Presentación do libro "Nuredin o taxista e Amedine o pintor"
de Xose Manuel Beiras
Presenta Laura Caveiro, escritora
Libraría Cartabón · r/ Urzáiz 125
Xoves 6 Xuño · 20:15h
Este xoves, na Libraría Cartabón da rúa Urzáiz, virá Xose Manuel Beiras a presentarnos, xunto a edicións Laiovento, o seu novo libro titulado "Nuredin o taxista e Amedine o pintor". O libro é unha reportaxe, unha crónica, unha narración; un conxunto de textos escritos a raiz de duas xuntanzas do Consello Internacional do Foro Social Mundial, o que explica o seu subtítulo de "Crónicas e figuracións dun transmundo colonial". Ainda que o volume trata, dende diferentes puntos de vista, a problemática do colonialismo tanto explícito como non explícito, o propio autor fala del como unha obra "máis literaria que ensaística".
O acto celebrarase este xoves, 6 de xuño, ás 20:15h, e será presentado pola escritora Laura Caveiro, acompañando a Xose Manuel Beiras.
Entrada libre e gratuita ata completar aforo (35 persoas)