O Ateneo Atlántico organiza o seu primeiro Estado da cuestión cun debate sobre a situación actual e futuro do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO).
Día: mércores, 25 de outubro de 2017
Hora: de 19,30 a 21,30
Lugar: Biblioteca Municipal da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Aforo: 90 persoas
O acto será aberto ao público cun formato ordeado para o debate co seguinte programa:
0. Presentación do tema por parte do moderador Carlos L. Bernárdez
1. Intervención daquelas persoas que previamente, e coas condicións que logo se indican, se inscribisen para expoñer a súa posición no tema
2. Debate entre as persoas que interviron
3. Coloquio co público asistente
4. Resume final polo moderador do acto
¿Como participar nas intervencións iniciais?
Aquelas persoas interesadas en participar nos puntos 1 e 2 deberán enviar un correo electrónico a ateneoatlantico@gmail.com, ata as 12:00 horas do día 24 de outubro. Nese correo figurarán necesariamente os seguintes apartados:
Asunto: ATENEO INSCRICIÓN DEBATE MARCO
Corpo da mensaxe:
- Nome e apelidos
- Breve resume do contido da intervención que fará inicialmente
- Breve presentación persoal
Nota importante para a inscrición:
A primeira intervención terá unha duración máxima de 5 minutos. Este tempo poderá ser modificado pola organización en función do número de participantes inscritos.
Só se admitirá a intervención nos puntos 1 e 2 a aquelas persoas inscritas en prazo que cubran, no correo electrónico de solicitude, todos e cada un dos apartados que se indicaron.
As condicións inevitablemente restrictivas de espazo e tempo dispoñible fan que, se é o caso, a organización se reserve a posibilidade de seleccionar ás persoas intervintes entre as inscritas, se o seu número supera as posibilidades temporais ou espaciais do acto.
As intervencións realizaranse seguindo a orde alfabética (primeiro apelido), previo sorteo da letra de comezo.
O Ateneo Atlántico propón que as intervencións xiren ao redor dos seguintes aspectos:
O proxecto actual do MARCO e futuro do proxecto
Xestión e financiamento
Selección da dirección do MARCO
A entrada ao acto, dada a limitación do aforo, terá a seguinte orde de preferencia:
- Persoas inscritas para intervir nos apartados 1 e 2
- Socios/as do Ateneo Atlántico
- Público en xeral