Amosando publicacións coa etiqueta Economia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Economia. Amosar todas as publicacións

Economía e política, labirintos da prosperidade

Xosé Carlos Arias mergullase na complexidade da dinámica de múltiples cambios a que están sometidas a sociedade e a economía e proporá tecer un fío do que tirar: un novo contrato social por unha economía dixital e verde, pero decididamente inclusiva, que nos pode servir para guiarnos nos labirintos creados.

ECONOMÍA E POLÍTICA, LABIRINTOS DE PROSPERIDADE

Xosé Carlos Arias
Miguel Pérez Pereira
Amelia Pérez

Martes 26 de abril, 19 horas
Biblioteca da EMAO

Algo importante está a moverse baixo as augas antes tranquilas da economía e da política democrática. Dende hai pouco máis dunha década, a insatisfacción co comportamento da economía, os horizontes tecnolóxicos emerxentes e un visible malestar de amplos sectores sociais deron paso a unha crecente vontade de renovación do actual contrato social.

No terreo das ideas o cambio é notable. Os dogmas que marcaron o final do século XX están a dar paso a unha conversa máis aberta. Cuestións cruciais como cal é a finalidade da empresa, que papel deben xogar os Estados na economía e ata onde chega a soberanía dos mesmos, por que importa a desigualdade, como repartir mellor os riscos entre o Estado, as empresas e os traballadores, ou conciliar a procura da eficiencia económica coa xustiza social ten agora novas respostas.

A pandemia, cos seus efectos de parada e reinicio inducidos, acelerou estes cambios, polo que algúns procesos de transformación parecen proxectarse inexorablemente cara ao futuro. Destacan a chamada dobre transición, tecnolóxica e ambiental, a ruptura do que coñecemos como globalización ou a encrucillada política asociada ao malestar. De todo isto emana a oportunidade de avanzar cara unha nova prosperidade, pero o camiño estará cheo de dúbidas e riscos. Oportunidade, dúbidas e riscos incrementados por mor do actual guerra desenvolvida en Ucraína.

Neste acto, Xosé Carlos Arias mergullarase na complexidade desta dinámica de múltiples cambios e proporá tecer un fío: un novo contrato social por unha economía dixital e verde, pero decididamente inclusiva, que nos pode servir para guiarnos nestes labirintos.

X.C. Arias estará acompañado pola sindicalista Amelia Pérez Álvarez e polo catedrático de psicoloxía evolutiva Miguel Pérez Pereira, quen interactuarán co relator na procura de achegar a un maior e mellor entendemento as teses desenvolvidas, xunto con Antón Costas, no libro “Laberintos de la prosperidad”.

 Xosé Carlos Arias, (Lugo, intramuros). Catedrático de Política económica na Universidade de Vigo. Entre as múltiples publicacións debemos destacar algún dos seus últimos libros: “Laberintos de la Prosperidad” e “La nueva piel del capitalismo” en colaboración co prestixioso analista de economía e catedrático Antón Costas (Galaxia G. 2021 e 2016), “Nuevo instuticionalismo: gobernanza económica y políticas públicas” (CIS, 2013) e outro traballo conxunto con Antón Costas “La torre de la arrogancia” (2º edc. Ariel, 2012). Columnista de “La Voz de Galicia”, destaca a súa función divulgadora nos medios de prensa e televisión. Así mesmo e de suliñar a permanente colaboración en publicacións e libros impresos por editoriais internacionais como Springer ou Routledge.

Miguel Pérez Pereira, (Pontevedra).  Catedrático do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.  Miguel investiga en Psicoloxía do desenvolvemento, con especial interese no que atinxe á linguaxe d@s nen@s con desenvolvemento típico e atípico (nen@s cegos e nen@s prematuros) así como aos factores relacionados coa súa casuística. Autor de varios libros e múltiples artigos, colaboracións e traballos de investigación.

Amelia PérezÁlvarez, (Moaña). Diplomada en turismo, traballou na cadea Zara e no 2012 resultou elixida Secretaria Comarcal de Comisións Obreiras en Vigo, convertíndose na primeira muller ao frente dun dos sindicatos de clase maioritarios na nosa comarca. Amelia, (Meli) seguiu rachando teitos de cristal cando no 2021 acadou a Secretaría Xeral do Sindicato Nacional das CC.OO. de Galicia; ata agora única muller que logrou tal representación nun mundo tradicionalmente masculinizado.

