cinemAteneo: La Jaula de Oro

 cinemAteneo
ciclo migrantes
La Jaula de Oro
Mércores 7 de Novembro, 19:45h
Multicines Norte

 

Inauguramos un novo ciclo no cinemAteneo: migrantes. Nel preténdese ofrecer unha visión diversa e cinematográfica dos fenómenos migratorios. E escomenzamos coa película mexicana La Jaula de Oro, que nos permite vivir a traves dos seus personaxes as dificultades da travesía que emprenden os miles de migrantes que tentan chegar aos Estados Unidos a traves de centroamérica. Película de rabiosa actualidade, crúa e lírica á vez, axúdanos a comprender mellor a transformación emocional que se produce nas persoas que acometen esa viaxe.

Presentará o coloquio o xornalista José Ángel Xesteira. A súa vinculación co cinema venlle de moi antigo poís exerceu durante 18 anos como crítico de cine no Faro de Vigo, onde tamén foi redactor xefe de Cultura e Peche.

O prezo será o habitual, 3€ para socios/as e 4€ para non socios. A venta de entradas realizarase directamente nas taquillas do cine.

Ficha técnica
Título original: La Jaula de Oro (VOE)
Ano: 2013
Duración: 110 min.
País: México
Dirección: Diego Quemada-Díez.
Guión: Lucía Carreras, Gibrán Portela, Diego Quemada-Díez.
Reparto: Brandon López, Rodolfo Domínguez, Karen Martínez, Carlos Chajón, Héctor Tahuite
.

Sinopse: Tres xoves dos barrios baixos de Guatemala emprenden o camiño cara aos Estados Unidos na procura dunhas oportunidades que non teñen no seu país. No seu viaxar unirase a eles Chauk, un indíxena da serra de Chiapas. A pé, en trens de carga ou coa axuda das mafias, afrontan xuntos as dificultades do tránsito.
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/