Amosando publicacións coa etiqueta cinemAteneo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cinemAteneo. Amosar todas as publicacións

cinemAteneo: Diários de Otsoga

Como proposta final de tempada traemos unha película que, como un dos seus directores dí “É como un diario do peche, pero tamén é un diario anti-confinamento.” 

cinemAteneo

DIÁRIOS DE OTSOGA
De Maureen Fazendeiro e Miguel Gomes

Luns 13 de xuño, 19.45 horas
Multicines Norte

Esta idea de punto e á parte é a que queremos recoller nesta sesión, aproveitando para facer unha reflexión dos cambios que nos trouxo o confinamento no ámbito do cinema. A recente nova de que os Cines Norte van reducir os días de exhibición de venres a luns fai que se acendan as alarmas de todos os amantes do cinema desta cidade. 

Convidámosche a unirche á conversa o vindeiro luns 13 de xuño ás 19:45h nos Cines Norte coa película “Diários de Otsoga”.

A PELÍCULA: DIÁRIOS DE OTSOGA

Argumento

Crista, Carloto e João están a construír un aireado invernadoiro para bolboretas no xardín. Os tres  comparten rutinas do fogar, día tras día… E non son os únicos. 

“Todo comezou co desexo de facer algo compartido; cando a xente estaba a filmar cun teléfono na  súa casa. Todo o mundo estaba a facer iso, así que pensamos: "Isto está ben, é comprensible e ten  como resultado boas películas". Pero queriamos facer outra cousa: unha película de confinamento,  pero xuntos, filmada en celuloide en lugar de en dixital. Máis tarde comprendémolo, cando nos  fomos a esta casa e fixemos as probas PCR. O que realmente queriamos era vivir e facer unha  película xuntos, como unha reacción a esta idea do confinamento. [...] É como un diario do peche,  pero tamén é un diario anti-confinamento.” Miguel Gomes, un dos co-directores nunha entrevista  sobre o filme. 

Os Directores

Maureen Fazendeiro (1989) é unha cineasta e guionista francesa afincada en Lisboa. Estudou  literatura, arte e cinema na Universidade Denis Diderot de París e traballou na editorial  Independencia. As súas películas Motu Maeva (2014) e Sol Negro (2019) foron seleccionadas en  festivais internacionais de cinema como FID Marsella, Toronto, Mar do Prata, Viennale, Valdivia,  DocLisboa, Vila do Conde, Turín, Xixón... e proxectáronse en cinematecas, museos e feiras de arte  ( MoMa, Biennale dei Veneza, Aichi Triennale, FIAC París...). Traballa co medio cinematográfico e  é membro de L'Abominable, un laboratorio dirixido por artistas con sede en París. A súa  colaboración con Miguel Gomes comezou en 2014 cando traballou como directora de casting para  a rodaxe en Francia de As Mil e Uma Noites. Despois colaborou como guionista nos seu seguinte proxecto, Selvajaria. 

Miguel Gomes naceu en Lisboa, Portugal en 1972. É director, guionista, crítico de cinema e  publicou numerosos artigos de teoría cinematográfica. Estudou na Escola Superior de Teatro e  Cinema - IPL da súa cidade natal. A súa primeira longametraxe, A cara que mereces (2004), é  unha comedia que se desenvolve nunha especie de conto sobrenatural. O seu segundo longo,  Aquel Querido Mes de Agosto (2008), é un película sobre amores contrariados entra unha cantante  e o seu primo. Tabú (2012), un drama sobre unha muller retirada e gravada en Mozambique,  mostrar a capacidade do colonialismo de adormentar o pobo e a violencia da descolonización. Gomes recentemente presenta As Mil e Unha Noites (2015: Volume 01, O Inquieto; Volume 02, O Abatido; Volume 03, O Encantado), unha triloxía de máis de seis horas de duración rodada en terras  musulmás e gregas, que mestura a maxia oriental, a crise económica e a historia de Portugal. A  película foi estreada este ano no Festival de Cannes e é o filme co que Portugal compite aos  recoñecidos premios Óscar.

Ficha Técnica

Dirección, Maureen Fazendeiro, Miguel Gomes
Guión, Maureen Fazendeiro, Miguel Gomes, Mariana Ricardo
Fotografía, Mário Castanheira
Edición, Pedro Filipe Marques
Son e Música, Arturo B. Fress
Produción, O Som e a Fúria, Uma Pedra no Sapato
Duración, 102 minutos
Ano de produción, 2021

Máis sobre a película:

Entrevista en Cineuropa

Entrevista no Film at Lincoln Center

Entre vista no Notebook Mubi

Entrevista en Film Comment

cinemAteneo. A virxe roxa

Nesta ocasión, desde cinemAteneo queremos convidarvos a ver a “A Virxe Roxa”, película que foi premio Mestre Mateo 2022 ao mellor documental. Para comentar a película contaremos coa presenza do seu director Marcos Nine, e do produtor, Chema Cagino, que nos axudarán a mergullar entre as súa reviravoltas.

cinemAteneo
A VIRXE ROXA

Coa participación do seu director
MARCOS NINE
do produtor
CHEMA CAGINO
E con
María Ángeles Mínguez
Remedios Copa

Xoves 19 de maio, 19.45 h.
Multicines Norte

Argumento
En 1933 Aurora Rodríguez mata a tiros á súa propia filla Hildegart, mentres esta durmía. A moza, con só dezaoito anos, era xa unha das feministas máis destacadas da Segunda República Española. Pero tamén era un produto perfectamente calculado e deseñado pola súa nai para que fose a liberadora da muller. 

Marcos Nine
Nado en Hannover (Alemaña) no 1977, actualmente reside na Ría de Arousa. Comezou a súa carreira como guionista en series como ‘Mareas vivas’ e ‘Terra de Miranda’, e púxose por primeira vez detrás da cámara para relatar o desastre do Prestige no documental ‘Carcamáns’ (2003).
Desde entón dirixiu os documentais ‘Pensando en soidade’ (2006), ‘Historia dunha parroquia’ (2007) e ‘A viaxe de Leslie’ (2014, seleccionado na Seminci), e as curtametraxes ‘JEDN’ (2006), ‘A fábrica’ (2008), ‘Aarón’ (2009), ‘Manuscritos pompeianos’ (2010) e ‘Radiografía dun autor de cómics’ (2010), entre outros.
A súa primeira longametraxe, ‘A brecha’ (2012), estreouse no Festival de Cinema Independente de Bos Aires (BAFICI).

Ademais de co director, Marcos Nine, para o coloquio contaremos coa presenza de Remedios Copa e María Ángeles Mínguez. 

Ficha Técnica
Dirección e Montaxe, Marcos Nine
Guión, Marcos Nine e Rocío González
Son e Música, Arturo B. Fress
Produción, Recrea Films, Amalia Mato e Chema Cagino
Duración, 93 minutos
Ano de produción, 2020

 Enlaces para saber un pouco máis sobre a película:

A virxe roxa, un documental ou un formato totalmente novo?,

A virxe roxa na páxina da SEMINCI

cinemAteneo. Banksy

cinemAteneo

Exit Through The Gift Stop
De Banksy
Con Lula Goce

Mércores 9 de febreiro, 20 horas
Multicines Norte
(Entradas xa a venda na páxina dos cines)

“Exit Through the Gift Shop” é unha película documental británica, dirixida polo artista urbano Banksy no ano 2010.

