Máis que ver. Cen historias do deseño en Galicia

Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza
Presentación do libro con Pepe Barros e Carlos Bernárdez
Salón de Actos AulaD · r/Elduayen 36, sótano -1
Martes, 21 de maio · 19:30h

Este martes día 21, ás 19:30h no Salon de Actos da escola de deseño Aula_D, Pepe Barro, profesional con máis de corenta anos de exercicio, falará, a traves de diversas historias contidas no seu último libro "Máis que ver", do deseño gráfico como reflexo da cultura dun país. Nestas "cen historias do deseño na Galiza" se fai unha xenealoxía das nosas imaxes iconográficas, un percorrido polo deseño propio da vida galega: dende a cruz de Santiago, pasando pola bandeira e o escudo de Galicia, ata as tipografías decorativas de Sargadelos ou o tríscele que serviu de logo a Zeltia. Esto dará pé para que en conversa co crítico de Arte Carlos Bernárdez, coñezamos mellor os nosos códigos propios da comunicación visual.

  • Pepe Barro, nado en Pontedeume, é un dos deseñadores máis salientables da nosa terra. Responsable de imaxes tan icónicas como as de Turgalicia, a editorial Xerais, a camiseta da selección galega de futbol ou as caixas de ovos de Pazo de Vilane. Conta co Premio da Crítica Galega, o Premio Xerais á cooperación editorial ou o AEPD do ano 2004.
Entrada libre ata completar aforo
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/