O Ateneo Atlántico no Faro de Vigo

Portada do Faro de Vigo
13 de xullo de 2021
O Ateneo Atlántico na foto de portada

 Co titular La memoria comercial de Vigo, e na súa edición impresa de hoxe, o Decano da prensa nacional lévanos á portada da edición impresa. Trátase da fotografía central da portada é recolle información sobre a nosa campaña Mirando polos letreiros. A reportaxe interior, asinada pola periodista Mar Mato, ocupa a páxina 7 practicamente a toda plana.

A información tamén ocupa un lugar destacado na edición dixital do Faro de Vigo.

Queremos expresar o noso agradecemento e recoñecemento a Mar Mato en concreto, e ao Faro de Vigo en xeral por térmonos levado á portada do xornal.

Desde o Ateneo Atlántico valoramos moi positivamente esta presenza no Faro; considerámola como un recoñecemento do labor en prol da cultura local que vimos realizando na nosa cidade desde o ano 2017.
Detrás de Mirando polos letreiros hai centos doutras actividades, miles de horas de traballo, horas que, ante unha situación así, reciben unha certa satisfacción e  recompensa.

Pero, detrás de Mirando polos letreiros, hai tamén todo un grupo de persoas que están a facer posible a campaña e que, co seu empeño, foron quen de que a prensa se fixase no Ateneo Atlántico.

Está, como non, a cabeza visible de toda esta lea, o entusiasta Luis Otero, eixo arredor do cal naceu e medrou a armazón de Mirando polos letreiros.
Está Chiño, que buscou e rebuscou ata atopar un nome para a actividade.
José Luis Mateo deseñou a ficha de recollida de datos e aportou as súas fotos de letreiros.
Está Jorge Lens, que cedeu a súa case inesgotable colección de fotografías sobre tipografía e dictou unha fermosa conferencia sobre os letreiros e as tipografías en Aula D.
Rafa del Castillo documentou unha chea de letreiros perdidos pola cidade.
María Redondo achegou os seus letreiros e a tipografía do chan coas súa tapas.
Está, tamén, Reme, que fixo un excelente traballo sobre os rótulos gardados polo Faro.
E Antonio Carballo, que se fixo presente nas video-reunións.
Están Emilio, que descubriu un tesouro oculto en Talleres Ramón, e Xexé, que coa súa cámara debuxou ducias de letreiros.
E Alfonso Bar, e Puri Pérez Leirós, e Blanca Gefaell, Fernando Fernández, Chita Cruces e algún máis que seguro que nos queda no tinteiro.
Jorge, José Luis, Laura e Mercedes son amigas e amigos do Ateneo que colaboraron con nós nesta campaña.

Grazas a todas e a todos.

Na próxima entrada, La memoria comercial de Vigo, presentaremos o texto íntegro do traballo que nos dedicou o Faro.

/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/