cinemAteneo
Vai Violeta
Wanda
Mércores 13 de xuño
Multicines Norte
O próximo mércores 13 de xuño, e dentro do ciclo Vai Violeta, o Ateneo ofrece a proxección do filme Wanda, de Barbara Loden, como é habitual, nos Multicines Norte de Vigo.
Intervirán no coloquio Amada Traba e Mercedes Oliveira, profesoras universitarias e incansábeis traballadoras nas relacións entre o xénero e a educación.
Intervirán no coloquio Amada Traba e Mercedes Oliveira, profesoras universitarias e incansábeis traballadoras nas relacións entre o xénero e a educación.
O filme está escrito, dirixido e protagonizado por Barbara Loden (esposa de Elia Kazan), narra a historia de Wanda: incapaz de atopar o seu sitio na vida (nin no traballo, nin cos seus fillos, nin no seu matrimonio cun mineiro), emprende unha fúxida sen rumbo onde a compañía dos diversos homes que atopa no camiño marcará o seu destino tráxico.
Wanda, que non se chegou a estrear comercialmente en España a pesares de ser premiada co Premio da Crítica na 31 edición do Festival de Venecia, é unha película mítica e contra-corrente, que denuncia a angustia dunha muller que busca o seu lugar nun mundo de homes. Rodada en 16mm, con cámara en man, e sempre en localizacións naturais, o realismo de Wanda aturde pola mensaxe de desesperanza da súa protagonista.
O prezo será o habitual, 3€ para socias e 4 para non socios.
Ficha técnica
Título original: Wanda (VOS)
Ano: 1970
Duración: 101 min.
País: Estados Unidos
Dirección: Barbara Loden
Guión: Barbara Loden
Fotografía: Nicholas T. Proferes
Reparto Barbara Loden, Michael Higgins, Dorothy Shupenes, Peter Shupenes
Produtora: Foundation for Filmakers / Bardene International
Sinopse: na zona obreira dos suburbios de Pennsylvania, Wanda Goronski, unha mujer con problemas, abandona a su familia e acaba inmersa nun mundo de perdición. (Filmaffinity)