CinemAteneo proxecta
o mércores 14 a película senegalesa Moolaadé, sobre a ablación
xenital feminina. No coloquio posterior participará Ibrahima Niang
Sow, de Senegal.
CinemAteneo reanuda a
súa cita mensual o mércores 14, ás 19:40 nos multicines Norte,
propiciando o debate sobre a denuncia da ablación xenital feminina,
que constitúe o corpo narrativo fundamental de Moolaadé. O seu
director, o senegalés Ousmane Sembene, explicaba o seu interese
neste espiñento asunto porque "vimos de entrar no S. XXI e as
mutilaciones xenitais femininas seguen vixentes en máis de vinte e
cinco países africanos repartidos no leste, norte, oeste e sur do
continente entre os cincuenta e catro membros da OUA recoñecidos
pola ONU."
Moolaadé, que
significa protección, é unha coproducción realizada en 2005 entre
Senegal e Francia na que tamén participan Burkina Faso, Marrocos,
Tunes e Camerún. Guionizada e dirixida por Ousmane Sembene, aborda o
espiñento tema da ablación xenital feminina, tan extendida en
amplos lugares do continente africano en poboacións eminentemente
musulmanas, pero non por ser un precepto relixioso, senón como unha
tradición dirixida ao control e dominación das mulleres por parte
dos homes.
O xa desaparecido
crítico cinematográfico estadounidense, Roger Ebert, dixo que “a
construción do filme de Sembène é sutil e sedutora. Emprega pouco
tempo denunciando a circuncisión feminina, e moito estudando a
condición humana relativa á conformidade e á disidencia.”
A película expón en
forma de controversia a denuncia da ablación, o debate existente nas
sociedades africanas en torno ao peso da tradición e a modernidade
no seu desenvolvemento e, finalmente, a loita das mulleres rurais
africanas por transformar as relacións de dominación que lles son
impostas polos homes. Realizada e producida en África, por
africanos, Moolaadé está pensada para un público africano polo que
permite unha aproximación bastante certeira a un mundo rural
totalmente distinto ao que nos presentan a maioría de películas
comerciais norteamericanas que chegan as nosas pantallas. Nesta
película vénse as casas da xente deste pobo, como cociñan, como
traballan, como comen, como obteñen a auga, como son as súas
relacións matrimoniais. E tamén mostra a complexidade social destas
sociedades, coas súas diversas institucións e leis.
Ibrahima Niang Sow
é mediador da colectividade africana na cidade. Foi comisario do
museo “La Otra Cara de África” e imparte clases da lingua Wolog
na asociación Yaakaar de Vigo.
Moderará o coloquio, en representación do Ateneo Atlántico, Anabel Mariño.
Moderará o coloquio, en representación do Ateneo Atlántico, Anabel Mariño.