A Morte Voluntaria No Cinema


Multicines Norte
Mércores 16 de Xaneiro, 20:00h
Presenta Miguel Mora / Modera Laura Abalde
Entrada Gratuita ata completar aforo


O cine ten abordado en abondantes ocasións, e de modo crecente nos últimos anos, temas coma o dereito a morrer dignamente, a morte voluntaria ou a complexidade que teñen as decisións que tomamos perante a morte. Mar Adentro, Amour, Truman, As invasións Bárbaras son algúns dos títulos que se poden lembrar dentro dunha longa lista.

Repasando algúns destes exemplos nun breve documental, Miguel Mora, médico xúbilado, e Laura F. Abalde, vicepresidenta da Asociación Dereito a Morrer Dignamente Galicia, pretenden abrir o debate ao público nesta xornada no que se falará de eutanasia, testamento vital, suicidio asistido ou coidados paliativos.

O acceso será gratuito ata completar aforo da sala (unhas 100 persoas aprox.)



/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/