Ela. Maite Herrero. Poema

"NIN O TEU PEOR ENEMIGO PODE FACERCHE TANTO DANO
COMO OS TEUS PENSAMENTOS"
Buda



ELA, moi de mañanciña, abre as fiestras de par en par e invita a
pasar a primavera.
 

ELA, gostaba de saúdar ó mar cada día, moi pertiño, sentindo o
seu arrecendo salado na pituitaria. Agora, o saúdo faino dende a
lonxania.
 

ELA, sente latexar no interior da súa cabeza, palabras novas que
veñen de fóra, catro palabras ingratas e agresivas. Coronaviruspandemia-confinamento-corentena.
 

ELA, opta por crear un escudo protector que teña a facultade de
producir un rebote.
 

ELA, sae ó exterior e pisa terra. Na pequena horta das aromáticas,
medran lavanda,tomiño, romeu, ourego, herba Luisa, perixel...,
percibe o seu aroma.
 

ELA, escolle outras catro palabras chave, catalizadoras para
cambiar de ruta. Amor-Agradecemento- solidariedade- esperanza.
 

ELA, escoita no mobil o audio que enviou Begoña, "Aleluia" de
Leonrd Cohen. Ábrense as comportas do seu corazón!.
 

ELA, escudriñando a paisaxe, perfila coa súa ollada a silueta das
montañas e enfocando os seus ollos cara o ceo, deliña as formas
das nubes caprichosas.
 

No camiño novo non hai lugar para o medo. ELA, a miña mellor
amiga, comentoume que lle resultaba entretido xogar levando as
historias á vida e a vida ás historias.
 

Meira, 25 marzo de 2020
Maite Herrero Ameijeiras
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/