Mesa redonda
A investigación Antártica desde Galicia
Martes, 17, abril, 19 horas
Casa Galega da Cultura, Vigo
Coa idea de falar do cambio climático, de biodiversidade, da vida no mar e no xeo e da aventura da Ciencia, o Ateneo Atlántico, xunto con investigadores e investigadoras galegas que participaron en distantas expedicións científicas á Antártida, organiza unha mesa redonda co título 'A investigación Antártica desde Galicia'.
A mesa terá lugar o martes 17 de abril, ás 19 horas, na Casa galega da cultura (Praza da Princesa 2) e contaremos coa participación de:
- Carmen Piñeiro, doutora en Bioloxía, investigadora do Instituto Español de Oceanografía, pioneira da Antártida, participou na Primeira Expedición Científica 1986/87 e na Expedición Antártida 9101.
- Ana Ramos, bióloga, pioneira da Antártida na Primeira Expedición Científica 1986/87, investigadora do Instituto Español de Oceanografía.
- Jesús Troncoso, zoólogo, director da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla da Universidade de Vigo, membro do Proxecto DECALDEC (Descomposición de algas en Illa Decepción, campaña 2016/17).
- Augusto Pérez Alberti, catedrático de Xeografía Física, membro do proxecto Cronoantar (Evolución glaciar desde o Último Máximo Glaciar nas illas King George e Livingston, 2018).
- Actuará como moderador Valentín Carrera, xornalista, cronista da Primeira e da XXX Expedición Científica Española á Antártida autor de La aventura de la ciencia en la Antártida (MINEICO, 2017).