Conta a historia de Thierry Guetta, un excéntrico comerciante francés establecido en Los Ángeles, afeccionado a gravar todo o que acontece ao seu redor.
Un día decide poñerse tras a cámara para realizar unha película sobre arte urbana.
A película contén imaxes exclusivas de Banksy e algúns dos máis importantes artistas urbanos como Space Invader ou Shephard Fairey.
Pero tamén aborda unha interesante reflexión sobre o mercantilismo da arte nos nosos días.

Para falar de arte urbana e o seu desenvolvemento actual contamos con Lula Goce.

Lula Goce (www.lulagoce.com) é unha das artistas visuais con máis proxección internacional.
Naceu en Baiona, licenciouse en Belas Artes na especialidade de pintura na Universidade de Salamanca e completou a súa formación en creación artística cunha mestría e un doutoramento en Barcelona.
Desde o principio interesouse pola escultura e pintura efémeras, participando en distintos concursos e proxectos en lugares públicos, museos e galerías.
Hoxe en día as súas obras poden verse desde Vigo a Nova York, pasando por México, Italia ou Bélxica, entre outros lugares.
Súas son as medianeiras que nos atopamos en Vigo na avenida da Florida 45 e a xa tristemente desaparecida en Tomás A. Alonso, na curva de San Gregorio.
Actualmente está nomeada nos Street Art 2021 -unha selección de 100 obras ao redor do mundo que a plataforma especializada en arte urbana somete a votación popular en Instagram- por unha obra en Aranda de Douro (Burgos) en homenaxe ás persoas que padecen ou padeceron cancro de mama.

cineMateneo. Sacar á luz


 SACAR Á LUZ

Memoria das rapadas

Martes 14 de decembro 20 horas
Multicines Norte
cinemAteneo
Presenta Montse Fajardo

Na liña iniciada na última sesión (Billy), de recuperación da memoria histórica a través de documentais realizados na actualidade, o Ateneo Atlántico organiza a presentación de Sacar á Luz, Memoria das rapadas.

A proxección, co coloquio posterior, terá lugar o martes 14 de decembro, ás 19 horas, nos Multicines Norte (Vía Norte, Vigo)

Os Multicines Norte ofrecen a posibilidade de facer a compra anticipada de entradas en:

Enlace á Web de Multicines Norte para compra anticipada de entradas

 A película

Sacar á luz é un moi suxestivo título para un documental polo que ten de crear expectativa respecto ao que está oculto, agochado, o que é non nato.

Pero se de memoria histórica falamos, engadimos o tráxico compoñente de todo aquilo que foi silenciado, que non se transformou en relato porque permaneceu oculto nas gorxas das vítimas por medo, por pánico, por vergoña ou por sentimento de culpa.

Nun exercicio de dignificación social, as irmás Gema e Mónica del Rey Jordá (artistas integrantes de Art al Cuadrat) e a psicóloga e antropóloga María Dolores Martín Consuegra Martín Fontecha, realizan o documental co devandito título, nomeado a 7 premios Goya na actual edición.

Nel relátanse as memorias de mulleres que foron rapadas durante o franquismo, xunto con testemuñas das súas fillas e netas, así como de persoas investigadoras sobre o tema; a través dun exercicio inter-xeracional vanse debullando as causas e consecuencias do silencio.

O rapado do cabelo escondía as humillacións, desprezos, torturas, violacións e os desfiles moitas veces baixo os efectos do aceite de ricino. Unha vez máis, utilizar o corpo da muller para humillar os vencidos.

A cinta relata o sufrimento que marcou a vida de varias xeracións, nun fío que pretende ter un efecto terapéutico e pedagóxico para toda a sociedade e dar a coñecer o pasado para dignificar as vítimas.

Para que non nos asolague un Río de Esquecemento, para curar os hematomas dos ósos baixo terra que non serán po mentres non se saque á luz o que agocharon. Por iso a necesidade de documentais como o que agora o Ateneo Atlántico presenta.

 Montse Fajardo

A presentación da película correrá a cargo de Montse Fajardo (Vilagarcía de Arousa, 1973), xornalista e escritora galega.

Despois de estudar Ciencias Políticas e da Administración e de facer un máster en Dereito das Administracións e Institucións Públicas, comezou a traballar como periodista en diferentes medios de comunicación, primeiro no Salnés, e logo a nivel galego. As súas colaboracións asoman tanto desde medios escritos como radiofónicos.

Motse forma parte do equipo do programa A memoria das mulleres, promovido pola Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra para dar a coñecer en centros educativos as consecuencias da sublevación en Galicia; a súa participación é coa charla "A represión sobre as mulleres tras o golpe de Estado do 36".

cinemAteneo. Billy

BILLY

Sobre a impunidade, a tortura e o silencio

Mércores 10 de novembro 20 horas
Multicines Norte
Ateneo Atlántico
Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36
Asamblea Republicana de Vigo

O Ateneo Atlántico, xunto coa Asemblea Republicana de Vigo e a Asociación viguesa pola memoria histórica do 36 organizan a presentación do documental Billy.

O proxección, co coloquio posterior, terá lugar o mércores 10 de novembro, ás 20 horas, nos Multicines Norte (Vía Norte, Vigo)
A partir do sábado 6 será posible facer a compra de entradas na páxina web dos Multicines Norte.

Enlace á Web de Multicines Norte para compra anticipada de entradas

 A película

Aínda que inicialmente Billy foi concibida como un relato de ficción sobre a figura de Antonio González Pacheco, máis coñecido como Billy El Niño, dificultades económicas e, en parte tamén, de axenda do actor que ía encarnar ao policía torturador, fixeron que finalmente Max Lemcke, director do filme, optase pola realización dun documental que, rodado sen subvencións de ningún tipo, acabaría sendo financiado exclusivamente por crowfunding. Porén, tal limitación que lastra ao filme como produto técnico-visual, non lle resta un ápice de importancia como documento histórico-memorialista, mesmo poderíamos establecer unha certa metáfora entre as limitacións da produción do filme e as limitacións e atrancos, tamén de medios económicos, que impiden o desenvolvemento das políticas memorialistas que buscan verdade, xustiza e reparación e que loitan contra a impunidade dos crimes do franquismo.

O proxecto naceu a partires dun titular de prensa: “El 30 de abril de 2014, la Audiencia Nacional rechaza la extradición a Argentina de Antonio González Pacheco, alias “Billy el Niño”, argumentando que los delitos de sus torturas durante la ditadura habían prescrito”. Con esta noticia como pretexto, os promotores do filme pretenderon levar a cabo unha viaxe panorámica ao pasado a partir de 20 testemuñas de prisioneiros e prisioneiras antifranquistas superviventes de Billy, todos eles, na súa meirande parte, activistas universitarios, que narran diante da cámara de Lemcke as súas experiencias nos calabozos da Dirección Xeral de Seguridade.

A película recrea unha viaxe ao pasado pero ollado dende o presente; un presente ausente e libre de calquera sinal ou insinuación á vinganza ou ao revanchismo, só necesitado de xustiza para as vítimas. Moitas foron e son as feridas que deixou abertas a ditadura e que aínda non teñen cicatrizado; Billy el Niño nunca foi levado diante da xustiza e morreu condecorado e na máis absoluta impunidade.

