Avance de actividades para o outono
Comeza
o cineforum cun ciclo sobre “O poder e o medo”.
En
novembro haberá ocasión para participar de varias actividades
organizadas polo Ateneo como o Cinefórum que terá lugar os
segundos mércores de cada mes nos multicines Norte, seguindo o
esquema tradicional de presentación, proxección dun film de
temática predeterminada, e coloquio posterior. A primeira sesión
será o 8 de novembro, coa película de Villeneuve, Incendies,
de 2011, co que se inaugura un ciclo sobre “O poder e o medo”. O
coordenador do cinefórum, Emilio Zunzunegui, pensa que é
imprescindible unha reflexión arredor da temática do ciclo e espera
que sexa ben recibido na nosa cidade porque “hai unha ampla
tradición de afición ao cine que fai pensar”, e porque “agora,
máis ca nunca, precisamos de reflexionar colectivamente sobre
cuestións que están a incidir sobre as nosas vidas e sobre o noso
futuro”.
Debate
sobre o Vigo industrial
Na
segunda quincena están xa programadas outras actividades, en concreto un
debate sobre Vigo industrial, no que participarán os
economistas Xosé Carlos Arias e Xoan Carmona, en data por determinar
na Casa da Cultura.