Nota de prensa

Segunda nota de prensa do acto de presentación do Ateneo Atlántico.
Enviado hoxe a diferentes medios de comunicación.
NACE O ATENEO ATLÁNTICO DE VIGO
Unha proposta transversal, reflexiva e crítica sobre a cidade

Vigo, 5 de outubro de 2017.

O Ateneo Atlántico de Vigo preséntase o venres 6 de outubro nun acto que terá lugar no Museo de Arte Contemporánea a partir das 19.30 h. Nace por iniciativa dun grupo de persoas procedentes dun amplo abano profesional, social, cultural e ideolóxico, para crear un espazo de promoción, impulso e divulgación de temas relacionados con todas as áreas do coñecemento.

O presidente é o fotógrafo Anxo Cabada e entre os seus fundadores figuran persoas vinculadas á cultura, como o escritor Manuel Forcadela, a xornalista María Xosé Porteiro, ao sindicalismo, como Emilio Fernández Zunzunegui, ao esino como Ana Fresco, Xosé Carlos López Bernardez, Nacho Pérez, ou a investigación e dinamización lingüistica como Marta Souto.

No seu manifesto fundacional comprométense a favorecer a análise, o debate e a investigación, desde un punto de vista plural, independente e que resulte de proveito para as persoas interesadas en calquera faceta do saber e comprometidas o desenvolvemento cultural.

A presentación faráse no Museo de Arte Contemporánea, a partir das 19:30 h. do venres 6 de outubro, nun acto no que se proxectarán dous videoclips da realizadora Area Erina, daráse conta dos obxectivos do Ateneno e se avanzarán próximas actuacións. Intervirán nesta presentación Anxo Cabada, Morris Durán, Xina Vega, Ana Fresco, Emilio Zunzunegui, Antón Bouza, Marta Souto, Victoria Besada, Xosé Luis Mateo, Iria Sobrino, e máis o grupo de Jazz do conservatorio de Vigo, Yep.




ateneoatlantico@gmail.com


- Información sobre o grupo Yep (Conservatorio de Vigo): Sergio de Miguel (Piano), Raul Cameselle (batería), Pedro Villanueva (clarinete) https://www.youtube.com/watch?v=tkHrjCvfjDs



/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/