Asemblea 2019


ASEMBLEAS ORDINARIA E EXTRAORDINARIA
Venres 13 de decembro, 19.30 e 20.00 en segunda convocatoria, Espazo Cubo

Por convocatoria do Presidente, Anxo Cabada, o venres 13 de decembro celebraremos a Xunta Xeral Ordinaria de 2019 e unha Xunta Xeral Extraordinaria do Ateneo Atlántico de Vigo.

Están convocadas para comezar ás 19.30 horas en primeira, e ás 20 horas en segunda convocatoria. Celebraremos, primeiro, a Ordinaria e, unha vez finalizada esta, a Extraordinaria.
O local de celebración é o Espazo Cubo (rúa Doutor Cadaval 17, baixo, Vigo).

Ambas son de de enorme importancia. Formalmente case podemos estar a falar das primeiras Asembleas Xerais do Ateneo Atlántico, pois a celebrada o 23 de febreiro de 2018 foi case un acto interno de presentación entre asociados. Por outra banda, e por primeira vez, a Asemblea Extraordinaria elixirá a Xunta Directiva do Ateneo pois, ata o momento, tratábase dunha Xunta temporal constituínte.

Os temas a tratar entre ambas asembleas son:
  • Balance de actividades.
  • Informe económico e organizativo.
  • Aprobación, se procede, da proposta da Xunta de Directiva de participar na constitución da Federación Galega de Ateneos.
  • Actualización dos estatutos.
  • Elección da Xunta Directiva do Ateneo Atlántico.
  • Rogos e preguntas.

Lembramos que ao final das Asembleas compartiremos un rato de charla xunto cuns viños no propio local do Espazo Cubo para despedir este ano 2019 que tan activo resultou para o Ateneo.


/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/