Milagre en primavera

Milagre en primavera

De hoxe en oito días chegará a primavera e con ela o ansiado aniversario. Papá está como tolo. Quere que sexa un día perfecto. Ten todo preparado para un xantar por todo o alto. Que non falte detalle!! , reclamoulle a Isabel. O primeiro, o catering. El mesmo se encargará de falar con eles para que servan o xantar na casa xa que, polo confinamento non poderemos ir ao restaurante. Mágoa, pero non hai que perder a ilusión!, volveu insistirlle a miña irmá. Será unha gran celebración!. A mesa estará decorada coas flores do xardín, as mesmas que el plantou. O traxe! . Case o esquece. Menos mal que as tinturarías non están pechadas! O traxe e a garabata!. Será Marga a encargada de facerlle o nó...el nunca foi capaz, e ela en troques, é moi habilidosa, explicalle ao enfermeiro que o escoita abraiado e que se pregunta se estará diante dun milare. Aquel home que había tempo que entrara de cheo na enfermidade do olvido, revivía cando as primeiras margaridas agromaban no xardín da clínica. Marga, morrera en primavera, vai para cinco anos, xusto o día que celebraban as súas vodas de prata.
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/