Ciclo Decrecemento

 


Convencidos de que o crecemento infinito é materialmente imposible nun planeta finito, o Ateneo Atlántico únese á Rede para o Decrecemento Eo-Navia/Galiza/O Bierzo na organización dun ciclo de conferencias de divulgación que poñan de manifesto tanto a imposibilidade do crecemento infinito como a posibilidade (a necesidade) dun xiro cara ao Decrecemento.

O ciclo desenvolverase entre os meses de outubro e novembro de 2021 co programa que especificamos a continuación.

As charlas serán ás 19 horas, nos días que se sinalan, e o lugar de celebración, o salón de actos da sede da ONCE en Vigo (Gran Vía 16).

A crise enerxética
Xoves 14 de outubro

Xoán Ramón Doldán
Decano da Facultade de CC Económicas
e empresariais da USC

Presenta Remedios Copa
Da XD do Ateneo e representante da Rede en Vigo

 


Repercusión da crise enerxética
no sector da alimentación

Xoves 21 de outubro

Begoña de Bernardo
Enxeñeira agrónoma
Presidenta de Véspera de Nada

Presenta Remedios Copa


Tecnoloxización e Decremento
Mineiría extractiva de terras raras

Xoves 28 de outubro

Xulio Carmona
Coordinador confederal da área de dixitalización
e contaminación electromagnética de
Ecoloxistas en Acción

Iolanda Mato
Educadora ambiental. Fundação Montescola

Presenta Remedios Copa
 
 
O Antropoceno e a crise
medioambiental

Xoves 11 de novembro

Xabier Pumariño
Biólogo e Consultor ambiental

Montse Valencia
Asesora xurídica ambietalista
Ecoloxistas en acción

Presenta Remedios Copa

 
Decrecemento:
alternativas e solucións

Xoves 18 de novembro

Miguel Anxo Abraira
Presidente da Rede para o Decrecemento


Mario Pansera
Doutor en Manaxement e Investigador no ECOBAS (UVI)

Presenta Remedios Copa

/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/