Con Jorge Lamas e Pedro Feijoo
Modera Maria Xosé Porteiro / Presenta Carlos Bernárdez
Modera Maria Xosé Porteiro / Presenta Carlos Bernárdez
Casa Galega da Cultura · Praza da Princesa /sn
Xoves 28 de Febreiro · 19:30h
Atención: adianto do horario previsto para ás 19:30h
Aínda que a historia e a literatura teñan delimitados os seus campos de actuación, ambos os ámbitos teñen os seus propios fluxos de comunicación. Partindo da clarificación destes conceptos, Pedro Feijoo -para o relato novelesco- e, Jorge Lamas -para o relato histórico-, manterán un diálogo para esta "cidade contada", establecendo así liñas de alimentación e conexión mutuas.
A historia da cidade é o suficientemente rica e cambiante: achega escenarios para a creación literaria e esta facilita o entendemento sociolóxico e psicolóxico da sociedade histórica viguesa do século XIX. O armazón creado entre as producións culturais e a construción desa realidade mixta, será o obxecto de reflexión e análise dos dous autores.
Jorge Lamas Dono é xornalista da Voz de Galicia, historiador especializado en Historia Moderna por la USC e membro do Instituto de Estudos Vigueses. Su ultimo libro publicado e “ Historias de Vigo ( Edicións Xerais, 2018).
Pedro Feijoo Barreiro é novelista, ademáis de filólogo de formación, músico, produtor, e compositor. A súa primeira novela, Os fillos do mar (2012) foi finalista do Premio Xerais en 2011. As ultimas obras publicadas son: Os fillos do lume, (2017, Xerais) e Sen piedade, (2018, Xerais).
María Xosé Porteiro é xornalista, escritora e política. Traballou en El Pueblo Gallego, La Voz de Galicia, Tiempo e El País. Foi concelleira en Vigo, parlamentaria galega, deputada no Congreso, membro das Asambleas Parlamentarias do Consello de Europa e da Unión Europea e delegada de Galicia no Exterior.