Ciclo Decrecemento. Alternativas e solucións

 

Ciclo Decrecemento
ALTERNATIVAS E SOLUCIÓNS

Miguel Anxo Abraira
Mario Pansera

Presenta Remedios Copa

Xoves 18 de novembro
19 horas. Salón de actos da ONCE

 Convencidos de que o crecemento infinito é materialmente imposible nun planeta finito, o Ateneo Atlántico únese á Rede para o Decrecemento Eo-Navia/Galiza/O Bierzo na organización dun ciclo de conferencias de divulgación que poñan de manifesto tanto a imposibilidade do crecemento infinito como a posibilidade (a necesidade) dun xiro cara ao Decrecemento.

No día de hoxe chegamos ao final do ciclo coa actividade na que Miguel Anxo Abraira e Mario Pansera presentan as conclusións do ciclo en forma de "alternativas e solucións" á sociedade do crecemento infinito.

Miguel Anxo Abraira é presidente da Rede para o Decrecemento Eo-Navia/Galiza/O Bierzo, organizadora, xunto co Ateneo Atlántico, do ciclo.
Mario Pansera é Doutor en Manaxement e Investigador no ECOBAS (Economics and Business Administration for Society) na Universidade de Vigo.
Presenta o acto, como vén sendo habitual, a nosa compañeira Remedios Copa, vocal na Xunta Directiva do Atneo e representante en Vigo da Rede para o Decrecemento.

O acto terá lugar o 18 de novembro, xoves, ás 19 horas, no salón de actos da sede da ONCE en Vigo (Gran Vía 16).

PROGRAMA COMPLETO DO CICLO

A crise enerxética
Xoves 14 de outubro

Xoán Ramón Doldán
Decano da Facultade de CC Económicas
e empresariais da USC

Presenta Remedios Copa
Da XD do Ateneo e representante da Rede en Vigo


Repercusión da crise enerxética
no sector da alimentación

Xoves 21 de outubro

Begoña de Bernardo
Enxeñeira agrónoma
Presidenta de Véspera de Nada

Presenta Remedios Copa

Tecnoloxización e Decremento
Mineiría extractiva de terras raras

Xoves 28 de outubro

Xulio Carmona
Coordinador confederal da área de dixitalización
e contaminación electromagnética de
Ecoloxistas en Acción

Iolanda Mato
Educadora ambiental. Fundação Montescola

Presenta Remedios Copa
 
 
O Antropoceno e a crise
medioambiental

Xoves 11 de novembro

Xabier Pumariño
Biólogo e Consultor ambiental

Montse Valencia
Asesora xurídica ambietalista
Ecoloxistas en acción

Presenta Remedios Copa

 
Decrecemento:
alternativas e solucións

Xoves 18 de novembro

Miguel Anxo Abraira
Presidente da Rede para o Decrecemento


Mario Pansera
Doutor en Manaxement e Investigador no ECOBAS (UVI)

Presenta Remedios Copa

 

Tecnoloxización e decrecemento

CICLO DECRECEMENTO

Tecnoloxización e decrecemento
Minería extractiva de terras raras
Iolanda Mato
Xulio Carmona
Xoves 28 de outubro, 19 horas
Salón de Actos da ONCE
Presenta Remedios Copa

Este xoves, 28 de outubro, terá lugar a terceira conferencia do Ciclo Decrecemento, organizado polo Ateneo Atlántico de Vigo e a Rede para o Decrecemento, Eo-Navia, Galiza, O Bierzo.

Este ciclo de conferencias, coordinado por Remedios Copa Sánchez, organízase desde o convencemento de ambas organizacións de que o crecemento infinito é materialmente imposible e con elas preténdese divulgar datos e información científica que poñan de manifesto a urxente necesidade dun xiro cara ao Decrecemento, desde a evidencia da emerxencia climática e a limitación de materiais imprescindibles para seguir o ritmo actual de crecemento continuo.

A conferencia titulada “Tecnoloxización e decrecemento: Minería extractiva e terras raras” que se levará a cabo no Auditorio da ONCE, en Gran Vía 16, ás 19 horas, estará a cargo de Iolanda Mato e Xulio Carmona, ambos con amplos coñecementos en investigación sobre o tema.

Iolanda Mato centrará a súa intervención na actual situación dos límites planetarios recoñecidos para conservar o espazo seguro para o desenvolvemento humano e a vida no planeta. Fará un repaso en cifras dos requirimentos tecnolóxicos actuais e futuros da 4ª revolución industrial, e de como ese crecemento extractivo feroz é incompatible coas reservas de materia prima, os impactos medioambientais e a saúde.
Tamén examinará a deriva extractiva da estratexia European Green Deal e como os seus impactos sobrepasan os límites biofísicos do planeta, e a necesidade de reevaluar os camiños e alternativas a tomar.