Para os produtores do filme “Billy imaxina unha historia usando a crúa realidade. É un reflexo dun país cheo de contradicións. A Transición Española como un documento de traizón, culpa e sangue. Ocorrida hai apenas catro décadas, poucos saben do seu relato oculto. É a hora de arroxar luz sobre as sombras que cimentan a nosa democracia”

Ao final da proxección haberá un coloquio con Flor Baena, irmá de Xosé Humberto Baena e con Miguel Ángel Gómez e Francisco Rodrigues Veloso, ambos torturados por Billy El Niño.

O acto será presentado por Celso López Pazos por parte da Asemblea Republicana de Vigo, e Elvira González Comesaña en representación do Ateneo.

CinemAteneo. A influenza do Anime en Occidente

 

CinemAteneo
A influencia do Anime en Occidente
Alexandre Escariz
Modera Emilio Fdez. Zunzunegui
Mércores 9 de xuño de 2021, 20 horas
Plataforma Zoom

Película recomendada
A tumba dos vagalumes

ENLACE PARA A CONEXIÓN A ZOOM
ID: 842 3876 9782
Código:105030
Instrucións para acceder a Zoom

cinemAteneo. O gran manipulador

 


CinemAteneo
A Gran Manipulación
Mércores, 24 de febreiro, 19 horas
Jorge Álvarez Yágüez
Carme Adán

A teoría política do auxe dos movementos de ultradereita

Modera: Remedios Copa

Continuando co modelo inaugurado na sesión anterior (Vivenda, Afectividade e Saúde, Ver Vídeo do debate), o Ateneo Atlántico programa unha nova sesión do cinemAteneo.

A actividade consta de dúas fases.
Na primeira, recoméndase a visión dunha película que servirá como introdución ao coloquio posterior. O visionado farano cada quen individualmente e pola súa conta.
Con posterioridade, dous relatores debaterán sobre diversos aspectos do tema xenérico da sesión.

A película (The Brink) pode verse na plataforma Filmin (filmin.es), e na filmoteca da rede de bibliotecas de Castela e León (cinecyl.efilm.online).

Enlace para seguir o faladoiro a través da plataforma Zoom:

ATENCIÓN  NOVO ENLACE

NOVO ENLACE

ID de reunión: 873 9140 4629

Código de acceso: 376744

O tema. A manipulación

O fenómeno da manipulación de masa é algo que o poder político utilizou ao longo da historia. Se a repasamos, encontrámonos con enganos, propagandas e mentiras na antiga Roma de hai 2000 anos.

O auxe da televisión e as redes sociais convertidas nun fenómeno de masas xerou o que empeza a considerarse coma o tridente mortífero contra a verdade. Se ao anterior unimos outro fenómeno, a globalización, a unión destes factores, aderezada coas fake news dispara as posibilidades de manipulación social.

A manipulación de masas é a historia de como millón de persoas, independentemente da súa ideoloxía, crenzas, sentimentos ou medos, foron vítimas de enganos que as conducen a conviccións erradas e promoven actitudes ao servizo de obxectivos encubertos que as masas descoñecen.

No seo do Ateneo Atlántico preocupa as propagación das fake news e os seus efectos perversos na sociedade e, como nada se escapa á desinformación provocada pola manipulación, a pandemia do COVID 19 non podía ser menos. Para paliar a información errónea e fomentar o criterio científico, organizouse o debate sobre vacinas en tempos de pandemia.

A película. The Brink

A película O Gran Manipulador, escollida pola comisión de cinema do Ateneo Atlántico como base do debate para a próxima sesión on-line o día 24 de febrero, responde a preocupación polo auxe dos movementos de ultradereita, dos ultranacionalismos, proteccionismos, actuación de control dos medios de comunicación, o manexo da liberdade de expresión e os mecanismos que están detrás de todo iso.

Neste sentido, pensamos que O Gran Manipulador, retrato de Steve Bannon, o estratega da campaña electoral de Donald Trump en 2016 e ideólogo do trumpismo, considerado entón como o home máis poderoso do mundo, apartado do equipo de Trump en agosto de 2017 e reincorporado de novo nos últimos tempos, pode ser un bo pano de fondo para bordar, polo menos en parte, o que se está a mover na trastenda nos nosos tempos.

A película, estreada en España en maio de 2020 está formulada como unha crónica da vida persoal de Steve Bannon e da súa carreira política, cunha marcada actividade en Europa tratando de introducir movementos de extrema dereita no Parlamento Europeo que se constituiría tras as elección de maio de 2019.

Dirixida por Alyson Klayman e protagonizada polo propio Bannon, O Gran Manipulador, recolle o seguimento do día a día durante os meses en que Bannon intentou aglutinar a extrema dereita europea baixo o manto dun novo movemento. O resultado desa filmación próxima e permanente, documéntanos sobre o seu traballo para estender o nacionalismo de ultradereita que implementou de EEUU e outros países, sobre todo europeos, onde destacan as súas actividades na chamada “Batalla por Europa”.

As actividades de Bannon para crear a unión da ultradereita católica, branca e patriota en Europa inclúen servizos prestados a Orban, Marine Le Pen, Salvini, Vlaams Belang, Nigel Farage, Santiago Abascal e o convite a Pablo Casado. 

No tocante á súa traxectoria, podemos dicir que Steve Bannon é o ideólogo da ultradereita.
Pasa pola Mariña norteamericana, traballa como banqueiro de investimento en Golman-Sach, foi deseñador do Tea Party, presidente executivo de Breibart News, presidencia que perdeu tras a súa ruptura con Trump.
Foi apartado da Casa Branca polas acusacións de fomentar unha política de fanatismo, odio e violencia que enfrontaba os estadounidenses; namentres, el defendíase dicindo que a súa formulación non é un nacionalismo branco senón un nacionalismo económico.
Suspendido de twitter por pedir a decapitación do Doutor Fauci e do director do FBI e poñer as súas cabezas en dúas picas na Casa Branca, vetado por Youtube pola mesma razón e acusado de estafar diñeiro dos donantes para a construción do muro na fronteira con México, non foi obstáculo para que Trump o reincorporase recentemente de novo ao seu equipo, e que incluso fixera algo máis por el: indultalo por delitos que lle podían supor hasta 20 anos de prisión.

Os tertulianos

Jorge Álvarez Yágüez (Ourense, 1954).
Doutor en Filosofía pola UCM, foi Catedrático de Filosofía de Instituto.
Pertence a diversos grupos internacionais de investigación.
O seu traballo desenvólvese, nun sentido, amplo no campo da filosofía política e da teoría crítica.
É autor de numerosos libros entre os que podemos citar Michel Foucault, verdad, poder y subjetividad (1995, 2006), Individuo, libertad y comunidad (2001) ou El último Foucault (2013).
Editou (Introdución, tradución e notas) varios compendios de textos de Foucault e participou en máis de unha ducia de libros colectivos,
Colaborador en diversas revistas: Claves, Isegoría, Debats, Pasajes, RIFP, Res Publica, etc.

