Seminario de Fotografía

Ateneo  Atlántico
Seminario de Fotografía
Rafa Ojea
Comezo 10 de febreiro

Seminario de fotografía
Duración 4 luns
1 sesión semanal de 2 horas
Comezo o 10 de febreiro
15 prazas con preferencia para socias
Rafa Ojea, Jorge R. Seijo, Luis Otero, Juan de Oca
10 febreiro e 2 de marzo, na sala Anexa da Biblioteca Juan Compañel (Joaquín Yáñez 6)
17 febreiro e 9 de marzo, na Aula D (r/ Elduayen 36, -1)
Inscrición, unicamente, a través de formulario online
Data límite para a inscrición 5 de febreiro
De haber máis de 15 solicitudes a adxudicación será por sorteo



O Seminario
Por primeira vez na súa historia, o Ateneo Atlántico de Vigo organiza un seminario de introdución á fotografía.
Se ben é certo que cada día temos ao noso alcance cada vez máis sofisticadas cámaras de fotos e que estas chegaron para quedarse nas nosas vidas cos smartphones, tamén é verdade que descoñecemos a cantidade de posibilidades creativas que a técnica e a linguaxe fotográfica nos permite. No seminario de fotografía queremos saber por que esas fotos que nos gustan son como son e como se fixeron. Para isto necesitamos:

  • aqueles/as que deixaron a práctica fotográfica cando as vellas réflex de carrete: refrescar, repasar, actualizar e adaptar aqueles coñecementos aos tempos da fotografía dixital. Volverse a ilusionar.
  • aqueloutros/as que accederon ao mundo da imaxe fotográfica coa cámara do móbil e as compactas dixitais sinxelas: acceder aos coñecementos que permiten sacar todo o rendemento a unha máquina avanzada, con controis manuais.

Só entenderemos a fotografía, a súa potencialidade creativa e documental, se tomamos o control da cámara: tomar fotografías é tomar decisións. Tomar fotos non é o mesmo que “facer fotografía”: entender esa diferencia e aplicar o seu significado á práctica fotográfica construíndo, reconstruíndo ou ampliando a nosa afección é o principal obxectivo do seminario.



Para mellor aproveitar as sesións do seminario, evidentemente é máis que recomendable dispoñer dunha cámara de fotos coa posibilidade de controis manuais, sexa compacta, EVIL (sen espello) ou réflex de calquera marca e formato. De non tela podes pedirlla emprestada a ese amigo/a que a ten abandonada nun caixón. Se nona traes, perderemos bastantes cousas, pero, se cadra, a partir de aquí anímaste a facerche con unha: se tal, orientarémoste sobre que equipo mercar.



En sesións de dúas horas semanais repasaremos técnicas e coñecementos básicos necesarios para iniciarnos con seguridade e ilusión no mundo da fotografía e veremos e faremos moitas fotos. As sesións serán os días 10, 17 de febreiro, 2 e 9 de marzo e en horario de 18 a 20 horas. Os luns 10 de febreiro e 2 de marzo a actividade desenvolverase na aula anexa da Biblioteca Juan Compañel, na rúa Joaquín Yañez 6; o 17 de febreiro e o 9 de marzo serán en Aula D (rúa Elduayen 36, -1).

Lembramos, unha vez máis que a preinscrición podes facela neste formulario.
O prazo remata o dia 5 de febreiro e as 15 prazas, caso de ser necesario, adxudicaranse por sorteo, tendo sempre preferencia as persoas asociadas ao Ateneo Atlántico.



Se precisas máis información ponte en contacto con nós en ateneoatlantico@gmail.com



Programa do Curso
  • Tomar fotos ou facer fotografía: da percepción simple á vontade de mirar fotograficamente. Os recursos técnicos son recursos creativos.
  • A cámara: tipos, características. Focais e lentes. Equipo fotográfico: os imprescindibles.
  • Coñece e manexa a túa cámara: para que son todos eses botonciños e menús? Configuracións básicas.
  • A luz controlada; a exposición e os seus segredos. Falemos de triángulos: diafragma, velocidade, sensibilidade: máis alá da “exposición correcta”
  • A composición en fotografía: linguaxe fotográfica? As “regras” están para... coñecelas e logo saltalas.

/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/