Pola súa banda, Xulio Carmona porá en cuestión o novo ciclo produtivista insustentable da 4ª revolución industrial (as redes 5G, Internet das cousas, Big data, Intelixencia artificial, Robotización,…), que, lonxe de ser inocuos e sustentables, veñen presentándonolos co binomio publicitario de “verde dixital”, encubrindo o seu impacto exponencial tanto no terreo ambiental, da saúde e do control social, e afondará na actual crise ecosocial.

O acceso é gratuíto ata completar aforo.

Ciclo Decrecemento

 


Convencidos de que o crecemento infinito é materialmente imposible nun planeta finito, o Ateneo Atlántico únese á Rede para o Decrecemento Eo-Navia/Galiza/O Bierzo na organización dun ciclo de conferencias de divulgación que poñan de manifesto tanto a imposibilidade do crecemento infinito como a posibilidade (a necesidade) dun xiro cara ao Decrecemento.

O ciclo desenvolverase entre os meses de outubro e novembro de 2021 co programa que especificamos a continuación.

As charlas serán ás 19 horas, nos días que se sinalan, e o lugar de celebración, o salón de actos da sede da ONCE en Vigo (Gran Vía 16).

 

A crise enerxética
Xoves 14 de outubro

Xoán Ramón Doldán
Decano da Facultade de CC Económicas
e empresariais da USC

Presenta Remedios Copa
Da XD do Ateneo e representante da Rede en Vigo


Repercusión da crise enerxética
no sector da alimentación

Xoves 21 de outubro

Begoña de Bernardo
Enxeñeira agrónoma
Presidenta de Véspera de Nada

Presenta Remedios Copa

Tecnoloxización e Decremento
Mineiría extractiva de terras raras

Xoves 28 de outubro

Xulio Carmona
Coordinador confederal da área de dixitalización
e contaminación electromagnética de
Ecoloxistas en Acción

Iolanda Mato
Educadora ambiental. Fundação Montescola

Presenta Remedios Copa
 
 
O Antropoceno e a crise
medioambiental

Xoves 11 de novembro

Xabier Pumariño
Biólogo e Consultor ambiental

Montse Valencia
Asesora xurídica ambietalista
Ecoloxistas en acción

Presenta Remedios Copa

 
Decrecemento:
alternativas e solucións

Xoves 18 de novembro

Miguel Anxo Abraira
Presidente da Rede para o Decrecemento


Mario Pansera
Doutor en Manaxement e Investigador no ECOBAS (UVI)

Presenta Remedios Copa

Presentación libro: CRAC!

Presentación libro - Tertulia
CRAC!
Unha breve historia da economía
De Alexandre Versignassi
Con Xosé Carlos Arias
Xoves 30 de xaneiro, 20 horas
Espazo Cubo

O Ateneo Atlántico ten o enorme pracer e a honra de presentar ao xornalista brasileiro Alexandre Versignassi. Será o xoves 30 de xaneiro, ás 20 horas, no Espazo Cubo, para presentar o seu libro CRAC! Unha breve historia da economía: da Grecia antiga ao século XXI.
O acto será presentado por Xosé Carlos Arias.

Crac!, é un paseo por doce mil anos de civilización para explicar como funcionan as moedas, a inflación, as burbullas e o ir e vir dunha economía cíclica que sempre se repite.

Alexandre Versignassi é xornalista especializado en temas científicos e sociais. Foi redactor e columnista do xornal Folha de São Paulo e das revistas Sapiens e Flashback. Na actualidade é director de redacción das revistas Superinteresante e Aventuras na história.
Superinteresante, coloquialmente 'Super', é unha revista de divulgación científica e cultural, considerada líder no ámbito científico de toda Latinoamérica, cunha tirada que pasa dos 400.000 exemplares.
Versignassi posúe numerosos premios e distincións polo seu labor divulgador e de investigación periodística (Jornalistas&Cia/HSBC de Imprensa e Sustentabilidade 2011, finalista do Prêmio Esso 2010, Prêmio Abril de Jornalismo 2006, etc.)

Xosé Carlos Arias é profesor de Política económica na Universidade de Vigo e autor do prólogo á edición galega do libro Crac! (Catroventos editora). Ademais de colaborador en prensa (La Voz de Galicia), ten publicados libros como La nueva piel del capitalismo (Galaxia Gutemberg 2016) ou Nuevo institucionalismo: gobernanza, economía y políticas públicas (CIS, 2013).