Carme Adán (Donostia, 1966).
Doutora en Filosofía, ensaísta e política galega.
Presidiu a Aula Castelao de Filosofía desde 1997 até 2005.
Foi Secretaria Xeral da Igualdade no Goberno galego, Presidenta da Unidade Muller e Ciencia de Galicia, deputada no Parlamento galego polo BNG.
No exercicio dos seus cargos redactou a Lei galega para a prevención e o tratamento da violencia de xénero e foi relatora das sucesivas modificacións no Parlamento galego.
Publicou Feminismo e coñecemento en Espiral Maior (2003), traducida ao castelán en (2006).
En 2011 recompilou en Cartografías do derrubo dous anos de actividade periodística na sección de opinión de Xornal de Galicia.
Algunhas das súas publicacións máis recientes son Cyborg, en Barbarismos queer e outras esdrúxulas en Edicions Bellaterra (2017), Conceptualizar la violencia contra las mujeres: ¿una reflexión epistemológica pendiente? na Revista Andaluza de Antropología (2018), Conceptos y violencias: espacios para el debates sobre la violencia obstétrica en Violencia obstétrica da editorial Tecnos (2018) e How many shades does femicide have? Reflections from feminist epistemology en Knowlegdes, Practices and activism fron Feminist Epistemologies (Vermon, 2019).
En novembro de 2018 publica Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en temos de submisión, na editorial Galaxia, que en febreiro de 2020 ve a súa cuarta reimpresión. En maio de 2019 foi publicada en castelán e en setembro de 2019 en catalán.
Na actualidade exerce como Catedrática de Filosofía no IES Politécnico de Vigo e coordina a sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega.

Vivenda, afectividade e saúde

cinemAteneo
Vivenda, afectividade e saúde
Xosé Manuel Souto González
Zulmira Aurea Cruz Bomfim
Ramón Viéitez Rodríguez
Modera Anabel Mariño Bahamonde
Película: Playtime, de Jacques Tati

O cinemAteneo, a sección de cine do Ateneo Atlántico, viuse na obriga de paralizar a súa habitual programación a causa da situación tan complexa que estamos a vivir. Mais, malia que con outro formato, retomamos o camiño.

Con ese propósito, o próximo xoves, 17 de decembro ás 18,30h. organizamos un encontro telemático no que reflexionaremos sobre os condicionamentos do noso hábitat / habitación no que atinxe ao benestar e á sempre procurada felicidade. O título do acto é : “Vivenda, afectividade e saúde”.

Playtime

A película que, desta xeira, pretendemos sirva de motivación, introdución e fío condutor do interesante tema que se vai debater é “Playtime” do xenial Jacques Tati, polo tanto, recomendamos que todos os asistentes ao acto a teñan visto previamente.
Pódese ver, entre outras, nas seguintes canles:

  • Vimeo, acceso de balde en versión orixinal sen subtítulos:
    https://vimeo.com/groups/584975/videos/332454159

  • Filmin, plataforma de cine independente
    (aluguer 72h por 1,95€).

  • Amazon Prime Video
    acceso libre a clientes Prime.

  • Outras plataformas populares de xeito gratuíto.

 Playtime, como toda a filmografía de Tati, amosa o transcurso do tempo e tamén a evolución da sociedade, manifestándose ámbalas dúas na simboloxía transformadora que vincula a arquitectura cos cambios sociais e as relacións persoais, coa vinculación afectiva e a percepción do contorno ou, dito doutro xeito, como o contorno da habitabilidade modifica vínculos e afectos nas persoas.

Se a primeira película de Tati, desenvólvese nun contorno rural, a seguinte xa contempla un enclave turístico; posteriormente, en “O meu tío” representa o contraste entre un barrio tradicional y una moderna zona residencial, na que coincide a destrución do barrio e a marcha do protagonista no avión a outro lugar por motivos de traballo. Tati va retratando así os cambios que se producen no contorno da habitabilidade á vez que muda o xeito de vida e os hábitos das persoas.

En Playtime desaparece a Francia tradicional e a escena sitúase nun moderno aeroporto que, de entrada, podería ser calquera cousa, pero que iremos identificando conforme se escoita o anuncio da chegada do próximo voo. Esa escena, en principio inocua, reflectirá certa estrañeza e, a partir de aí, nos irá sorprendendo coa sensación de que todo é impersoal, frío, desconcertante, onde todo semella abstracto.

É o retrato da Francia da posguerra e dos cambios sociais que parecen diluílo todo. A uniformidade dificulta a orientación e as relacións sociais vólvense confusas e difíciles; cada persoa vaga a toda présa nesa maraña cun propósito distinto.

A apoteose que brinda a escena final ben podería darse nalgunha situación actual en calquera outro lugar.

En definitiva, o obxecto da película non é outro que insinuar como o contorno condiciona as nosas vivencias e inflúe profundamente nas nosas emocións, no comportamento e na saúde, tanto mental como física.

Como dicía Espinosa, a calidade democrática dunha cidade non pasa polo criterio de lexitimidade ou ilexitimidade do poder, se non que se define polos afectos que a cidade provoca nas persoas.

 Se ben utilizaremos a película de Tati como referente, hai outras moitas que poden ilustrar o tema do debate. Algunhas destas obras recomendables sobre o tema a tratar son:

  • Documental “La Escala Humana”, na web de TVE.

  • Documental “En Construcción” (2001), dirixido por José Luis Guerín.

  • La mujer de la Arena (1964), dirixida por Hiroshi Teshigahara, sobre a vivenda confinada.

  • La estrategia del Caracol (1993), dirixida por Sergio Cabrera.

  • El pisito (1959), dirixida por Marco Ferreri.

Vivenda, afectividade e saúde

Para ilustrarmos sobre os diversos aspectos que inciden en algo tan importante coma as condicións de habitabilidade nos acompañarán no acto, que titulamos Vivenda, afectividade e saúde: Xosé Manuel Souto González, doutor en xeografía e historia, especialista sobre territorio e urbanismo; Zulmira Aurea Cruz Bomfim, doutora en psicoloxía social e especialista en psicoloxía, ambiental e social. Ramón Viéitez Rodríguez, arquitecto entregado ao coidado do patrimonio arquitectónico de Vigo. Actuará como moderadora, en representación do Ateneo Atlántico, Anabel Mariño Baamonde.

Para acceder ao acto telemático utilizaremos a plataforma Jitsi Meet a través do seguinte enlace:

https://meet.jit.si/PresentAddressesPlaceWhere

Ademais das opinións que se manifesten respecto do argumento da película, teremos a oportunidade de reflexionar sobre numerosos e variados temas.

  • A planificación urbanística e o deseño interior das vivendas
    • Que planificación urbanística precisamos?
    • Insuficiencias máis habituais na estrutura das vivendas; son doadas de superar?: localización, servizos, sostibilidade, xestión dos residuos...
    • Caducidade e/ou transformacións dos modelos... véxase Barrio de Coia.
  • Pero sobre todo como esas planificación e deseño impactan:
    • Na saúde, cales son as consecuencias na saúde física e mental dos moradores.
    • Na construción social:
      • É posible acadar o dereito humano e constitucional dunha vivenda digna universal?
    • Distribución dos espazos públicos – privados / comúns – individualizados.
    • É posible unha estrutura vivencial que contemple a superación de illamento e/ou abandono das persoas maiores e dependentes?
  • Todo isto sen desatender deteminados aspectos de gran influencia como:
    • Aspectos xeográficos e demográficos.
    • Éxodo rural – cidade – rural... inevitable ?, desexable?, compatible?, necesario?
    • Superpoboación, un problema real?
    • Derivadas económicas:
      • Alugamento versus propiedade.
    • Espazos urbanizados  coas mellores  premisas, implican necesariamente incremento de status social, incremento do valor, expulsión das rendas máis baixas?
    • As poboacións demasiado pequenas, poden acadar a masa crítica necesaria para xerar servizos básicos desexables? Como educación, sanidade, emprego, cultura/ocio, dependentes...
    • Cascos vellos, históricos..., inevitable a súa transformación en parques temáticos non residenciais?
    • Axentes activos no cambio, o rol das administracións, comunidades de montes... na transformación da paisaxe.

