituto Camões en Vigo e a Bertrand Editora, presentan o libro Doida não e não! da escritora Manuela Gonzaga.
O acto terá lugar o vindeiro venres 18 de maio, ás 19.30 horas, na sede do Instituto Camões en Vigo (Casa Arines, Praza do Tenente Almeida).

Na presentación, e ademais da propia autora, intervirá o doutor Adrián Gramary, psiquiatra vigués que exerce no Centro Hospitalar de saúde mental Conde de Ferreira do Porto, clínica (daquela manicomio) na que se desenvolven os feitos relatados no libro.
Actuará como presentador José Luís Mateo.

O libro narra a historia de Maria Adelaide Coelho da Cunha.
É a vida dunha muller da alta sociedade portuguesa, e do 'escándalo' que provoca en todo o país nas décadas de 1910 e 1920.

Maria Adelaide, casada, nai dun fillo, e con 48 anos de idade, fuxe co seu chofer lonxe do domicilio conxugal. Descubertos nunha aldea do distrito de Viseu, o marido, rico e poderoso, consegue que o amante sexa recluído no cárcere e ela internada no hospital psiquiátrico Conde de Ferreira de Porto.

A partir dunha historia propia de folletín, comeza outra non menos real e épica: a loita dunha muller que durará anos e que se verá envolta en xuízos e diagnósticos nos que intervirán os mellores psiquiatras do Portugal do momento e que, un por un, confirmarán a enfermidade mental de Maria Adelaide, xustificando así, o mantemento do seu internamento.

Maria Adelaide  Coelho permanecerá ingresada no manicomio cerca de trinta anos, desde pouco máis dos 48 cos que empeza a odisea ata a idade de 77.

Alén da historia persoal da protagonista, trátase dun elo máis da Historia universal da muller.
Da súa falta de dereitos civís, do exceso de poder e dereitos do home, das relacións entre matrimonio e propiedade incluíndo as máis macabras, do machismo e os celos levados a extremos, estes si, patolóxicos, do corporativismo masculino exercido desde todas as instancias de poder...
Pero, por riba do demais que se poida dicir, estamos ante un episodio máis da loita das mulleres en favor da súa dignidade e dereitos, por unha banda, e da motivación, valor e fiabilidade dos diagnósticos psiquiátricos pola outra.

A presenza da autora do libro, profunda coñecedora da historia, verase enriquecida pola participación profesional do Dr. Gramary.
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/