Xosé Ramón Pousa
Carlos Bernárdez
Modera Marta Viana
Xoves 21 de xaneiro, 19 horas
MARCO, Vigo
O Ateneo Atlántico, en colaboración cos Ateneos de Galicia, rende homenaxe ao pintor, ceramista, escritor, editor e gran activista da cultura galega, Isaac Díaz Pardo.
No acto presentaremos o libro 'Unha presa de dibuxos feitos por Isaac Díaz Pardo de xentes do seu rueiro', editado polo Ateneo de Santiago.
Participarán Xosé Ramón Pousa e Carlos Bernárdez, coa moderación de Marta Viana.
Xosé Ramón Pousa é profesor de Comunicación Audiovisual da USC e xornalista; Doutor en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona, na actualidade é decano da facultade de Ciencias da Información da USC. É secretario da Asociación Galega de Investigadores en Comunicación e forma parte da xunta directiva do Ateneo de Santiago.
Carlos Bernárdez é licenciado en Xeografía e Historia, sección Historia da Arte. Comisario de exposicións, crítico de arte, ensaísta e profesor de Lingua e Literatura Galegas. Como ensaísta ten publicado obras no eido da literatura e no campo da arte galega. Como comisario, ten organizado exposicións con importante repercusión no eido da cultura galega. É membro da xunta directiva do Ateneo Atlántico.
Marta Viana é responsable de comunicación e didáctica do Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Licenciada en Historia da Arte antiga e medieval e Historia da arte contemporánea pola USC. Especialista en arte, é gran coñecedora da figura e obra de Isaac Díaz Pardo.
Xoves 21 de xaneiro de 2021.
19 horas.
Museo MARCO de Vigo (rúa do Príncipe).
O aforo do local está limitado a 33 persoas que se completarán por rigorosa orde de chegada.