E en xeral... mellorarían as expectativas se a cidadanía fose educada, ética e esteticamente, na importancia dos espazos vivenciais cara o seu benestar físico e emocional?

Os nosos invitados

Para debater sobre os aspectos mencionados contamos coa presenza de tres convidados de especial relevancia.

Xosé Manuel Souto González

 Xosé Manuel Souto 

Nado en Vigo, é doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, profesor titular da Universitat de València (Didáctica das ciencias sociais) e catedrático de Xeografía e Historia de Ensino Secundario.
A súa tese de doutoramento titúlase Desartellamento social e caos urbanístico. Vigo, 1960-1980.
É membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e membro fundador do Instituto de Estudos Vigueses.
Foi asesor de formación permanente do profesorado e profesor colaborador de formación inicial nas Universidades de Alacant e Valencia.
Dirixiu os Estudos Estratéxicos do Eixo Atlántico e o Consejo Directivo del Geoforo Iberoamericano de Educación.
Os seus intereses céntranse na didáctica da xeografía e na ordenación do territorio e urbanismo na euro rexión do noroeste peninsular.
Codirector de teses doutorais sobre ensino da xeografía, acuicultura e ordenación do medio nas Rías Baixas, ten dirixindo memorias de licenciatura sobre as mesmas temáticas.
Relator en diversos congresos internacionais sobre educación e xeografía forma parte de Consellos de Redacción e asesor de diferentes revistas universitarias e internacionais.
Coordina o proxecto educativo Gea-Clío, no campo da formación do profesorado e investigación educativa.
Forma parte de diversos movementos sociais e culturais de Valencia e Galicia, sempre disposto a colaborar desinteresadamente na difusión do coñecemento crítico para mellorar as condicións sociais.
Entre as súas publicacións cómpre subliñar:

        Vigo. Cen anos de historia urbana (1880-1980), Xerais, 1990.
        O Val Miñor, entre as transformacións rurais e as innovacións urbanas
, 1991.
        Vigo: proxecto e realidade do medio periurbano
, 1994.
        As parroquias
, 1995.
        Vivendas e cidades,
1997
        Planeamento estratéxico e mercadotecnica territorial
, 2001

Zulmira Aurea Cruz Bomfim

 Zulmira Cruz 

Licenciada en Psicoloxía pola Universidade Federal de Ceará (1985), Maestrazgo en Psicoloxía pola Universidade de Brasilia (1990) e Doutora en Psicoloxía Social pola Pontificia Universidade Católica de São Paulo (2003)
Investigadora da Universidade de Barcelona no Espazo Público e Rexeneración Urbana (2001) e Postdoutorado na Universidade de A Coruña (2011)... e, así ate un total de 26 titulacións.
Como Profesora Titular do Programa de Posgrado en Psicoloxía da Universidade Federal de Ceará, desenvolveu a investigación sobre a líña de vulnerabilidade social e procesos psicosociais.
Traballa nas áreas de Psicoloxía, Ambiental e Social, actuando principalmente nos seguientes temas: Cidade, mapas afectivos e comportamentos proambientais, vulnerabilidade socioambiental e xuventude.
Participou en innumerables congresos e eventos científicos. Autora de diversos libros sobre a psicoloxía social e a afectividade publicou ducias de artigos en diferentes revistas universitarias de diversos paises.

Ramón Viéitez Rodríguez

 Ramón Viéitez Rodríguez 

Ramón Viéitez Rodríguez é arquitecto pola ETSA de A Coruña e ten o Mestrazgo en rehabilitación e renovación urbana pola Universidade de Santiago de Compostela. Na Escola Galega de Administracións Públicas superou o «Curso de arquitectos ao servizo da administración». É perito xudicial inmobiliario pola Universidade Politécnica de Cataluña.
Impartiu tres obradoiros creativos de arquitectura para menores no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela.
Xunto con Alberto Cebral e Iria Rivas fundou o estudo de arquitectura e consultora técnica Arquétipos!, construíndo obras en diversas tipoloxías.
Co-promotor do Espacio Nido, un local para o traballo colaborativo, dende o que se desenvolven múltiples eventos culturais, situado na rúa Ferrería do Casco Vello de Vigo.
Coautor e editor dos libros da colección: "N550 da estrada á rúa", proxecto editorial de 6 volumes que pretende estudar o fenómeno da cidade difusa galega e que pode atoparse en librerías como Versus. Dito proxecto ten o propósito de indagar sobre a cidade que se espalla inexorablemente por grande parte da xeografía, esa urbe que algúns teóricos coinciden en cualificar de difusa, outros de fragmentada e incluso algúns de global.
Partícipe da fundación da Asociación do Barrio Alto do Casco Vello de Vigo que aposta pola integración social entre novos e vellos convivintes nun contexto dun barrio en proceso de transformación.
Froito deste compromiso promove a web multimedia “Fairúa” (www.fairua.com) para a posta en valor do patrimonio material e inmaterial, fomentando a cohesión social e promovendo o turismo responsable no citado barrio.

CinemAteneo. A visitadora de cárceres

 Mércores 11 de marzo, 19.40 horas
CinemAteneo
Concepción Arenal
(A visitadora de cárceres)
Presenta: Carmen Becerra
Multicines Norte


Neste ano no que se conmemoran os douscentos anos do nacemento de Concepción Arenal, o Ateneo Atlántico quere sumarse aos múltiples recoñecementos que se lle están a dedicar por todos os recunchos do país a esta pioneira do feminismo en Galicia e en España.

Ademais do acto do venres 6 de marzo (Concepción Arenal, vida, pensamento e acción), e dalgunha que outra sorpresa que gardamos para máis adiante, a comisión de cine do Ateneo decidiu dedicar a sesión do cinemAteneo de marzo a esta excepcional muller.

E, para iso, imos proxectar a película Concepción Arenal, a visitadora de cárceres, producida por Televisión Española en 2012.A película narra o período de mediados do século XIX en que Concepción Arenal, avogada, feminista e escritora, dedicou parte do seu tempo á función de visitadora de cárceres na prisión de mulleres da A Coruña. Este período será fundamental para configurar o seu pensamento e dará como resultado algunhas das súas obras clave; as reflexións e escritos desta fase da ferrolá servirán de base para a reforma do sistema penitenciario español.

Ficha técnica
Título orixinal: Concepción Arenal, la visitadora de cárceles
Ano: 2012
Duración: 80 min.
País: España
Dirección: Laura Mañá
Guión: Laura Mañá, Rafa Russo
Música: Francesc Gener
Fotografía Sergi Gallardo
Reparto: Diana Gómez, Blanca Portillo, Mabel Rivera, Òscar Rabadan, Pere Arquillué
Produción: Distinto Films / Zenit TV / Televisión de Galicia (TVG) / Canal Sur Televisión / ICIC Sinopse: TV Movie sobre Concepción Arenal na súa faceta como visitadora de cárceres de mulleres. A súa loita por cambiar a concepción que había sobre os delincuentes e o que tiñan que ser os cárceres modernos. (FILMAFFINITY)
Premios 2013: Premios Gaudí: Nominada a Mejor película para TV.

