Microrrelato finalista. Andreia Costas

CERTAME LITERARIO EXERIA
MODALIDADE MICRORRELATO
Finalista

ANDREIA COSTAS
Dous vellos con boina negra

 
Mural. Mon Devane

 

J: Ei Manolo, bebes que nin Dios! Aínda che dura o barrantes?

M: Díxolle a sartén ó cazo! Seica tes ghana de leria José.

J: Tixola Manolo, tixola, non se di sartén.

M: Ós meus anos sei quen a ten ó mando. Porén non cambio o meu castrapo, pero ti sempre fuches máis de: “chámame gholondrina en bótame trigho”

J: Anduriña Manolo, anduriña.

M: A min non me chames así, que a diferencia de ti sempre tiven andares ghallardos.

J: Mira que estás bravo hoxe...

M: Sempre fun home de ben: leiras, ghando e fillos.

J: Pois disque ías co cura de San Andrés, logho da misa dos dominghos.

M: Non, eu visitaba a sacristía.

J: E logo, confesabas?

M: Non, comprobar quería, que vestía debaixo da sotana.

J: Seica era unha enagua?

M: Non, era a mortalla da miña tía María, con encaixe de Camariñas.

Esta conversa saía dunha parede medianeira, cunha gorxa ronca de morteiro e ladrillo, ou moito consumo alcohólico. A confesión acontecen o pasar a media noite, logo de baleirar o whisky escribindo informes, moito despois do toque de queda; pero eu son policía.
 

/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/