cinemAteneo
The Act of Killing
Mércores 8 maio · 19:40h
Multicines Norte, Vigo
Coa colaboración dun portavoz de Amnistía Internacional
Entrada 3€ soci@s / 4 € non soci@s
Premiadísimo documental de 2012, "The Act of Killing" é unha obra híbrida, un documental sobre unha ficción. Sobre como voltar aos feitos e aos protagonistas dun ominoso pasado (neste caso os asasinatos masivos de comunistas en Indonesia nos anos 1965 e 1966) pode desnuda-lo presente. ¿Que pasa se convences aos autores dunha masacre a que roden contigo unha ficción que recrea aquel acontecemento? ¿Que lles acontece ás súas conciencias? ¿Que nos acontece a nos como espectadores? O que vemos ¿é entón ficción? O que de seguro fai o filme de Joshua Oppenheimer é sacudir e conmoncionar ao espectador coas súas imaxes.
O
prezo será o habitual, 3€ para socios/as e 4€ para non socios. A venta
de entradas realizarase directamente nas taquillas do cine.
Ficha Técnica:
Título: The Act of Killing
Ano: 2012
País: Dinamarca
Duración: 117 min
Dirección: Joshua Oppenheimer
Guión: Joshua Oppenheimer, Christine Cynn
Sinopse: O director do documental, Joshua Oppenheimer, convence á varios
membros dos grupos paramilitares que en 1965 participaron na
eliminación de todolos sospeitosos de abraza-lo comunisno en Indonesia,
para que filmen xunto a él, non unha película que documente o que
aconteceu naqueles días, se non unha completa recreación dos feitos
nunha película de ficción.
No debate posterior a proxección da película contaremos coa colaboración dun portavoz de Amnistía Internacional.