Para a presentación contaremos con Carmen Becerra Suárez, doutora en Filoloxía Hispánica pola Universidad de Santiago de Compostela e profesora titular de “Teoría da literatura e Literatura comparada” na Universidade de Vigo. Coordinadora do grupo "literacine" da Universidade de Vigo que organiza os Congresos bianuais de “Cine e Literatura”.

O Ateneo Atlántico quere agradecer a Distinto Films produccións e a RTVE a cesión dos dereitos de exhibición da película.

Cinema no Cubo: Kiarostami, con Álvaro Gago

Cinema no Cubo
Con Álvaro Gago
Dúas curtas de Abbas Kiarostami
Mércores 26 de febreiro, 19.30h
Espazo Cubo

Na sesión de febreiro do noso Cinema ao Cubo, o invitado para que comparta a súa película favorita con nós, é un dos mellores directores vigueses da última fornada: Álvaro Gago.

Álvaro Gago saltou aos medios a raíz de Matria, a súa terceira curtametraxe, e despois de gañar con ela o premio especial do xurado no Festival de cine Independente de Sundance (2018). Ademais, Matria foi merecedora do premio á mellor curtametraxe na SEMINICI de Valladolid, nos Mestre Mateo ou no Indielisboa; tamén estivo nominada á mellor curtametraxe dos Goya 2018.

Álvaro Gago proponnos unha visita inédita ao iranianio Abbas Kiarostami, exprofesor do propio Gago nos seus talleres de cine e onde aprendeu que o cine de Kiarostami é aquel lugar "onde conviven o fugaz e o eterno".
E farano a través dunha conversación ao redor de dous dos seus filmes: Nān o Kūcheh (O pan e a rúa), curtametraxe de 1970 e ¿Khane-ye doust kodjast? (Onde está a casa do meu amigo?), longametraxe do ano 1987.

Cando o director fala de si mesmo (Álvaro Gago).
Estudei Comunicación Audiovisual na Facultade de CCSS de Pontevedra, atraído polo descoñecido: que era aquilo que facía que Xaime Fandiño ou José Luís Castro de Paz se dirixisen a nós con tanta paixón? Eles dous plantaron a semente.
No 2008 marchei a Chicago onde traballei en teatro por accidente. Un ano despois estaba vivindo en Londres e formando parte dunha escola de cinema onde coñecín a xente que rematou por introducir en min o bicho do celuloide: unha fortuna e, ás veces, unha maldición. Non culpo a ninguén. Seguen sendo os meus amigos.
Eu daquelas era xa un apaixonado dos neorrealistas italianos (De Sica, Rosellini, Visconti) aos que defendía ardorosamente en cada unha das conversacións de pub que se formaban ao saír da escola. Nunha delas saíu o nome de Abbas Kiarostami. Non o coñecía. Recomendáronme varios filmes, entre eles, os dous que veremos nesta sesión.
Vinos ao día seguinte nun ciclo de cinema iraniano que organizamos na casa, e xa nunca me desprendín deles.

Son a persoa que son grazas á liberdade individual coa que desenvolvín a miña vida fóra. Grazas á saudade pola paisaxe, a lingua, a familia e o lar, atopei o meu lugar no mundo. O cinema de Kiarostami xogou un papel fundamental no fomento da morriña e no proceso de toma de conciencia que fixo que valorase moito mais o meu lugar de orixe e as persoas que o habitan. É por iso que pensei nel cando o Ateneo Atlántico me propuxo este encontro.
Que paradoxal ter que viaxar ata Irán para sentirse mais preto das túas orixes...


CinemAteneo: Hannah Arendt

cinemAteneo
Hannah Arendt
Presenta Ángel Pérez
Martes 18 Febreiro · 19:40h
Multicines Norte

Sempre hai motivos, máis ou menos próximos, para achegarse ao pensamento teórico de Hannah Arendt. O concepto da "banalidade do mal" que ela introduciu, tense convertido nunha auténtica pedra filosofal para entender os acontecementos do noso presente. Moitas veces mal interpretada, dende o Ateneo Atlántico queremos achegarnos á súa obra e influencia da man da película que sobre ela se estreou no ano 2012 e do coloquio posterior, presentado por Ángel Pérez, do Seminario de Filosofía.

Ficha Técnica:
Título: Hannah Arendt
Ano: 2012
País: Alemaña
Duración: 113 min
Dirección: Margarethe Von Trotta
Guión: Margarethe Von Trotta e Pam Katz
Intérpretes: Barbara Sukowa, Axel Milberg, Janet McTeer, Julia Jentsch
Sinopse: Biografía filmada da vida da pensadora alemá, e o seu traballo como xornalista durante o xuízo a Adolf Eichmann, que lle levou a escribir o libro "As orixes do totalitarismo" e a convertela nunha das teóricas máis influentes da segunda metade do século XX.

Cine ao Cubo: A historia oficial

Cine ao Cubo
La historia oficial
Con Celso López Pazos
Mércores 29 de xaneiro, 19.30 horas
Espazo Cubo

O mércores 29 de xaneiro teremos unha nova sesión de cine no Espazo Cubo.
Nesta ocasión o invitado será Sergio López Pazos, que elixiu, para presentarnos, a película La historia oficial, do director arxentino Luis Puenzo.
Trátase dunha multipremiada película sobre as desaparicións na ditadura militar arxentina; entre os galardóns recibidos destaca o Óscar de 1985 á mellor película estranxeira.

Ficha Técnica

Ano 1985
Duración 110 min.
País Arxentina
Dirección Luis Puenzo
Guión Aida Bortnik e Luis Puenzo
Música Atilio Stampone
Fotografía Félix Monti
Reparto Héctor Alterio, Norma Aleandro, Hugo Arana, Chunchuna Villafañe, Lidia Catalano, Chela Ruiz, Patricio Contreras, Guillermo Battaglia, Daniel Lago
Produción Historias Cinematográficas / Progress Communications

Argumento

Bos Aires, 1983. Nos últimos anos da ditadura militar arxentina, unha acomodada profesora de historia comeza a tomar consciencia do ocorrido nese período. As súas sospeitas sobre os escuros asuntos do seu marido e a relación cunha aboa de Praza de Maio que busca á súa neta son os motivos que a levan a reformularse toda a 'historia oficial'. ( De Filmaffinity)

Premios

1985: Óscar: Mellor película de fala non inglesa. 2 nominacións
1985: Globos de ouro: Mellor película de fala non inglesa
1985: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor actriz (Norma Aleandro)
1985: Asociación de Críticos de Os Anxeles: Mellor película estranxeira
1985: Festival de Cannes: Premio do Xurado Ecuménico e mellor actriz (Norma Aleandro)
1985: Festival de Toronto: Mellor película (Premio do Público)
1985: Festival de Chicago: Hugo de Ouro - Mellor película
1986: Premios David di Donatello: Mellor actriz estranxeira (Aleandro). 5 nominacións
1986: Festival de Berlín: Premio Interfilm - Premio Otto Dibelius Film

CinemAteneo: Ao outro lado

CinemAteneo
Ao outro lado (Auf der anderen Seite)
 Mércores 15 de xaneiro de 2020, 19.40 horas
Multicines Norte
Ao outro lado
 
