Palabras no espello: xénero e ficción

O espello das palabras
Conversas con...
Xina Vega, Inma López Silva e Teresa Moure
Xénero e ficción

O próximo 3 de maio, xoves, o Ateneo Atlántico propón unha nova conversa entre autoras galegas dentro do seu modelo de Espello das palabras.

O acto, que terá lugar na Casa do libro (Velázquez Moreno 27, Vigo) ás 19.30 horas, contará coa presenza de tres mulleres, tres escritoras galegas, as tres gañadoras no seu momento do Premio Xerais de novela. Estamos a falar de Inma López Silva, Teresa Moure e Rexina Vega.

Na traxectoria do Ateneo de organizar actividades centradas no mundo feminino, a proposta é que as tres invitadas conversen arredor da proposta 'Xénero e ficción'.

Actuará de presentadora e moderadora Ana Fresco.

Rexina Vega
Rexina Rodríguez Vega (Vigo, 1966), é escritora, profesora universitaria e investigadora no eido da literatura galega.
Doutora en Filoloxía Románica, profesora e investigadora, é especialista na obra de Álvaro Cunqueiro, autor sobre o que ten publicados varios estudos. Exerceu tamén a crítica literaria en publicacións como A Nosa Terra, Grial ou o Anuario de Estudos Literarios Galegos. Colabora como columnista no semanario A Nosa Terra
Durante os anos noventa exerceu a docencia na área de filoloxía galego-portuguesa na Universidade Autónoma de Barcelona. Actualmente é profesora do departamento de Lingua española na Universidade de Vigo, tendo sido anteriormente profesora de Lingua e literatura galega en diversos institutos de ensino secundario.
Autora, basicamente, de narrativa, tamén ten obra de ensaio e tradución.
Algunhas das obras e premios da súa carreira son:
  • 1997 Álvaro Cunqueiro. Unha poética da recreación (Laiovento, 1997)
    • Premio Ricardo Carvalho Calero de investigación 1997
  • 2006 Tradución de El Secuestro, de George Perec (Anagrama, 2006)
    • Premio Stendhal de tradución
    • Finalista do Premio Nacional de Tradución
  • 2007 Cardume (Xerais, 2007)
    • Premio Xerais de novela 2007

Inma López Silva

Inma López Silva (Compostela, 1978) é escritora, profesora e investigadora do mundo do teatro.
Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade Compostela, Doutora en Filoloxía pola mesma Universidade, é investigadora e crítica teatral con diversos ensaios publicados. Colabora habitualmente nas revistas Citania, Grial, Revista Galega de Teatro e Primer Acto, así como no xornal El Correo Gallego. É membro do consello de redacción de Dorna. Na actualidade exerce de profesora na Escola Superior de Arte Dramática.
Algunhas das súas obras e premios literarios de narrativa son:
  • 1996 Neve de abril (Galaxia, 2005)
    • Premio Rúa Nova 1996.
  • 1998 Cartas que viñan de alén-mar (Edicións do Castro, 2001)
    • Premio Modesto R. Figueiredo 1998.
  • 1998 Canción de amor india.
    • Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey 1998.
  • 2002 Concubinas (Xerais, 2002)
    • Premio Xerais de novela 2002.
  • 2005 Aqueles que retratan o vento
    • Premio Manuel Murguía 2005.
  • 2006 Non quero ser Doris Day (Biblos Clube, 2006)
    • Finalista do Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia 2006.
  • 2007 Memoria de cidades sen luz. (Galaxia, 2008)
    • Premio Blanco Amor 2007.
    • Premio Arcebispo San Clemente 2009.
    • Premio á mellor obra de narrativa da AELG 2009.
  • 2016 Premio de 'Creación Literaria' da Fundación Ínsua dos Poetas.
  • 2017 Aquel día en que eramos malas (Galaxia, 2016).
    • Premio Antón Losada Diéguez 2017.
Teresa Moure

María Teresa Moure Pereiro (Monforte, 1969) é doutora en Lingüística e exerce a docencia de lingüística xeral na facultades de Filosofía e Filoloxía da Universidade de Compostela.
Ten publicado na maioría dos xéneros, desde a poesía á narrativa, desde o ensaio á literatura infantil e xuvenil, pasando mesmo pola tradución; algunhas das súas novelas e ensaios foron traducidos a varias linguas. Para alén diso, a autora tira a forza para escribir das intervencións orais onde mostra o compromiso da súa obra co feminismo, coa ecoloxía e coa nación.
Entre as súas obras e premios cómpre salientar:
  • 2004 A xeira das árbores (Sotelo Blanco, 2004)
    • Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey en 2004.
    • Premio Arcebispo San Clemente en 2005, por A xeira das árbores.
  • 2004 Outro idioma é posible (Galaxia, 2005)
    • Premio Ramón Piñeiro de ensaio en 2004.
  • 2005 As palabras das fillas de Eva (Galaxia, 2005)
    • Finalista do Premio Ramón Piñeiro de ensaio en 2005.
  • 2005 Herba moura (Xerais 2005)
    • Premio Xerais de novela en 2005.
    • Premio Irmandade do Libro á autora do ano en 2005.
    • Premio AELG de narrativa en 2005.
    • Premio Benito Soto á mellor novela do ano 2005.
    • Premio da Crítica de narrativa galega en 2005.
  • 2008 Unha primavera para Aldara (Xerais, 2009).
    • Premio Rafael Dieste de teatro en 2008.
    • Premio AELG de teatro en 2008.
    • Premio María Casares ó mellor texto orixinal en 2009.
  • 2011 Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións (Galaxia)
    • Premio Ramón Piñeiro de ensaio en 2011.
  • 2012. Tradución de Lilus Kikus, de Elena Poniatowska (Trifolium, 2012)
    • Premio Fervenzas Literarias á mellor tradución de libro infanto-xuvenil en 2012.



/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/