Segunda Xornada do Ciclo Galicia No Antropoceno: Os Mares





Ciclo Galicia no Antropoceno
Cambio climático e outros retos ambientais

Segunda Xornada: Os Mares

15 Novembro, 19:30h
Edificio Cambón (Sede do Parque Nac. das Illas Atlánticas), Rúa da Palma 4


Continúamos co ciclo de conferencias organizadas dende a comisión de Ciencias do Ateneo Atlántico co fin de divulgar os efectos do cambio climático e os novos retos ambientais. Retos e cambios que levan a falar xa dunha nova era coñecida como Antropoceno, na que é a acción do home o principal vector de transformación do noso planeta
Esta segunda xornada celebrarase de novo na sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas (Edificio Cambón) o xoves 15 Novembro, ás 19:30h.
Agrupadas baixo o título "Os Mares", tres científicos galegos aportaránnos datos sobre a trnsformación que están a sufrir os mares, centrándose especialmente nas augas que rodean a Galicia, a súa acidificación e a elevación da temperatura da auga, e as consecuencias que estes cambios poden traer.

As ponencias de esta segunda xornada serán:

Algunhas evidencias do cambio climático no mar de Galicia
por Xosé Antón Álvarez Salgado 
Profesor Investigación Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC)

Sistemas de observación costeros. Integración de objetivos, parámetros e instrumentación
por Enrique Nogueira
Investigador do Instituto Oceanográfico (IEO)

Impacto de la acidificación oceánica en Galicia
por Marcos Fontela
Investigador postdoctoral del Instituto de Investigaciones Mariñas (CSIC)


¡Vémonos no Cambón!



/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/