Ficha Técnica
  • Auf der anderen Seite
  •  Alemaña 2007
  • Dirección: Fatih Akin
  • Duración: 122 min.
  • Guion: Fatih Akin
  • Música: Shantel
  • Fotografía: Rainer Klausmann
  • Reparto:Tuncel Kurtiz, Nursel Köse, Patrycia Ziolkowska, Hanna Schygulla, Nurgül Yesilcay, Baki Davrak
Sinopse
 A película está ambientada entre Alemaña e Turquía.
 Una serie de encontros, relacións e mesmo mortes poñen en contacto as fráxiles vidas de seis persoas que unicamente buscan o perdón e a reconciliación. Nejat (Baki Davrak) non aproba a relación que seu pai (Tuncel Kurtiz), pensionista, mantén coa prostituta Yeter (Nursel Köse). Sen embargo cambia de opinión cando sabe que a muller manda cartos a Turquía para pagar os estudos universitarios da súa filla. A inesperada moerte de Yeter distancia ao fillo e ao pai. Nejat decide irse a Estambul a buscar a Ayten, a filla de Yeter, pero a moza é unha activista política que, fuxindo da policía turca, fuxiu a Alemaña... (De: Filmaffinity)
Distincións
2007: Festival de Cannes: Mellor Guión, Premio do Xurado Ecuménico
2007: Premios do Cine Europeo: Mellor guión europeo. 3 nominacións
2007: Premios Cesar: Nomeada a Mellor Película estranjera
2007: Premios do cine Alemán: 4, incluíndo mellor película e mellor director
2008: Premios Goya: Nomeada á mellor Película Europea
Máis información: http://www.golem.es/alotrolado/

Prezos: 3 euros asociados, 4 euros público xeral

CinemAteneo: Mañá

CinemAteneo
Mañá (Demain, 2015)
Multicines Norte
Mércores 18 Decembro · 19:40h

Cando a emerxencia climática, o quecemento global, e as transformacións económicas e socias dos últimos anos parecen ofrecer unha visión negativa e desacougada do futuro, son máis necesarias que nunca as películas como Mañá (Demain, 2015). Gañadora do Cesar francés á mellor película documental de 2015, a visión dos seus autores, Cyril Dion e Mélanie Laurent, é a de ofrecer alternativas, mostrar os cambios posibles e reais que xa se teñen feito, e falar da capacidade do ser humano para atopar solucións e facer propostas que cambian o resultado das cousas. Así, dividida en cinco bloques, e espalladas por todo o mundo, a película pretende dar respostas concretas á temida pregunta "e agora, qué podemos facer?"
  • Para propoñer puntos de vista no debate posterior, contaremos con Carmela García González, Catedrática de Bioloxía na Ensinanza Media, e colaboradora en revistas como "Página abierta" ou "Inzar Razón" sobre temas relacionados co medioambente, a sostenibilidad e a participación cidadá.
O prezo será o habitual, 3€ para socios/as e de 4€ para non socios. A venta de entradas realizarase directamente nas billeteiras do cine.

Ficha Técnica:
Título: Mañá (Demain)
Ano: 2015
País: Francia
Duración: 118 min
Dirección: Cyril Dion, Mélanie Laurent
Guión: Cyril Dion
Sinopse: Documental que, botando unha ollada sobre cinco temas (Agricultura, enerxía, economía, educación e democracia) pretende unha reflexión optimista do mundo futuro.

30 Anos de CineGalicia

Celebrando os 30 anos de CineGalicia
con Uxía Blanco, Pancho Casal, Alfredo García Pinal e Miguel Anxo Fernández
Xoves, 21 novembro · 19:30h
Salón de Actos do MARCO · r/ Príncipe 54

Neste mes de novembro de 2019 estamos a conmemorar os trinta anos da mostra CineGalicia. Trinta anos desde aqueles 23, 24 e 25 de novembro de 1989 nos que o cine Fraga, tristemente hoxe pechado, foi testigo excepcional da estrea de tres longametraxes galegas: Sempre Xonxa, Continental e Urxa.
Cinegalicia e o Fraga foron, durante tres días, un gran plató de cine que converteu a cidade de Vigo na capital galega do audiovisual, o cerne dunha maravillosa etapa da que estamos a recoller os froitos con novos directores e directoras como Oliver Laxe, Diana Toucedo, Eloy Enciso, Lois Patiño,  Alfonso Zarauza,  Alvaro Gago, Anxos Fazáns e outros moitos que están a levar o cine feito en Galicia a un importante nivel internacional.
Treinta anos despois o Ateneo Atlántico quere render unha homenaxe ás persoas que loitaron por conseguir que aquelas tres longametraxes marcases o inicio dunha fermosa historia. Neste acto conmemorativo que hoxe organizamos contamos con autores e executores que nos falarán da milagre Continental, Sempre Xonxa e Urxa, un representante de cada unha das tres películas que viron a luz naquelas históricas xornadas.
Entrada libre ata completar aforo (140 persoas )

  • Uxía Blanco, protagonista de Sempre Xonxa.
O guión de Sempre Xonxa coñeceu o seu primeiro bosquexo xa a finais de 1985. A inspiración encontrouna Chano Piñeiro nas historias da emigración que oíra relatar no seu Forcarei natal e nas aldeas de Rubillón e Baíste (Avión), nas que gravou Mamasunción. Pasou por ata nove versións antes de chegar ao guión definitivo en 1988. Santoalla, no Concello de Petín, sería o Trasdomonte da ficción. A rodaxe comezou en 1988, pero por motivos económicos e técnicos, demorouse durante ano e medio. Por fin puido estrearse en 1989 para acadar un gran éxito nos cines de Galicia.
  • Pancho Casal, produtor de Continental.
Continental, de Xavier Villaverde, trasládanos a mediados do século XX, cando dúas faccións mafiosas se disputan a sala Continental, un bar-prostíbulo sito nunha zona portuaria. Os líderes das dúas bandas estiveran no pasado ás ordes do mesmo capo, Gonçalves, a quen deran morte na procura de poder. Continental, contou coa interpretación dun elenco de actores excepcional: Eusebio Poncela, Marisa Paredes, Féodor Atkine, Héctor Alterio, Jorge Sanz, Cristina Marcos, Fernando Guillén, Lola Baldrich, Nancho Novo, Alberto Alonso, Antón Reixa, Will Mor, etc.
  • Alfredo García Pinal, director de Urxa.
Urxa conta tres momentos da vida dunha muller na sociedade galega do século XX. O seu rol máxico está vinculado ao entorno social e á naturaleza, da que é preservadora e medium. Alfredo García Pinal, que xunto a Carlos Piñeiro fixo tamén guión, dirixiu nesta película a actores da talla de Luma Gómez, Alfonso Valenzuela, Laura Ponte, Raquel Lagares, Vicente Montoto, Lois Lemos, Pancho Martínez, Miguel de Lira, Manolo Bouzón, María Bouzas, etc.
  • Miguel Anxo Fernández, crítico de cine de La Voz de Galicia,
Licenciado en Xeografía e Historia e doutor en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, actualmente é profesor de Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra, da Universidade de Vigo. Compaxina o seu labor de profesor coa autoría de numerosas obras de historia do cine galego e de ficción, así como ensaios e colaboracións en numerosas publicacións, exercendo de crítico de cine e televisión diariamente en La Voz de Galicia


cinemAteneo: Neste curruncho do mundo

"Neste curruncho do mundo"
Multicines Norte · 3€ Soci@s/ 4€ Non Soci@s
Mércores, 13 Novembro · 19:40h

Dende o CinemAteneo, queremos proporvos unha película arriscada para esta primeira película da tempada. Pero é un risco que cremos que paga a pena con creces, pois "Neste curruncho do mundo" é unha excepcional película por si mesma, que pasou algo desapercibida por tratarse de animación para adultos. Centrada nos meses e días previos á caída da bomba de Hiroshima, a película vai envolvendo ao espectador nun mundo de cotidianeidade e afectos que se romperán de súpeto nun instante. Unha película de debuxo sinxelo e emocións complexas, que seguramente convencerá aos máis escepticos, afeccionados ou non ao cine de animación.

