cinemAteneo
Noite de curtametraxes
Bravas
Noite de curtametraxes
Bravas
Martes 20 de marzo, 20 horas
Auditorio Rosalía de Castro - AFundación
(Rúa Marqués de Valadaress/n, Vigo)
Entrada gratuíta ata completar aforo.
Matria, de Álvaro Gago
Homes, de Diana Toucedo
As vacas de Wisconsin, de Sara Traba
Sara Traba e Álvaro Gago estrarán con nós para un pequeno coloquio
Presenta a actriz Cristina Iglesias
(Rúa Marqués de Valadaress/n, Vigo)
Entrada gratuíta ata completar aforo.
Matria, de Álvaro Gago
Homes, de Diana Toucedo
As vacas de Wisconsin, de Sara Traba
Sara Traba e Álvaro Gago estrarán con nós para un pequeno coloquio
Presenta a actriz Cristina Iglesias
Matria
Álvaro Gago
Premio Sundance
Ficha Técnica
Título orixinal: Matria
Director: Álvaro Gago
Ano: 2017
Duración: 21 minutos
Guión: Álvaro Gago
Produción: Sombriza Films
Xénero: Drama
Intérprete: Francisca Iglesias Bouzón
Fotografía: Marta Aguiar
Montaxe: Álvaro Gago
Sinopse
Ramona vive co seu
marido, con quen apenas se comunica; traballa nunha fábrica de
conservas gobernada por una encargada tirana. Ante os desafíos que
lle presenta a súa rutina diaria, Ramona trata de refuxiarse na
relación que a une á súa filla e á súa neta.
Premios
Gran premio do
xurado na categoría de curtametraxes no Festival de Cine de Sundance
Mellor curtametraxe
Semana Internacional de Cine de Valladolid - SEMINCI 2017
Álvaro Gago
Vigo. Graduación con honores en comunicación
audiovisual e música. Estuda teatro en Chicago, na
Universidade de North Park. 2009, Londres, continúa a formación cinematográfica
no MA Filmmaking da prestixiosa London Film
School. Como parte do curso, crea o documental "Piel"
e a ficción curta "Lápiz labial", ambas películas
son proxectadas e premiadas en numerosos festivais de cine de Europa
e América del Sur. 2013 gradúase con Distinction from
the LFS coa película "Curricán", que tamén se
envía a festivais de todo el mundo. Ademais de traballar en Londres
como director independente e operador de cámara, Álvaro ensina cine
na escola Young For Film.
A súa última curta
é Matria, con numerosos recoñecementos internacionais.