Sen título. Ana Alonso. Poema

E un día nos dixeron
quédense nas súas casas, 
un inimigo pequeno,
un nano inimigo axexa fóra, nas rúas.
Trae consigo a enfermidade, a morte.
E quedamos
quedámonos na nosa casa,
na nosa morada e descubrimos un refuxio
un fogar.
Inventamos novas formas de existir,
de vivir...
Decatámonos do verdadeiramente importante
da maxia dun sorriso, dunha ollada amiga
dunha aperta...
Compartir unha cervexa...
Ir ao cine. a unha exposición, ao teatro...
A ledicia do xogo dun neno, dunha nena.
Un raio de sol no solpor...
regalo da nai natureza.
Dímonos de conta da nosa pequenez,
da nosa fraxilidade...
De como dependemos unhas persoas 
das outras...
Entramos en conexión coas demais cada día
nun empático e concentrado aplauso...
Comezamos a facernos preguntas
Quénes somos, qué facemos aquí...
A escoitarnos a nós mesmas...
Aprendimos que ser era mellor que ter

É primavera fóra fai sol
e estou na casa
sigo as instruccións
quédate na casa.
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/