Asemblea xeral extraordinaria de socios
Pola presente convócase a primeira Asemblea extraordinaria de socias do Ateneo Atlántico, que terá lugar o vindeiro 23 de febreiro (venres), ás 20 horas, nos locais de 'Tapas de Jose', sito na rúa Ecuador número 61 de Vigo, e coa seguinte:
Orde do día:
1. Informe da situación actual do Ateneo. Xestións e actividades levadas a cabo e proxectos de futuro. (A cargo do presidente Anxo Cabada).
2. Informe da xestión económica. Balance económico. Balance de asociados. Cuotas. Situación económica a día de hoxe. (A cargo do tesoureiro Emilio F. Zunzunegui).
3. Informe de actividades. Balance de actividades desenvolvidas, repercusión na prensa e nas redes sociais. (A cargo das responsables da Área de comunicación e Redes sociais, María Xosé Porteiro e Nacho Pérez).
4. Xuntanza das Comisións por Áreas de traballo:
- Área Social e Económica, baixo a coordinación de Emilio F. Zunzunegui e Lucio M. Pereda.
- Área Tecnolóxica e de Medio ambiente, coordinadoras Marta Souto e Mª Xosé Porteiro.
- Área de Cultura:
- Sección de cinemAteneo, baixo a coordinación de Gonzalo G. Escalante e Rosario González.
- Sección literAteneo, coordinadores Manolo Forcadela e Anxo Cabada.
- Sección arTeneo baixo a coordinación de Carlos Bernárdez e Ana Fresco
- Área de Cidade
- Seccións de Estado da cuestión e Pensar a cidade, coordinadas por Xosé Luis Mateo e Dorinda Castro.
6. Rogos e preguntas.
ANEXOS
Remataremos esta primeira asemblea cuns viños e unhas tapas no propio local.
Á asemblea están invitadas todas as amigas e simpatizantes que nos queiran acompañar.
En Vigo, a 6 de febreiro de 2018.