Análise do benestar e da probreza en Vigo


ESTADO DA CUESTIÓN
Análise do Benestar e da Pobreza en Vigo:
Realidades e Necesidades
Mércores 6 de Febreiro, 19:00 horas
Auditorio da Sede da O.N.C.E. (Rúa Gran Vía 16)

Este próximo mércores, o Ateneo Atlántico quere invitar aos seus socios, aos medios de comunicación e a toda a cidadanía a debatir sobre o Estado do benestar e da probreza en Vigo. O debate terá lugar o próximo mércores 6 de Febreiro ás 19:00h no Salón de Actos da Sede da O.N.C.E. en Vigo, a quen queremos agradecerlle a cesión gratuita do espacio.

Nun momento en que se reciben noticias contradictorias entre algúns dos actores municipais neste eido, é importante darlle voz pública a aqueles que mellor coñecen o tema, e escoitar o seu análise da situación e as súas propostas. Para elo o Ateneo Atlántico organiza este Estado da Cuestión, co formato habitual: deixarlle un tempo medido aos invitados para que libremente expresen ás súas inquedanzas e logo abir o debate ao público.

Falarán nun primeiro turno:
  • Marta Iglesias Bueno, Xefa Territorial da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia
  • Antón Bouzas Álvarez, terapeuta e portavoz do Foro Socioeducativo "Os Ninguéns" 
  • Xosé Cuns Traba, en representación da Rede Galega contra a Probreza
Están invitados a intervir nun segundo turno:
  • Angel Holguera Dominguez, presidente de COGAMI Pontevedra
  • Silvia Pérez Freire, socióloga e especialista en violencia de xénero
  • Ana Pardo Álvarez, da asociación PROVIVENDA
  • Rosa Alonso Míguez, traballadora social
  • Colectivo Vigo +Social
  • Colectivo Migrantes
O público asistente está convidado a debater en posteriores turnos ata o fin da hora convenida, dentro duns límite de tempo e de pertinencia respecto ao tema do debate.

A entrada será libre ata completar aforo.



/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/