Memoria gráfica

 

 Memoria gráfica do noroeste a través dos rótulos tradicionais
Jorge Lens
Xoves 4 de marzo, 19 horas
Aula D (rúa Elduayen 36)

Nas últimas semanas, o Ateneo Atlántico está a desenvolver o programa Mirando polos letreiros.
Trátase dunha iniciativa para poñer en valor os carteis e rótulos dos comercios e locais da nosa cidade.

Neste contexto xorde esta actividade que o propio relator, Jorge Lens, titulou Memoria gráfica do noroeste a través dos rótulos tradicionais.

A actividade desenvolverase o xoves 4 de marzo, ás 19 horas, no espazo Aula D (rúa Elduayen 36, acceso polas escaleiras).

O aforo do local é de 30 persoas.
Nesta ocasión, e para manter todas as garantías de seguridade sanitaria, temos decidido que a presenza no acto sexa con solicitude previa a través dun correo ao noso enderezo electrónico:

ateneoatlantico@gmail.com

No correo faranse constar o nome da persoa solicitante e o número de prazas que reserva.

Jorge Lens.
Vigo, 1967
Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade Complutense de Madrid e doutor pola Universidad de Vigo, onde imparte docencia nas materias de técnica fotográfica e teoría da imaxe.
Nos seus inicios combinou o seu traballo no xornal La Voz de Galicia coa fotografía de autor, participando en numerosas exposicións en España e fóra das nosas fronteiras, como Populorum Progressio (Fotobienal de Vigo, 1994), Galicia en Foco (Ferrol, 1994, 1995, 1996, 1997 y 1998), O Feito Fotográfico (Museo MARCO, 2004), Miradas y Visiones en el Canal de Isabel II (Madrid, 1994), Spanish Vision, en el Spanish Institute (New York, 1992) e a mostra individual City Blues, la ciudad habitada, que está itinerando polos Centros Culturais de España en Latinoamérica.
Interesado sempre pola fotografía de autor vinculada aos espazos urbanos, Jorge Lens segue a compaxinar este traballo persoal coa súa responsabilidade como profesor na Universidade de Vigo, ao tempo que colabora tamén noutros proxectos sempre relacionados coa fotografía.

Jorge Lens ten un traballo fotográfico completo baixo o título Tipografía regional Galicia, Rótulos tradicionales del comercio de la provincia de Pontevedra que sobreviven a la globalización comercial e inmobiliaria.

Tipografía regional pode visitarse neste enlace

Ademais, podemos coñecer o seu traballo artístico na súa web persoal.

Web de Jorge Lens

Presentación da homenaxe a Xela Arias

O próximo 4 de marzo faremos a presentación oficial do vídeo que elaborou o Ateneo Atlántico como homenaxe á poeta Xela Arias.

Aquí temos un pequeno adianto.

 


No vídeo os poetas Antonio G. Teijeiro, Fran Alonso, Iolanda Zúñiga, Lara do Ar, Marcos de la Fuente, Marta Dacosta, Oriana Méndez, Román Raña, Silvia Penas e Xina Vega len poemas de Xela Arias.

María Xosé Queizán di unhas palabras sobre Xela e recita o poema Xela no cabalo.

G
M
T
La función de sonido está limitada a 200 caracteres

cinemAteneo. O gran manipulador

 


CinemAteneo
A Gran Manipulación
Mércores, 24 de febreiro, 19 horas
Jorge Álvarez Yágüez
Carme Adán

A teoría política do auxe dos movementos de ultradereita

Modera: Remedios Copa

Continuando co modelo inaugurado na sesión anterior (Vivenda, Afectividade e Saúde, Ver Vídeo do debate), o Ateneo Atlántico programa unha nova sesión do cinemAteneo.

A actividade consta de dúas fases.
Na primeira, recoméndase a visión dunha película que servirá como introdución ao coloquio posterior. O visionado farano cada quen individualmente e pola súa conta.
Con posterioridade, dous relatores debaterán sobre diversos aspectos do tema xenérico da sesión.

A película (The Brink) pode verse na plataforma Filmin (filmin.es), e na filmoteca da rede de bibliotecas de Castela e León (cinecyl.efilm.online).

Enlace para seguir o faladoiro a través da plataforma Zoom:

ATENCIÓN  NOVO ENLACE

NOVO ENLACE

ID de reunión: 873 9140 4629

Código de acceso: 376744

O tema. A manipulación

O fenómeno da manipulación de masa é algo que o poder político utilizou ao longo da historia. Se a repasamos, encontrámonos con enganos, propagandas e mentiras na antiga Roma de hai 2000 anos.

O auxe da televisión e as redes sociais convertidas nun fenómeno de masas xerou o que empeza a considerarse coma o tridente mortífero contra a verdade. Se ao anterior unimos outro fenómeno, a globalización, a unión destes factores, aderezada coas fake news dispara as posibilidades de manipulación social.

A manipulación de masas é a historia de como millón de persoas, independentemente da súa ideoloxía, crenzas, sentimentos ou medos, foron vítimas de enganos que as conducen a conviccións erradas e promoven actitudes ao servizo de obxectivos encubertos que as masas descoñecen.

No seo do Ateneo Atlántico preocupa as propagación das fake news e os seus efectos perversos na sociedade e, como nada se escapa á desinformación provocada pola manipulación, a pandemia do COVID 19 non podía ser menos. Para paliar a información errónea e fomentar o criterio científico, organizouse o debate sobre vacinas en tempos de pandemia.