Presentación "Crítica del Hiper-capitalismo digital"


Presentación do libro "Crítica del Hiper-capitalismo digital"
Co autor, Albino Prada e Xose Carlos Arias
Casa do Libro · r/Velázquez Moreno 17
Mércores 15 maio · 19:30h

As empresas que lideran os servicios, a publicidade ou a distribución en internet (Alphabet-Google, Facebook ou Amazon) xunto ós xigantes da informática (Microsoft, Apple, IBM ou Intel) están a conformar un mundo á súa medida. Isto manifestase xa nos transportes, no ocio, na información,... onde se crean novos productos, novos modelos de negocio ou se impóñe unha dixitalización dos procesos. Vivimos na era do hiper-capitalismo dixital e a economía 4.0.

Por isto queremos convidarvos este Mércores 15 de maio, na Casa del Libro, á conferencia e presentación do libro de Albino Prada, no que aborda os efectos que ista dixitalización provoca no emprego e na desigualdade, o que nos permite entender máis fondamente esta transformación social dende o punto de vista económico.
  • Albino Prada Blanco, nado en O Bolo en 1955, é Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1991). Profesor de Economía Aplicada na Universidade de Vigo e colabora con medios dixitais como CTXT e Infolibre. Foi membro do Consello Galego de Estatística, do Consello Económico e Social de Galicia e do Consello da Cultura Galega. No ano 1979 recibiu o Premio de Ensaio, da Fundación Premios da Crítica de Galicia, xunto a Abel López Rodríguez pola súa obra “A outra economía galega”. Anteriormente ten presentado con nos a súa última obra "El despilfarro de las naciones" (Clave, 2017)
  • Xose Carlos Arias, nado en Lugo (intramuros) é Catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Vigo e tamén Doutor en Ciencias Económicas. O seu último libro publicado en colaboración con Antón Costa é "La  nueva piel del capitalismo" (Galaxia Gutemberg, 2016). É colaborador habitual no diario "La Voz de Galicia".
Entrada libre ata completar aforo

Presentación: El despilfarro de las naciones

Presentación do libro “El despilfarro de las naciones”

O mércores 7 de febreiro, ás 19.30 horas, na Casa del Libro, na rúa Velázquez Moreno de Vigo, o Ateneo Atlántico presenta, xunto coa editorial “Clave intelectual” o ensaio “El despilfarro de las naciones”, de Albino Prada, prologado por Antón Costas, onde se revisan numerosas contribucións intelectuais en relación a contrapoñer o malgasto, contra a escaseza, como feito determinante no devir das nosas sociedades. Argumenta por e como o desperdicio de persoas e riquezas convértese, hoxe, a maior ameaza para a nosa especie.
Albino Prada Blanco, nado en O Bolo en 1955, é Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1991).
Actualmente profesor de Economía Aplicada na Universidade de Vigo foi membro do Consello Galego de Estatística, do Consello Económico e Social de Galicia e do Consello da Cultura Galega.
No ano 1979 recibiu o Premio de Ensaio, da Fundación Premios da Crítica de Galicia, xunto a Abel López Rodríguez por “A outra economía galega”.
Os seus campos de traballo céntranse na análise crítica do crecemento e desenvolvemento rexional, así como nos aspectos ambientais e sociais do mesmo. Sobre esa temática, ademais de libros e informes técnicos, ten publicado artigos académicos en múltiples revistas españolas e estranxeiras.
Salientar o seu compromiso na divulgación destas propostas tal como amosan as súas múltiples colaboracións nos medios de comunicación, suliñando a súas habituais columnas na Voz de Galicia. Destaca, neste senso, a súa xenerosa dispoñibilidade á hora de colaborar coas diversas organizacións sociais.
No acto de presentación estará acompañado de Xosé Carlos Arias, lugués (intramuros), Catedrático de Política económica na Universidade de Vigo.
Entre as múltiples publicacións debemos destacar algún dos seus últimos libros: “La nueva piel del capitalismo “ én colaboración co prestixioso analista de economía e catedrático Antón Costas (Galaxia G., 2016), “Nuevo instuticionalismo: gobernanza económica y políticas públicas” (CIS, 2013) e outro traballo conxunto con Antón Costas “La torre de la arrogancia” (2º edc. Ariel, 2012) . Columnista habitual de “La Voz de Galicia”, destaca a súa función divulgadora nos medios de prensa e televisión. Así mesmo e de suliñar a permanente colaboración en publicacións e libros impresos por editoriais internacionais como Springer ou Routledge.
En representación do Ateneo Atlántico, actuando como moderador, estará Emilio Fernández Zunzunegui, Coordinador Área Socioeconómica.


/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/