Club de Lectura. Aníbal e a Pintora

O día 3 de decembro tivemos a sesión en torno a Anibal e a pintora, obra do noso compa de club de lectura, Xabier Paz. Asistimos 18 persoas que fomos comentando as nosas impresións. Pareceunos unha obra ben escrita, cun galego culto, de gran riqueza léxica e erudición. Estas virtudes tamén son causa de que, para algúns, a obra fose de difícil lectura pola súa densidade. Varios compas desfrutárona moitísimo.

O autor mostrounos un power point con cantidade de datos e imaxes de pintoras do Barroco. Deunos a coñecer moitísimas pintoras silenciadas e enmarcou a obra de Artemisia Gentileschi ou Artemisia Lomi , a súa importancia e valentía, a reivindicación feminista que aparece nos cadros de Susana e os vellos, ou as Judiths , comparadas coas de outros pintores que tamén abordaron estes temas...

Despois contestou amablemente a todas as preguntas que lle formulamos sobre o libro. Falamos da gran carga biográfica da novela, dos distintos narradores, da súa forma demorada de escribir e documentarse... Foi unha sesión moi produtiva e interesante, con moito intercambio. Agradecemos de corazón a Xabier o seu traballo e o tempo que nos dedicou.
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/