A película. The Brink

A película O Gran Manipulador, escollida pola comisión de cinema do Ateneo Atlántico como base do debate para a próxima sesión on-line o día 24 de febrero, responde a preocupación polo auxe dos movementos de ultradereita, dos ultranacionalismos, proteccionismos, actuación de control dos medios de comunicación, o manexo da liberdade de expresión e os mecanismos que están detrás de todo iso.

Neste sentido, pensamos que O Gran Manipulador, retrato de Steve Bannon, o estratega da campaña electoral de Donald Trump en 2016 e ideólogo do trumpismo, considerado entón como o home máis poderoso do mundo, apartado do equipo de Trump en agosto de 2017 e reincorporado de novo nos últimos tempos, pode ser un bo pano de fondo para bordar, polo menos en parte, o que se está a mover na trastenda nos nosos tempos.

A película, estreada en España en maio de 2020 está formulada como unha crónica da vida persoal de Steve Bannon e da súa carreira política, cunha marcada actividade en Europa tratando de introducir movementos de extrema dereita no Parlamento Europeo que se constituiría tras as elección de maio de 2019.

Dirixida por Alyson Klayman e protagonizada polo propio Bannon, O Gran Manipulador, recolle o seguimento do día a día durante os meses en que Bannon intentou aglutinar a extrema dereita europea baixo o manto dun novo movemento. O resultado desa filmación próxima e permanente, documéntanos sobre o seu traballo para estender o nacionalismo de ultradereita que implementou de EEUU e outros países, sobre todo europeos, onde destacan as súas actividades na chamada “Batalla por Europa”.

As actividades de Bannon para crear a unión da ultradereita católica, branca e patriota en Europa inclúen servizos prestados a Orban, Marine Le Pen, Salvini, Vlaams Belang, Nigel Farage, Santiago Abascal e o convite a Pablo Casado. 

No tocante á súa traxectoria, podemos dicir que Steve Bannon é o ideólogo da ultradereita.
Pasa pola Mariña norteamericana, traballa como banqueiro de investimento en Golman-Sach, foi deseñador do Tea Party, presidente executivo de Breibart News, presidencia que perdeu tras a súa ruptura con Trump.
Foi apartado da Casa Branca polas acusacións de fomentar unha política de fanatismo, odio e violencia que enfrontaba os estadounidenses; namentres, el defendíase dicindo que a súa formulación non é un nacionalismo branco senón un nacionalismo económico.
Suspendido de twitter por pedir a decapitación do Doutor Fauci e do director do FBI e poñer as súas cabezas en dúas picas na Casa Branca, vetado por Youtube pola mesma razón e acusado de estafar diñeiro dos donantes para a construción do muro na fronteira con México, non foi obstáculo para que Trump o reincorporase recentemente de novo ao seu equipo, e que incluso fixera algo máis por el: indultalo por delitos que lle podían supor hasta 20 anos de prisión.

Os tertulianos

Jorge Álvarez Yágüez (Ourense, 1954).
Doutor en Filosofía pola UCM, foi Catedrático de Filosofía de Instituto.
Pertence a diversos grupos internacionais de investigación.
O seu traballo desenvólvese, nun sentido, amplo no campo da filosofía política e da teoría crítica.
É autor de numerosos libros entre os que podemos citar Michel Foucault, verdad, poder y subjetividad (1995, 2006), Individuo, libertad y comunidad (2001) ou El último Foucault (2013).
Editou (Introdución, tradución e notas) varios compendios de textos de Foucault e participou en máis de unha ducia de libros colectivos,
Colaborador en diversas revistas: Claves, Isegoría, Debats, Pasajes, RIFP, Res Publica, etc.

Carme Adán (Donostia, 1966).
Doutora en Filosofía, ensaísta e política galega.
Presidiu a Aula Castelao de Filosofía desde 1997 até 2005.
Foi Secretaria Xeral da Igualdade no Goberno galego, Presidenta da Unidade Muller e Ciencia de Galicia, deputada no Parlamento galego polo BNG.
No exercicio dos seus cargos redactou a Lei galega para a prevención e o tratamento da violencia de xénero e foi relatora das sucesivas modificacións no Parlamento galego.
Publicou Feminismo e coñecemento en Espiral Maior (2003), traducida ao castelán en (2006).
En 2011 recompilou en Cartografías do derrubo dous anos de actividade periodística na sección de opinión de Xornal de Galicia.
Algunhas das súas publicacións máis recientes son Cyborg, en Barbarismos queer e outras esdrúxulas en Edicions Bellaterra (2017), Conceptualizar la violencia contra las mujeres: ¿una reflexión epistemológica pendiente? na Revista Andaluza de Antropología (2018), Conceptos y violencias: espacios para el debates sobre la violencia obstétrica en Violencia obstétrica da editorial Tecnos (2018) e How many shades does femicide have? Reflections from feminist epistemology en Knowlegdes, Practices and activism fron Feminist Epistemologies (Vermon, 2019).
En novembro de 2018 publica Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en temos de submisión, na editorial Galaxia, que en febreiro de 2020 ve a súa cuarta reimpresión. En maio de 2019 foi publicada en castelán e en setembro de 2019 en catalán.
Na actualidade exerce como Catedrática de Filosofía no IES Politécnico de Vigo e coordina a sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega.

/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/