Os mundos de Ferrín
Xoves 20, 27 setembro e 4, 18 de outubro
Casa Galega da Cultura - Auditorio antigo reitorado
Xoves 20, 27 setembro e 4, 18 de outubro
Casa Galega da Cultura - Auditorio antigo reitorado
Neste ano de 2018 Xosé Luís Méndez Ferrín cumpre oitenta anos. Nado no Ourense de finais da Guerra civil, en 1955 a familia vai vivir a Vigo e o futuro escritor comeza os seus estudos universitarios en Compostela, que logo rematará en Madrid. Desde ese momento, a relación de Ferrín coa cidade olívica faise máis e máis intensa e imprescindible.
O Ferrín político, escritor, ensaísta, historiador, nútrese de dúas fontes principais: por unha banda o galeguismo político que, desde a resistencia, continuaba de xeito calado e clandestino o labor iniciado polos mestres da Xeración Nós. Por outra, unha certa filosofía que, partindo do existencialismo, desemboca no compromiso e no marxismo.
Podemos afirmar, sen medo a errar no noso vaticinio, que Ferrín é unha das figuras máis importantes de cantas teña dado Galicia ao longo de todo o século XX. E isto non só pola dimensión da súa obra literaria senón, tamén, pola importancia das súas actividades como cidadán, como animador de propostas culturais e políticas que deron orixe a unha parte fundamental da Galicia que hoxe coñecemos. Sindicatos, revistas, grupos de poesía, partidos políticos, editoriais, movementos literarios e críticos, grupos musicais e de teatro, hai unha chea de iniciativas actuantes no momento presente que teñen o seu punto de partida nas propostas ferrinianas e no seu proxecto, mantido ao longo de toda unha vida, de traballar por unha Galicia cada vez máis dona de si e, tamén, máis universal. Unha Galicia concibida como centro do mundo, rexeitando o papel subalterno da mera periferia.
Desde o Ateneo Atlántico cremos que é o momento de renderlle unha homenaxe cidadá a esta figura imprescindible, unha homenaxe que, alén de opinións e criterios diversos, teña un peso específico a historia, o recoñecemento ao seu labor inestimable durante décadas, como docente, como escritor, como intelectual, como animador cultural, como espírito subxacente a unha parte ben considerable do que esta cidade ten significado no ámbito da cultura ao longo do último medio século.
Unha parte da homenaxe cidadá consistirá na realización de mesas-relatorio sobre catro aspectos fundamentais da traxectoria ferriniana: produción xornalística, poética, narrativa, e acción política.
Programa
Crónica de Nos
Ferrín e o xornalismo
Ferrín e o xornalismo
Xoves, 20 de setembro de 2018
Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa 2, Vigo)
Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa 2, Vigo)
19.30 a 21.30 horas
Rosa López Fernández
Rosa López Fernández
Xosé Luís Axeitos Agrelo
Gustavo Luca de Tena
Xosé Ramón Pena
Xosé Manuel Salgado Rodríguez
Entre a pólvora e as magnolias
Ferrín e a poesía
Xoves, 27 de setembro de 2018
Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa 2, Vigo)19.30 a 21.30 horas
Xosé Manuel Outeiriño
Darío Xohán Cabana
Xabier Cordal Fustes
Helena de Carlos Villamarín
María do Cebreiro Rábade Villar
O tempo nos espellos
Ferrín e a narrativa
Xoves, 4 de outubro de 2018
Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa 2, Vigo)
19.30 a 21.30 horas
Rexina Rodríguez Vega
Anxo Angueira Viturro
Xosé Ramón Pena
Ana Salgado
Ferrín e o compromiso político
Xoves 18 de outubro de 2018
Antigo reitorado (Rúa Oporto 1, Vigo)
19.30 a 21.30
Ánxeles Cuña Bóveda
Xosé Antón López Dobao
Xosé Manuel Beiras
Manuel San Severiano Caxide
Xavier Vence Deza