cinemAteneo: Surcos

 cinemAteneo
ciclo migrantes
Surcos
Mércores 12 de Decembro, 19:40h
Multicines Norte

 

Continuando co ciclo Migrantes, propoñemos esta semana Surcos, un clásico do cine español de posguerra, que nos permite ver e revivir as propias migracións interiores que se deron no noso pais. Surcos é imaxe viva da transformación da nosa sociedade rural en urbana, dos conflictos que ese cambio xenerou, e da xente que, coma toda migración, quedou atrás. Película nada compracente, nin amable coa súa realidade, sorprenderá á vez pola distancia entre aquel tempo pasado, e tamén pola forza con que ainda se manifestan algúns paralelismos co noso.

O prezo será o habitual, 3€ para socios/as e 4€ para non socios. A venta de entradas realizarase directamente nas taquillas do cine.

Ficha técnica
Título original: Surcos (VOE)
Ano: 1951
Duración: 104 min.
País: España
Dirección: Jose Antonio Nieves Conde
Guión: José Antonio Nieves Conde e Gonzalo Torrente Ballester sobre unha idea de Eugenio Montes.
Reparto:  Luis Peña, María Asquerino, Francisco Arenzana, Marisa De Leza, Félix Dafauce, Francisco Bernal, Félix Briones.


Sinopse: Unha familia labrega chega ao Madrid dos anos 40 coa intención de buscarse unha vida máis prospera. Alí se atoparán coa dura realidade da España de posguerra.
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/