Encontro pola Cultura en Vigo
Venres 16 Novembro
I.E.S. Politécnico - 17:30h
O Ateneo Atlántico quere, dende o seu nacemento, por un acento no debate público sobre diversos aspectos culturais, sociais e económicos que afectan á cidade. Temos organizado diversos Estados da Cuestión sobre Sanidade, Artes Escénicas ou o futuro incerto do Marco. En todos eles quedou patente a preocupación cidadá, e particularmente a dos nosos asociados, pola situación xeral da Cultura na cidade.
Dende hai tempo esa inquedanza levou a diversas xuntazas con colectivos culturais e asociacións para tentar darlle forma precisa. Así, co-organizado polo Ateneo Atlántico xunto coa Agrupación de Amigos do Marco, a Asociación Profesional de Artista "A Colectiva", o Insituto Galego do Praxe Actual e o novo Colectivo CAIN, os convidamos a vir a unha Mesa-Debate pola Cultura en Vigo este Venres, 16 de Novembro ás 17:30 no auditorio do I.E.S. Politécnico de Vigo (rúa Conde de Torrecedeira, 88)
O debate estará presentado e moderado polo periodista e presentador Fernando Gonzalez "Gonzo" , e articularase primeiro con tres ponencia breves, sobre os seguintes temas:
Equipamentos e xestión cultural
a cargo da avogada e crítica cultural Ania González.
Urbanismo e patrimonio
Urbanismo e patrimonio
a cargo do arquitecto Iago Valverde e o historiador Uxío Reinoso.
Imaxe da cidade e identidade
Imaxe da cidade e identidade
a cargo do editor e xornalista Manuel Bragado.
Os ponencian pretenden reflexionar sobre diversos temas que están enriba da mesa: A situación do MARCO, a arquitectura do espectáculo nos espacios públicos, o deterioro do patrimonio histórico ou a idea da imaxe da cidade que se intenta transmitir coas actuais políticas públicas. Abrirase despois o turno de preguntas e exposición ao público, cunha limitación de 3 minutos por intevención. O debate e as intervencións estan abertas a toda a cidadanía, veciños e veciñas de Vigo, asociacións e colectivos sociais, plataformas culturais. O acto ten unha duración prevista de dúas horas.
Animámovos a acudir e participar no acto.