Polos camiños de Vigo
con Xurxo Pérez Pintos
Sábado 16 de xuño, 11 horas, parque de Castrelos
As plantas e o poder
Continuando cos nosos particulares percorridos Polos camiños de Vigo da man de Xurxo Pérez Pintos, e despois da andaina polo Castro, é o momento do parque de Castrelos.
Xurxo Pérez, biólogo cunha ampla traxectoria en paseos pedagóxicos para descubrir a natureza, proponos como estimulante título para esta saída, As plantas e o poder.
A inscrición para a saída, en principio, está reservada a persoas asociadas ao Ateneo e cada asociado poderá invitar a unha segunda persoa (asociada ou non).
Para inscribirse hai que mandar un correo electrónico a ateneoatlantico@gmail.com no que conste o nome completo e o número de asociado da persoa que realiza a inscrición e, no caso de querer levar invitado, o nome completo desta segunda persoa.
A selección de participantes realizarase por rigorosa orde de chegada ao noso buzón dos correos electrónicos coa solicitude de inscrición. As solicitudes que non se axusten ao punto anterior non serán tidas en conta.
Ás persoas seleccionadas avisarémolas directamente da súa selección e da concreción do horario e lugar de cita.
Dado o modelo de actividade, ten unha participación máxima de 25 persoas; no caso de recibir solicitudes suficientes poderemos organizar un segundo paseo. En ambos os dous casos a actividade será totalmente gratuíta.