Noite de curtametraxes: Homes

cinemAteneo
Noite de curtametraxes

Bravas
Martes 20 de marzo, 20 horas
Auditorio Rosalía de Castro - AFundación
(Rúa Marqués de Valadares s/n, Vigo)
Entrada libre e gratuíta ata completar aforo
Homes, de Diana Toucedo
As vacas de Wisconsin, de Sara Traba 
Matria, de Álvaro Gago
Sara Traba e Álvaro Gago estrarán con nós para un pequeno coloquio
Presenta e modera a actriz Cristina Iglesias
Homes
Diana Toucedo
(Berlinale- Trinta lumes)

Ficha Técnica
Título orixinal: Homes
Directora: Diana Toucedo
Ano: 2017
Duración: 11 minutos
Guión: Diana Toucedo
Produción: Diana Toucedo
Fotografía: Iván Castiñeiras
Son: Oriol Gallart
Montaxe: Diana Toucedo
Sinopse
Non podemos esquecer o noso pasado cando os nosos familiares aínda continúan desaparecidos. Os actos dos homes en vida configuran a nosa Historia. Pero, en que momento da nosa vida perde un a propia? Moitas mulleres de hoxe esperan no interior das súas casas, das súas cociñas ao home que se foi, o fillo, o pai... manteñen unha ferida aberta que nunca se pechou. Suspendidas no tempo, laten incansables na espera. A morte ou elas.

Premios (directora)
Seleccionada na Berlinale 2018 pola longametraxe Trinta lumes  
Premio á mellor curtometraje na semana da crítica de Cannes 2017 (Premio Descubrimiento Leica La semaine de la critique) por Los desheredados.


Diana Toucedo
Cineasta galega residente en Barcelona. Grao de cinema na ESCAC, especialidade de montaxe; Máster de teoría cinematográfica contemporánea na Universidade Pompeu Fabra. La noche que no acaba (All the night long), longametraxe documental que editou co director catalán Isaki Lacuesta, producido pola canle TCM. Presentado no Festival de Cine de San Sebastián no 2010 foi premiado en varios festivais internacionais. Editou O quinto evanxeo de Gaspar Hauser (The fifth gospel of Kaspar Hauser), longametraxe de Alberto Gracia producida por Zeitun films, recentemente galardoada co Fipresci no Festival de Cine de Rotterdam 2013. Como directora realizou varias curtametraxes documentais e experimentais mostradas en festivais de cine e centros artísticos; a destacar Homes e Los desheredados, premiada en Canns. A súa primeira longametraxe, Trinta lumes, co apoio de AGADIC, vén de ser seleccionada para a Berlinale 2018. É docente no Postgrao de montaxe audiovisual no iDEC/Universidade Pompeu Fabra, no Máster en teoría e práctica do documental creativo da Universidade Autónoma de Barcelona e na ESCAC (UB).
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/