cinemAteneo
Vai Violeta...
Pago Xusto
Mércores 11 de abril, 19.30h
Vai Violeta...
Pago Xusto
Mércores 11 de abril, 19.30h
Multicines Norte, Vigo
O próximo 11 de abril (segundo mércores de mes), ás 19.30 horas, iniciamos o novo ciclo de cinemAteneo: Vai violeta. A estrea será coa proxección, e posterior coloquio, da película Pago Xusto (Made in Dagenham, Gran Bretaña, 2010).
A actividade será presentada por Anabel Mariño e contaremos con Remedios Copa Sánchez como colaboradora invitada.

Dirixida por Nigel Cole (O xardín da alegría, 2000; As mozas do calendario, 2003; O amor é o que ten, 2005) e interpretada por Sally Hawkins (Globo de ouro 2008 por Happy-Go-Lucky), Bob Hoskins (nominado ao Óscar 1986 por Mona Lisa) e Miranda Richardson (nominada ao Óscar por Damage (1992) y Tom & Viv (1994); está baseada nun feito real: a folga que protagonizaron, en 1968, 187 traballadoras da factoría Ford de Dagenham (este de Londres) reivindicando o mesmo salario que os homes da fábrica.
Modera: Anabel Mariño
Colaboradora invitada: Remedios Copa Sánchez (Bóveda); Graduada Social (USC), Graduada en RR. LL. e RR. HH. (UVigo); CAP (USC); Especialidade en Xestión, Administración e Dereito Sanitario (UVigo) e en Xestión e Dirección de RR. HH. (Escola de Negocios). Funcionaria do SERGAS como Responsable de Coordinación Administrativa da Estructura de Organización Integrada de Vigo. Exerceu a docencia en diversos ámbitos e participou como experta en diversos foros sanitarios. Salientar faciana divulgadora mediante múltiples colaboracións en diversos medios de comunicación; actualmente columnista semanal na páxina de Opinión do Diario de Pontevedra. Membro da Xunta de Goberno do Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra. Premios: Mutua General para Graduados Sociales, polo traballo: "El alcoholismo: Incidencia social y hábitos de consumo"; premio da Xunta de Galicia por dous artigos sobre “drogodependencias” publicados no Diario de Galicia.