No debate posterior a proxección da película contaremos coa colaboración de Mari Hashimoto e Francisco Maseda, profesores do Departamento de Xaponés da E.O.I de Vigo
O prezo será o habitual, 3€ para socios/as e 4€ para non socios. A venta de entradas realizarase directamente nas taquillas do cine.

Ficha Técnica:
Título: Neste curruncho do mundo (Kono Sekai no Katasumi ni )
Ano: 2016
País: Xapón
Duración: 129 min
Dirección: Sunao Katabuchi
Guión: Sunao Katabuchi segundo o comic de Fumiyo Kono

Sinopse: Suzu Urano é unha moza que tra-lo seu matrimonio múdase co seu marido, oficial da mariña imperial, á cidade de Kure, na prefetura de Hiroshima. A guerra e os seus efectos irán trocando as súas vidas.

cinemAteneo: The Act of Killing

cinemAteneo
The Act of Killing
Mércores 8 maio · 19:40h 
Multicines Norte, Vigo
Coa colaboración dun portavoz de Amnistía Internacional
Entrada 3€ soci@s / 4 € non soci@s

Premiadísimo documental de 2012, "The Act of Killing" é unha obra híbrida, un documental sobre unha ficción. Sobre como voltar aos feitos e aos protagonistas dun ominoso pasado (neste caso os asasinatos masivos de comunistas en Indonesia nos anos 1965 e 1966) pode desnuda-lo presente. ¿Que pasa se convences aos autores dunha masacre a que roden contigo unha ficción que recrea aquel acontecemento? ¿Que lles acontece ás súas conciencias? ¿Que nos acontece a nos como espectadores? O que vemos ¿é entón ficción? O que de seguro fai o filme de Joshua Oppenheimer é sacudir e conmoncionar ao espectador coas súas imaxes.

O prezo será o habitual, 3€ para socios/as e 4€ para non socios. A venta de entradas realizarase directamente nas taquillas do cine.

Ficha Técnica:
Título: The Act of Killing
Ano: 2012
País: Dinamarca
Duración: 117 min
Dirección: Joshua Oppenheimer
Guión: Joshua Oppenheimer, Christine Cynn

Sinopse: O director do documental, Joshua Oppenheimer, convence á varios membros dos grupos paramilitares que en 1965 participaron na eliminación de todolos sospeitosos de abraza-lo comunisno en Indonesia, para que filmen xunto a él, non unha película que documente o que aconteceu naqueles días, se non unha completa recreación dos feitos nunha película de ficción.

No debate posterior a proxección da película contaremos coa colaboración dun portavoz de Amnistía Internacional.



Mostra de Cinema Cubano


Mostra de Cinema Cubano
Do 22 ao 25 de Abril · 2010h
Multicines Norte
Coma xa fixeramos o ano pasado, voltamos colaborar co Festival Primavera do Cine nesta súa VIII edición, apoiando esta vez a Mostra de Cinema Cubano.

Este é un encontro que serve de preámbulo ás proxección da sección oficial, e que en colaboración co Consulado Xeral de Cuba en Galicia e a Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil", nos achega unha mostra do cinema daquel país. Trátase de unha selección de unha curta e unha lungametraxe por día, en pases gratuitos nos Multicines Norte tódolos dias entre o 22 e o 25 de Abril. A escolla dos filmes pretende facer un percorrido dende algúns títulos clásicos dos anos 60 ata curtas estreadas neste mesmo ano. Tendes toda a información completa de cada unha das películas no seguinte LINK da web do Primavera do Cine, ou clickando no enlace de cada un dos filmes.

Programa:

Luns, 22 de Abril · 19:50h
  • Now! de Santiago Álvarez (1965) - 5 min.
  • Soy Cuba de Mikhail Kalatozov (1954) - 141 min.
Martes, 23 de Abril · 19:30h
Mércores, 24 de Abril · 20:00h
Xoves, 25 de Abril · 20:00h
Entrada gratuita ata completar aforo.


CinemAteneo: Clara Campoamor

 
cinemAteneo
Clara campoamor, la mujer olvidada
Presenta Carmen Becerra
Multicines Norte, Vigo
Miércoles 10 Abril · 19:40h
3€ soci@s / 4€ non soci@s

Se o 8 de Marzo e as súas reinvidicacións rebumbian con forza nos últimos anos, é porque ainda queda camiño por andar. Por iso é axeitado lembrar como se xestaron as conquistas do pasado, as suas protagonistas e as resistencias que se atoparon. A historia da consecución do sufraxio universal en España ten na figura de Clara Campoamor o seu maior referente. A película de Laura Maña permítenos un ollar re-imaxinado dende dentro daquel Congreso da lexislatura de 1931, ao proceso, nunca sinxelo nin directo, que desembocou naquel cambio fundamental.

Presentará o coloquio Carmen Becerra Suárez, profesora titular da Teoría da Literatura e Literatura comparada da Universidade de Vigo. Coordinadora do grupo "literacine" da Universidade de Vigo que organiza os Congresos bianuais de Cine y Literatura. É tamén directora cultural da Fundación Gonzalo Torrente Ballester.

As entradas estarán disponibles por 3€ para socios/as e 4€ para non socios

Ficha técnica
Título original: Clara Campoamor, la mujer olvidada (VOE)
Ano: 2011
Duración: 90 min.
País: España
Dirección: Laura Maña
Guión: Yolanda García e Rafa Russo segundo o libro de Isaías Lafuente
Reparto:  Elvira Minguez, Antonio de la Torre, Mónica López, Joan Carreras.

Sinopse: No ano 1931, a pesar que as mulleres sí poden ser elexidas para o Congreso, o voto femenino ainda non está recoñecido en España. As primeira deputadas elexidas, Clara Campoamor e Victoria Kent, emprenden a tarefa de vence-las reticencias do congreso para recoñece-lo sufraxio universal.

A Morte Voluntaria No Cinema


Multicines Norte
Mércores 16 de Xaneiro, 20:00h
Presenta Miguel Mora / Modera Laura Abalde
Entrada Gratuita ata completar aforo


O cine ten abordado en abondantes ocasións, e de modo crecente nos últimos anos, temas coma o dereito a morrer dignamente, a morte voluntaria ou a complexidade que teñen as decisións que tomamos perante a morte. Mar Adentro, Amour, Truman, As invasións Bárbaras son algúns dos títulos que se poden lembrar dentro dunha longa lista.

Repasando algúns destes exemplos nun breve documental, Miguel Mora, médico xúbilado, e Laura F. Abalde, vicepresidenta da Asociación Dereito a Morrer Dignamente Galicia, pretenden abrir o debate ao público nesta xornada no que se falará de eutanasia, testamento vital, suicidio asistido ou coidados paliativos.

O acceso será gratuito ata completar aforo da sala (unhas 100 persoas aprox.)



/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/